Venres, 28 de Xaneiro de 2011

LaconNetwork One Year

Esta tarde celebrouse o primeiro ano da LaconNetwork no PALEXCO, e coma Frankie Gómez convidárame a falar 5 minutiños diante dun micrófono e cun PowerPoint por detrás, preparara unha pequena presentación para que ilustrase o que significou para min coma comunicador a participación no evento. Por desgraza, ao final non tivemos proxector, polo que tiven que improvisar, pero quedei en publicar estas imaxes a xeito de proba de que si tiña unha presentación preparada:

Tiña pensado comezar que grazas ás veces que asistín a unha LaconNetwork puiden falar e coñecer a xente do sector TIC, o que levou a publicar información na revista en papel Código Cero, na súa páxina web e tamén para falar de distintas empresas no programa de radio Banda Ancha (e noutros). Deste xeito, proxectos coma ikiMap, Galicia10, ConfirmSign, Ipoki, Classora, Pleiteando ou a aplicación Imaxes de Galicia para iPad, conseguiron uns minutiños nas ondas, polo que quería a animar a todos os presentes a non cortarse á hora de achegarse aos medios de comunicación para dar a coñecer as súas iniciativas, pois estamos ansiosos de falar de todo o que se fai no sector TIC galego, que nos últimos meses parece máis activo que nunca.

Foi todo un pracer poder coñecer a máis emprendedores tecnolóxicos galegos, e compartir parecerse con vellos amigos. Ao final sempre aprendemos todos algo dos demais, e só por iso xa paga a pena que exista a LaconNetwork, aínda que o único lacón que vimos foi o que lucían algúns no deseño das súas camisetas (como tamén comentou Nacho de la Fuente no seu blog).

ACTUALIZACIÓN (30-1-2010): As coincidencias existen, e entre as últimas persoas cos que estiven na LaconNetwork casualmente estaban Eva Monroy e Santiago Núñez, a quen puidemos ver tamén en A Revista da Televisión de Galicia hai pouco:

Parobook, ou Pervi.es creando escola

Tras o rebumbio montado pola vendida de moto dun par de rapaces con Pervi.es os medios de comunicación seguen sen aprender, e tanto La Voz de Galicia como El País ou El Mundo veñen de publicar artigos falando do nacemento de Parobook, sen tomar a máis mínima precaución no que escriben.
Parobook
Para comezar, ¿non se decatou ninguén de que plaxiar a portada de Facebook para lanzar unha plataforma semellante non é legal?
Tampouco parece que prestasen atención ao feito de que estamos ante unha web feita con SocialEngine, ou sexa, o mesmo motor que empregou Pervi.es, polo que de seguirmos así cada poucas semanas imos ter nos medios unha nova rede social que vai intentar repetir a xogada.
Pero se nos metemos no que publican os medios a cousa xa mete medo, pois en La Voz comentan que en sus primeros días de vida reunir a más de 14.000 personas, de xeito que vemos que a xente é moi pouco prudente cos seus datos xa que a web carece de contido no apartado de condicións do servizo e non identifica quen está detrás da mesma, ou sexa, que vulneraría tanto a LOPD como a LSSI-CE, de aí que sorprenda bastante que a xente de El Mundo atrévase a soltar chuminadas como que con un diseño inspirado en Facebook, la red social Parobook presenta, sin embargo, unos filtros de privacidad bastante más trasparentes y claros. ¡¿Maaaandeeeeee?! Cando menos, en El País (precisamente dende a súa sección de tecnoloxía) limitáronse a facer unha descripción do servizo, sen realizar ese tipo informacións de pouca solvencia).
Como acontenceu no caso de Pervi.es, os de La Voz tamén engaden que está previsto que en los próximos días sus creadores desarrollen nuevas funciones, polo que haberá que definir o que é o desenvolvemento de funcións, pois dubido que ningún enxeñeiro informático considere que desenvolver algo é instalar un engadido dun CMS.
Parobook volve a demostrar que é moi doado vender a burra á prensa, pero aínda é máis preocupante que a xente confíe neste tipo de plataforma, o que entendo que vén provocado directamente porque o len na prensa (e o cidadán medio non pon en dúbida o publicado en medios consolidados, por falta de criterio).
Non dubido de que a intención dos responsables de Parobook é boa (botando a vista atrás tamén prodúceme tristura ver que o proxecto de Pervi.es non seguise adiante), pero considero preocupante que a prensa continúe a seguir o xogo a certas iniciativas sen aprender de erros pasados. ¿Non son conscientes de que Parobook podería ser unha plataforma para roubar datos persoais e que os xornais estarían a ser complices? ¡Máis sentidiño!

ACTUALIZACIÓN: Miña nai comentoume por teléfono que no informativo de Matías Prats falaron de Parobook, dicindo que rexistrara hoxe máis de 100.000 visitas. Curiosamente na web de Antena 3 xa falaban do tema o pasado martes.

Mércores, 26 de Xaneiro de 2011

Broadband Empire: ¿é a Lei Sinde unha nova Lei Seca?

Broadband Empire
Nas últimas semanas estou a ver a magnífica serie de televisión Boardwalk Empire na que fan un achegamento a Atlantic City durante a Lei Seca, época na que, pese a estar prohibida a venda e distribución de alcohol, o consumo non caeu (provocando a perversión de aflorar un negocio ilegal), o que teño a impresión que está a acontecer coa Internet e con aberracións como a Lei Sinde.

De feito, nos EE.UU. levan con leis restrictivas de sempre (alí non existe a copia privada), e as descargas son moi habituais (os casos nos que emprenden accións legais contra particulares son anecdóticos e mediáticos, pois meter sancións millonarias a simples cidadáns resulta inútil), mentres que tras a aprobación en Francia da chamada HADOPI o efecto foi xustamente o contrario ao esperado, e continúan a incrementarse as descargas (só que os usuarios incrementan as medidas para quen non os cachen).

Pero a Lei Sinde aínda é máis ineficaz que as lexislacións doutros países, pois pretende atacar supostamente ás páxinas web de descargas, cando existen multitude de xeitos de distribuír o material vulnerando a propiedade intelectual (P2P, foros, sistemas de almacenamento de ficheiros…) e a lexislación española non ten competencia noutros países. De feito, servizos coma Megaupload ou Rapidshare (aos que acusan moitos persoeiros españois nos medios de comunicación) son totalmente legais incluso nos EE.UU., pois aínda que moita xente os emprega para piratear, teñen usos lexítimos evidentes, como tamén acontece con YouTube (por citar un exemplo claro de entender). Atopar un equilibrio entre o respecto á propiedade intelectual e as actuais demandas do público é difícil, pero está claro que a solución non é prohibir por prohibir, e menos aínda, creando unha Comisión de Propiedade Intelectual que poida levar ao peche a unha páxina web por motivos polos que actualmente non hai ningún xuíz que actúe de tal xeito. Se os lexisladores queren mudar o panorama español que reformen dunha vez a Lei de Propiedade Intelectual, que está totalmente obsoleta. Hoxe ninguén entende que a regulación estea centrada nas copias físicas, que o papel de entidades como a SGAE permita multitude de abusos ou que cando unha compañía teña a intención de montar un servizo legal de acceso por Internet a música o vídeo non atope máis que atrancos.

Sobre este tema veñen de publicar un artigo no Faro de Vigo, no que contaron coas opinións de Manuel Gago, Víctor Salgado e un servidor:

“Ineficaz”, “peligrosa” e “impopular”

Los internautas gallegos critican la “ley Sinde”, que ven con “preocupación” y como un intento de evitar el “canto de cisne” de un modelo de industria cultural obsoleto

Adaptarse o morir. Los internautas gallegos creen que la industria cultural no está siendo capaz de adaptarse a los nuevos hábitos de consumo de losproductos culturales y que una “ley Sinde”, que la mayor parte de la comunidad de usuarios de internet critica, no será suficiente para salvarla de la hecatombe. De hecho, los usuarios de la red en Galicia no solo opinan que la nueva normativa, caso de aprobarse, no será eficaz, sino que es potencialmente peligrosa.

Primero será la mano. ¿Y después? ¿El brazo? A los internautas gallegos les “preocupa” la Ley Sinde porque demuestra que los políticos no saben de qué va la red, porque no logrará el fin que persigue y porque lo más probable es que la industria intente presionar al Gobierno para que este dé otra vuelta de tuerca más y siga el ejemplo francés, que penaliza a los usuarios.
Manuel Gago, director de culturagalega.org y veterano bloguero autor de “Capítulo 0″, confiesa su “preocupación”. “No tanto por la efectividad de la ley, que creo que no lo será desde el punto de vista de control de la red, sino porque el estamento político sigue sin comprender la mecánica de internet, de considerar que puede bloquear algo que no puede bloquear, y menos con este tipo de medidas, resulta una decepción”, afirma. De hecho, teme que el Gobierno recurra a normativas, como la polémica ley Hadopi francesa, para perseguir a los usuarios.
Este profesor de la Universidade de Santiago cree que la industria, a pesar de que la red cuenta con una masa crítica de usuarios “fueron incapaces de crear un proyecto para comercializar los contenidos de forma rentable”. “El problema de la industria cultural no es la piratería, sino su falta de adaptación”, asegura. “Es como intentar construir un centro comercial en medio del desierto en lugar de ir a donde están los consumidores”, añade, para explicar que no se trata del gratis total, sino de ofrecer una vía de acceso fácil a los contenidos a un precio “que se ajuste a la realidad” porque los márgenes de beneficios, alega, no pueden ser los mismos cuando ya no es necesario el transporte para distribuir el producto.
El director de la revista especializada en nuevas tecnologías “Código Cero”, Marcus Fernández, califica de “lamentable” el procedimiento seguido por el Gobierno para aprobar la normativa, “sin hablar con nadie del sector”. Para Fernández, lo peor es la Comisión de Propiedad Intelectual, que “pretende lograr sus fines esquivando a los jueces”, que deben decidir en horas.
Al director de “Código Cero” le molesta que tachen a los españoles de “piratas”, cuando la solución pasa por una “alternativa legal y barata”. El Gobierno, afirma, “defiende sobre todo los intereses de las multinacionales norteamericanas, que presionan para aprobar medidas coercitivas que no servirán para nada porque los servidores estarán fuera de España”. La Ley Sinde, concluye, es “inútil” y, sobre todo, “peligrosa porque no va a frenar la piratería, pero sí va a crear un mecanismo que da miedo porque se podrá cerrar una web antes de un proceso judicial, y eso vale para otro tipo de webs”.
Al que tampoco convence la “formulación” de la Ley Sinde es al abogado coruñés Víctor Salgado, especialista en nuevas tecnologías, quien critica que a la ley le faltan “controles judiciales”. “No se puede conculcar un derecho fundamental, la libertad de información, para proteger uno privado, la propiedad intelectual”, sostiene, cuando se le da al juez “poco margen de maniobra”. Salgado prevé “un montón de problemas jurídicos por los abusos”. Y además la ley no servirá para salvar a la industria. “Estamos asistiendo a un canto de cisne de un modelo que se ha quedado parcial o totalmente obsoleto en su planteamiento”, subraya. “Culpan a internet del fin de un negocio, pero no ven la oportunidad de negocio”, explica. “No se puede criminalizar a la sociedad y buscar soluciones radicales que traerán más problemas”, concluye.

Gustei de coincidir no texto con 2 amigos, aínda que teño que precisar que non son director de Código Cero, senón subdirector.
Para rematar, apostillar que se tanta xente relacionada coas TIC coincidimos na oposición á Lei Sinde, será por algo, ¿non? E se o propio Álex de la Iglesia, retirou o seu apoio á Lei despois de que o informaran axeitadamente, parece doado entender que os argumentos contra o texto que pretenden introducir na Lei de Economía Sustentable non é razoable.

ACTUALIZACIÓN: Como mércores que é, parece atinado publicar aquí a última tira de Jesús Martínez del Vas, que trata precisamente da Lei Sinde, ilustrando de xeito atinado o absurdo que para un cidadán alleo á Internet pode resultar a creación da Comisión de Propiedade Intelectual cun procedemento exprés coma pretende o Goberno:
A Lei Sinde vista por JMV

Luns, 17 de Xaneiro de 2011

O T de TIC ¡é de Mr. T!

Na serie de televisión The IT Crowd hai unha coña recurrente sobre o feito de que a co-protagonista, xefa do departamento de TIC, non sabe o que significan esas siglas, pero agora chega o actor que interpretaba a M. A. Barracus en El Equipo A, e que chegou a ter unha serie de animación co seu nome na TVG, e aprópiase dunha destas letras:

¡Menudo WTF! ¿Non si? ¿Teremos que chamar agora Mr. TIC ao carismático loitador da WWF que chegou a enfrontarse a Rocky Balboa na grande pantalla? Coido que os de Hitachi están algo toliños ao anunciar os seus sistemas de virtualización dese xeito, pero supoño que aos afeitos á publicidade xaponesa resultará incluso normal. ;)

Xoves, 13 de Xaneiro de 2011

A roda de desprazamento e a carencia de competencias dixitais en boa parte da poboación

En moitas ocasións fálase de que é preciso que a poboación adquira competencias dixitais pero, ¿de qué falamos realmente? Pois simplemente de educar á xente para saber cómo interactuar coa tecnoloxía axeitadamente, xa que na práctica os usuarios utilizan o seu ordenador ao bruto sen molestarse en facer as cousas ben, afastándose dun uso óptimo, e collendo vícios coma acceder a todas as páxinas web a través de Google (pese a coñecer o seu enderezo) ou gardar documentos a saca no escritorio do seu ordenador.

Non estamos a falar dalgo novo. Por exemplo, coñecía a unha persoa que para sacar as películas dos reprodutores de VHS premía a tecla REC, pois ao intentar gravar sobre unha cinta protexida contra escritura, o trebello expulsábaa, o que claramente non é o xeito de facer as cousas (imaxinade o que pasaría a unha cinta na que houbese contidos gravados da televisión se lle emprestades a vosa copia ao individuo en cuestión) pero funcionaba.

Normalmente a xente non é consciente de que a súa deficiente formación pode alterar a convivencia na Internet, ameazar a seguridade informática dos seus amigos ou, simplemente, sacar de quicio a máis de un, coma podemos ver no seguinte vídeo (inspirado nunha tira cómica):

Agardemos que as cousas vaian progresando axeitadamente, pois coa emerxencia das redes sociais cada vez é máis importante cumprir cunhas normas básicas de comportamento. Unha mágoa que non estea nada claro quen debe responsabilizarse desta formación (ou da formación, por exemplo, do profesorado de primaria e secundaria a este respecto).

Entradas máis vellas »

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Alianzo Rank de GalegoAlianzo Rank de Galicia

Últimos comentarios