Mércores, 8 de Decembro de 2010

O vídeo musical como publicidade turística

Non tiña nin idea de que existía un lugar coma Leavenworth, vila do condado de Chelan (Washington) con só un par de milleiros de habitantes que decidiron revitalizar a súa economía disfrazando as súas rúas para aparentar estar en Baviera, para pasar uns días de descanso (aínda que a localidade é coñecida por celebrar o Oktoberfest máis concorrido fóra de Alemaña), e aínda que non estou moi ao tanto da innovación turística, entendo que é posible dárse a coñecer de xeito moi amplo grazas a vídeos musicais coma o seguinte:

Os do Xacobeo non se atreverían a facer algo semellante nin despois beber media ducia de cuncas de viño do país tras unha ración de polbo á feira, pero tería o seu aquel que de cando en vez a publicidade sobre as zonas turísticas españolas non se limitase a amosar paisaxes fermosas con música tranquila. A orixinalidade vende, e pode axudar a revitalizar a economía.

2 comentarios realizados

a gravatar

1. Andrés López escrito o 8 de Decembro de 2010 ás 19:24

Como que non se atreven? E logo que pensa que fixeron coas mariscadas a blogueiros -chamarlle blogueiro a Melchor Miralles é como chamarme astronauta a min por andar todo o día na lúa- nas Rías Baixas? http://www.galiciaconfidencial.com/nova/6722.html

a gravatar

2. Marcus escrito o 9 de Decembro de 2010 ás 0:46

Andrés, eu referíame a facer publicidade orixinal, non en montar festas gastronómicas.
De todos os xeitos, coido que as críticas ao BlogTrip Rias Baixas é demagoxia pura e dura, pois os 71.800 euros gastados non eran só de mariscadas, senón que tamén incluían a organización dun evento (que sería a onde foron parar case todos os cartos, e que foi no que participaron Miralles e Dans que, polo que sei, non participaron da parte turistico-gastronómica). Sen ver as contas estariamos a botar a lingua a pacer sen xeito. Non podemos soster que os medios de comunicación están a cambiar, así coma os hábitos de consumo, e logo criticar un investimento en promoción turística a través da Internet.

Facer un comentario

Etiquetas (tags) permitidas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Observación: Os comentarios poderían non aparecer automaticamente, pois nalgunhas ocasións precisan de moderación por parte do administrador deste blogue.

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Alianzo Rank de GalegoAlianzo Rank de Galicia

Últimos comentarios