Un videoclip con texto moi vivo
O deseñador Jarrett Heather está a impresionar a moitos colegas a nivel mundial grazas ao seu traballo, pois conseguiu crear un vídeo musical realmente incrible para a canción Shop•Vac de Jonathan Coulton mesturando marcas e tipografías:
Este traballo é pouca broma, pois Heather tivo que dedicarlle preto dun milleiro de horas de traballo con distintas ferramentas (Photoshop, Illustrator, After Effects, Premiere e Toon Boom Animate) para crear esta peza de arte na que o texto cobra vida dun xeito moi orixinal, e que pode converterse en todo un hit en YouTube (aínda que polo momento apenas leva uns centos de reproducións, pese a saír en Boing Boing). De todos os xeitos, coido que xa é un clásico instantáneo para todos os afeccionados ao mundo das tipografías e os logotipos.






1 comentarios realizados
1. Brétemas » Shop Vac (kinetic typography animation) escrito o 2 de Decembro de 2010 ás 21:55
[...] Indispensable para mantes da tipografía e o deseño. Grazas, Marcus. [...]