Martes, 28 de Decembro de 2010

Telecinco + Cuatro. Cando as matemáticas fallan

O proceso de fusión entre Telecinco e Cuatro está a chegar a ¿bo? fin, e xa teñen unha promo para dar a benvida a Cuatro en Fuencarral:

Pero a min non me cadran as contas pois se collemos as canles de Telecinco (Telecinco, La Siete, FDF e Boing) e as de Cuatro (Cuatro, CNN+, Canal+ Dos e Canal Club) e, pese a que inicialmente anunciaban que a fusión pretendía ser construtiva, estamos a ter xusto o contrario, comezando polo peche de CNN+ (canle que temporalmente ocupará Gran Hermano durante as 24 horas), de xeito que dá a impresión de que 4 + 4 é aproximadamente 6, pois Canal Club está destinado a desaparecer (xa morreron Tienda en Veo e Cincoshop), CNN+ apagarase en poucas horas e Canal+ Dos é de pagamento.
As promesas que facían durante o relanzamento da TDT, avogando pola diversidade e a gratuitidade, están a racharse a unha velocidade inusitada, sen ningún pudor por parte das compañías que manexan o cotarro. Dá a impresión de que cada vez temos máis canles, pero menos variedade, resultando realmente triste que non exista unha canle de novas alternativa a 24 Horas (e non, unha canle de 24 horas con Gran Hermano non encaixa en tal categoría… e 40 Latino tampouco).

Estaría ben que, postos a cargarse canles, aproveitasen para estrear un Cuatro HD ou algo semellante, para apostar pola calidade en vez de ocupar espazo sen sentido na listaxe de canles do noso televisor.

ACTUALIZACIÓN (3-1-2011): Antes o comento, e antes pasa. Canal Club vén de cesar as súas emisións en Digital+ e agárdase que nos vindeiros días faga o mesmo na TDT. ¿Prepararán o terreo para Cuatro HD?

3 comentarios realizados

a gravatar

1. Brigantium escrito o 29 de Decembro de 2010 ás 16:11

Copio e colo este post de Zoltan no foro Skyscrapercity relativo ao que comentas:

“Telecinco ahora gestiona 2 multiplex con un total de 40 megas para tener 8 canales.

Telecinco:
Telecinco SD
Telecinco HD (simulcast de SD) *
La Siete
FDF
Boing

exSogeCuatro hoy Telecinco:
Cuatro
CNN+ y ahora GH24h
Canal+DOS
Canal en NEGRO *
Canal en NEGRO

* Los canales privados historicos (A3, T5 y C+/Cuatro) tienen 5 megas adicionales para emitir un duplicado de canal en simulcast para poder liberar la frecuencia 66 en Marzo de 2011.
Lo que pasa es que A3 y Telecinco, en vez de duplicar un canal temático, han aprovechado para emitir el canal principal en Mpeg4 AVC h.264 a 1080i. Y supuestamente en marzo tienen que eliminar un canal que debería ser el canal principal en SD por el canal que están duplicando, pero no pueden por el gran parque de TV y sintonizadores que no admiten Mpeg4….

Telecinco tiene facil resolver emitiendo el canal HD en el espacio no utilizado de Cuatro. A3 tendrá que hacer lo que hace La Sexta que está emitiendo 3 canales (La Sexta 2, La Sexta 3 y La Sexta HD) en sólo 10 megas sacrificando bitrate en 2 y 3, y usando sólo 4-5 megas en emisiones 1440×1080i en vez de 1920×1080 con 6-7 megas que usan TVE HD o Telecinco HD.”

Adicionalmente o foreiro Enjoy comenta o “marrón” que lle queda a Tele5 ao se ter que facer cargo dos máis de 200 traballadores de CNN+, semella que é máis que probable que se lles aplique un ERE :(

a gravatar

2. Marcus escrito o 29 de Decembro de 2010 ás 20:46

Brigantium, teño entendido que parte dos traballadores están a ser recolocados dentro da empresa, pero ao resto faranlles directamente unha extinción de emprego, pois xa non existe o medio para o que foron contratados.
O único xeito de que non vaian á rúa case todos os curritos de CNN+ é que Telecinco opte por lanzar unha canle de novas, algo que non parece probable se atendemos ao feito de que CNN+ acumulaba unhas perdas de 40 millóns de euros (ou sexa, que o medio non é economicamente viable).

a gravatar

3. Brigantium escrito o 30 de Decembro de 2010 ás 19:16

Comentaban tamén nese foro a posibilidade de que Prisa cree unha canle de novas á calor de El País. Se cadra aí poidan recolocar a algúns dos afectados… Pero como ben comentas, vaia coa TDT do carallo! De decepción en decepción :-(

Facer un comentario

Etiquetas (tags) permitidas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Observación: Os comentarios poderían non aparecer automaticamente, pois nalgunhas ocasións precisan de moderación por parte do administrador deste blogue.

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Últimos comentarios