Martes, 30 de Novembro de 2010

Manifesto por unha rede neutral

Aínda que non son amigo dos e-mails en cadea e prácticas semellantes, por coherencia coa publicación do manifesto en defensa dos dereitos fundamentais na Internet casualmente hai case un ano, dou conta agora da nova campaña que está a vivirse en redes sociais e outros medios electrónicos (a tradución do texto vén de Mallando na e-ira):

Manifiesto por unha rede neutral

Os cidadáns e as empresas usuarias de Internet adheridas a este texto MANIFESTAMOS:

1. Que Internet é unha Rede Neutral por deseño, dende a súa creación até a súa actual implementación, na que a información flúe de maneira libre, sen discriminación ningunha, en función de orixe, destino, protocolo ou contido.
2. Que as empresas, emprendedores e usuarios de Internet puideron crear servizos e produtos nesa Rede Neutral sen necesidade de autorizacións nin acordos previos, dando lugar a unha barreira de entrada practicamente inexistente que permitiu a explosión creativa, de innovación e de servizos que define o estado da rede actual.
3. Que os usuarios, emprendedores e empresas de Internet puideron definir e ofrecer os seus servizos en condicións de igualdade, levando o concepto da libre competencia até extremos nunca antes coñecidos.
4. Que Internet é o vehículo de libre expresión, libre información e desenrolo social máis importante co que contan os cidadáns e empresas. A súa natureza non debe ser posta en risco baixo ningún concepto.
5. Que para posibilitar esa Rede Neutral as operadoras deben transportar paquetes de datos de maneira neutral, sen erixirse en “aduaneiros” do tráfico e sen favorecer ou prexudicar a uns contidos por riba doutros.
6. Que a xestión do tráfico en situacións puntuais e excepcionais de saturación das redes debe acometerse de xeito transparente, de acordo a criterios homoxéneos de interese público e non discriminatorios nin comerciais.
7. Que a dita restrición excepcional do tráfico por parte das operadoras non pode converterse nunha alternativa sostida á inversión de redes.
8. Que a dita Rede Neutral se ve ameazada por operadoras interesadas en chegar a acordos comerciais polos que se privilexie ou degrade o contido segundo a súa relación comercial coa operadora.
9. Que algúns operadores do mercado queren “redefinir” a Rede Neutral para manexala de acordo cos seus intereses, e esa pretensión debe ser evitada; a definición das regras fundamentais do funcionamento de Internet debe basearse no interese de quen a usan, non de quen as proven.
10. Que a resposta ante esta ameaza para a rede non pode ser a inacción: non facer nada equivale a permitir que intereses privados poidan de facto levar a cabo prácticas que afectan ás liberdades fundamentais dos cidadáns e a capacidade das empresas para competir en igualdade de condicións.
11. Que é preciso e urxente instar ao Goberno a protexer dun xeito claro e inequívoco a Rede Neutral, co fin de protexer o valor de Internet de cara ao desenrolo dunha economía máis produtiva, moderna, eficiente e libre de inxerencias e intromisións indebidas. Para iso é preciso que calquera moción que se aprobe vincule de xeito indisolúbel a definición de Rede Neutral no contido da futura lei que se promova, e non condicione a súa aplicación a cuestións que pouco teñen que ver con esta.

A Rede Neutral é un concepto claro e definido no ámbito académico, onde non suscita debate: os cidadáns e as empresas teñen moito dereito a que o tráfico de datos recibido ou xerado non sexa manipulado, terxiversado, impedido, desviado, priorizado ou retrasado en función do tipo de contido, do protocolo ou aplicación empregado, da orixe ou destino da comunicación nin de calquera outra consideración allea á da súa propia vontade. Ese tráfico tratarase como unha comunicación privada e exclusivamente baixo mandato xudicial poderá ser espiado, trazado, arquivado ou analizado no seu contido, como correspondencia privada que é en realidade.

Europa, e España en particular, atópanse no medio dunha crise económica tan importante que obrigará ao cambio radical do seu modelo produtivo e a un mellor aproveitamento da creatividade dos seus cidadáns. A Rede Neutral é crucial á hora de preservar un ecosistema que favoreza a competencia e innovación para a creación dos innumerábeis produtos e servizos que quedan por inventar e descubrir. A capacidade de traballar en rede, de xeito colaborativo, e en mercados conectados, afectará a todos os sectores e todas as empresas do noso país, o que converte a Internet nun factor clave actual e futuro no noso desenrolo económico e social, determinando en gran medida o nivel de competitividade do país. De aí a nosa profunda preocupación pola preservación da Rede Neutral.

Por todo iso instamos con urxencia ao Goberno español a ser proactivo no contexto europeo e a lexislar de xeito claro e inequívoco neste sentido.

Todo isto vén a conto porque hoxe o Senado discutirá sobre a neutralidade de rede, o que hai un par de semanas negáronse a defender simplemente porque nacía dunha moción do Partido Popular. A ver se desta volta teñen un pouco de siso, e defenden a neutralidade na Internet, para que os operadores de telecomunicacións non abusen de nós.

Martes, 23 de Novembro de 2010

Escribe do que sabes

Tatsuya Ishida ilustra perfectamente na súa tira Sinfest o pesadelo de moitas persoas cando deciden comezar a escribir un blog:
Write what you know

Luns, 22 de Novembro de 2010

Nicetrip lanza unha curiosa promoción de 2×1 que aplicarase por barrios de A Coruña

Nicetrip barrios

Domingo, 14 de Novembro de 2010

A peli de Facebook ¿sen nada de Facebook?

No penúltimo episodio de Descarga Completa o Borja dá no cravo nun detalle que non caera sobre La Red Social:

¡Ten toda a razón do mundo! Moita película de Facebook… ¡pero non sae nada do que podemos ver en Facebook! Nin Farmville, nin xente pocoyizada, nin publicidade de tías cachondas… iso si, a película de Sexyono.com ten moi boa pinta ;)

Venres, 12 de Novembro de 2010

Dirixir Google en España non significa ser prudente

Aínda estou alucinado pola facilidade coa que Javier Rodríguez Zapatero, director xeral de Google España, solta datos e predicións sobre o futuro tecnolóxico, pois as referencias que tiña de tal persoa distan moito da información que publica Europa Press:

Director general de Google España
“Con la llegada de la TV a Internet habrá que cambiar de aparato cada año y medio”
Javier Rodríguez Zapatero
El director general de Google España, Portugal y Turquía, Javier Rodríguez Zapatero, ha asegurado que una de las vías para cambiar el modelo productivo está en Internet porque “o sabemos manejarnos en este mundo, que crece tan deprisa, o no sabremos sobrevivir”.

Igualmente, habló de los efectos de la llegada de la televisión a Internet y aseguró que supondrá que “cada año y medio habrá que cambiar de aparato”

Ver o resto do artigo ▼

Algunhas afirmacións coma que los costes tecnológicos se dividen por dos cada año y siguen bajando son totalmente gratuítas e distorsionan a realidade (agás que se refira unicamente ao custo dos soportes de almacenamento). A tecnoloxía non avanza a tal velocidade nin de broma, en grande medida porque unha cousa é o avance potencial e outra ben diferente é que a economía poida dar soporte a tal evolución. Dito doutro xeito: levamos uns anos nos que a conxuntura económica está a frear o cambio tecnolóxico, o que podemos ver claramente na idade dos ordenadores que temos na casa ou nas empresas. Vaia, que cousas coma o Windows XP aínda están moi presentes pese a considerarse un sistema operativo obsoleto. Dá que pensar…

Pero a traca final é cando Javier Rodríguez Zapatero asegura que a Internet vai fagocitar a todos os medios de comunicación (será la plataforma única y primordial para los medios de comunicación), o que é unha afirmación excesivamente ousada, que pouca xente sostén, xa que estamos rodeados de exemplos de novos medios que non mataron aos seus predecesores (nin a televisión matou á radio, nin a Internet ten por qué matar á televisión). Amais, a afirmación e que o achegamento da televisión á Internet nos obligará a cambiar de aparato de TV cada año y medio paréceme unha soberana tontería. ¿Acaso cambiamos de ordenador cada ano e medio para poder acceder aos contidos da Internet? De feito, hai máis de 10 anos falábase de que o ciclo de vida dos ordenadores nas empresas era de 3 anos, pero ese prazo en vez de reducirse, amplíase ano a ano, e os equipos actuais normalmente superan as necesidades da grande masa de usuarios.
Se a iso engadimos que o televisor aínda é un electrodoméstico, ou sexa, que case ninguén muda de dispositivo se o anterior non falla (como acontece coas lavadoras ou os frigoríficos), falar da súa renovación frecuente é unha utopía (os televisores non son móbiles, pese a que teñan un prezo cada vez máis semellante). De feito, incluso estamos a ter problemas para pasar a formato panorámico (tanto nos televisores coma nas canles de televisión, que continúan a emitir en 4:3 en moitos casos)… ¡xa nin falemos da alta definición!

Espero que esas afirmacións do director xeral de Google España fosen unha mala interpretación dun xornalista, pois dá a impresión de que está a soltar unhas fanfurriñadas innecesarias dentro dun discurso bastante atinado, pois quitando as afirmacións propias dun axente comercial, a visión optimista do sector TIC que ten Zapatero agradécese.

Entradas máis vellas »

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Últimos comentarios