Luns, 25 de Outubro de 2010

Porque isto é tráfico

No Telexornal da TVG están a dicir que esta fin de semana un vídeo musical do programa Land Róber chegou a liderar as reproducións en YouTube. Trátase dunha parodia do Waka Waka de Shakira, no que aprovéitase a criticar a Tráfico, e que resulta bastante divertido:

Ver letra ▼

O que non acabo de entender é a qué vén que digan que o vídeo foi o máis visto en YouTube durante a fin de semana, pois só tivo un pouco máis de 50.000 reproducións en 2/3 días, e hai varios vídeos españois que tanto o sábabo coma o domingo superaron as 100.000 reproducións. Supoño que alguén fiouse da información amosada por YouTube Charts (que é moi pouco fiable), aínda que para min é moito máis rechamante que a principal fonte de reprodución do vídeo en cuestión fose Facebook e non YouTube (dá que pensar).
De todos os xeitos, parece que é un dos éxitos galegos máis rápidos en YouTube, o que non está nada mal. Apostaría a que xa hai máis de un que leva a canción no móbil.

4 comentarios realizados

a gravatar

1. Turkoo escrito o 28 de Outubro de 2010 ás 14:02

Sería o máis visto “em Galiza” que aínda que Google nom ponha estatísticas sobre comunidades nom me estranharia que venha de aí o dato…

a gravatar

2. Marcus escrito o 28 de Outubro de 2010 ás 14:14

Home, diso non hai dúbida. Posiblemente o vídeo en cuestión foi o máis visto na nosa comunidade en toda a semana, aínda que posiblemente fose superado por algún vídeo de fútbol (en España teñen un éxito impresionante as gravacións dos goles da xornada).

a gravatar

3. Mixigodo escrito o 2 de Novembro de 2010 ás 22:49

De todas formas, o vídeo tivo un importante impacto. Eu e os meus colegas fomos este sábado a varios pubs e cada vez que poñían a canción de Shakira de “Esto es África”, nós botabamos a cantar esta e non se escoitaba outra cousa. Foi moi divertido, e é que a canción éo abondo :D

a gravatar

4. Marcus escrito o 3 de Novembro de 2010 ás 0:16

O luns tamén tiñan posto nun bar polo que pasei a canción de Shakira e eu só podía escoitar a letra do Land Róber. A canción ten o seu aquel.

Facer un comentario

Etiquetas (tags) permitidas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Observación: Os comentarios poderían non aparecer automaticamente, pois nalgunhas ocasións precisan de moderación por parte do administrador deste blogue.

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Alianzo Rank de GalegoAlianzo Rank de Galicia

Últimos comentarios