Pervi.es ou o doado que é vender motos na web

Durante a mañá comentáronme varias persoas a existencia de Pervi.es (incluso citou o tema Xosé Ramón Nóvoa no seu Visionarios del Ciberespacio en RadioVoz), como unha nova plataforma de redes sociais creada dende Redondela por uns rapaces de 15 anos da que falaban en La Voz de Galicia, e eu flipei un chisco porque nunca escoitara falar deles.
Ao ler o artigo en cuestión atopei cousas que cheiraban moi mal como que programaran o sistema en 5 días, así que decidín botar un ollo, rexistreime e comecei a localizar elementos sen traducir do inglés, polo que a cousa parecía clara: non estaba ante un servizo programado en Redondela, senón ante unha instalación puntual dunha solución coñecida coma SocialEngine (da que espero que adquiriran a súa correspondente licenza de uso).
Chegado a tal punto molesteime bastante, pois os rapaces detrás do proxecto realizaron declaracións coma que «Nuestro objetivo es conquistar también el mercado anglosajón. Además, dentro de una semana -avanza Samuel- estará también en gallego y se podrá utilizar incluso en Portugal» ou que garanten «el máximo nivel de privacidad, incluso en las fotos que se suben, algo que ni siquiera Facebook ofrece ahora». Iso é coma se un autor dun blog feito con WordPress comeza a dicir que vai crear un produto mellor que Blogger e que vai superar a xigantes tecnolóxicos cun simple aloxamento web compartido.
Paréceme estupendo que dende Galicia aparezan proxectos interesantes, e que os mozos realicen emprendementos tecnolóxicos, pero vender motos e ir de pantasma pola vida está moi mal. Ese tipo de prácticas só provoca desconfianza no sector TIC, e logo as empresas serias teñen problemas para atopar financiamento porque resulta moi complicado separar o gran da palla.
Espero que Adrián Álvarez e Samuel Rodríguez teñan moito éxito no futuro, pero deberían ser un pouquiño máis humildes e honestos, xa que vendendo motos só poden rematar mal, e aínda que estamos predispostos a descubrir novos Mark Zuckerberg, os espellismos son moi negativos a longo prazo.
ACTUALIZACIÓN: Dende Cabozo tamén están molestos co tema, especialmente polo feito de que en La Voz digan que Pervi.es é a primeira rede social galega.
2ª ACTUALIZACIÓN: Non podo evitar comentar que na redacción do Telexornal da TVG hai xente moi incompetente, pois veñen de cubrir a nova de Pervi, cometendo os mesmos erros que La Voz de Galicia (coma falar de Pervi como a primeira rede social galega ou dicir que o servizo programouse en Redondela), pero con moitas horas de diferencia, e con facer unha simple busca en Google ou Twitter poderían decatarse de que a información que deron carece de rigor.
Tampouco teñen desperdicio os nomes de usuario que poden verse no video coma Jacinto Melapela, Shurperro Te La Mete, Trollaco De San Simón, José María Aznar ou Trolles Everywhere, que deixan claro que boa parte dos novos usuarios de Pervi e xente que está de carallada (creando eventos como quedadas masturbatorias).
3ª ACTUALIZACIÓN: Como era de agardar, dende V Televisión non verifican as informacións publicadas en La Voz de Galicia, e amplían a información sobre Pervi enmerdando máis a polémica:
Que Pervi estea inspirado na película La Red Social demostra a grande orixinalidade do proxecto e que o Adrián non entendeu a película para nada ao dicir que plataformas coma Facebook non se fixan no usuario e pensan só nos cartos (cando no filme amosan xusto o contrario). Non esquezamos que os modelos de negocio de Facebook e Twitter aínda non están moi claros. Amais, dificilmente Adrián e Samuel poden estar a adaptar o servizo ás necesidades dos usuarios cando están ante unha ferramenta prefabricada.
Tampouco entendo que unha empresa ofrecese 1.600 euros por unha copia ¿pirata? dunha aplicación que custa 250 dólares (180 euros). De ser así o mellor sería coller os cartos e correr ![]()
Mirando o vídeo de V Televisión vexo que a nova de Pervi foi parar á portada dunha das edicións de La Voz de Galicia:

Ao ver iso retiro todos os meus argumentos desculpando a falta de coñecementos técnicos dun redactor dunha delegación, pois para destacar algo de tal xeito hai que saber o que se publica. Queda claro que esta bola de neve está provocada directamente por La Voz de Galicia, aínda que é moi triste que ao longo do día non rectificaran a información publicada de ningún xeito e contribuísen a soster unha falsidade.
ACTUALIZACIÓN (30-10-2010): En La Voz de Galicia publican hoxe un artigo no que intentan xustificarse, aínda que con pouca fortuna.






44 comentarios realizados
1. xotengo escrito o 28 de Outubro de 2010 ás 15:46
¡Caji ná!
Eu que estou na percura dunha moto baratiña e vas ti e ma colas. Penséi que ia atopar eiquí boas oportunidades….
¡Caji ná!
2. teixeiro escrito o 28 de Outubro de 2010 ás 15:55
Levo a mañá facendo fronte a tal engano, espero que servira de algo, e aínda que non espero contestación por parte da Voz de Galicia ó meu mail, espero que aprendan!!
moi bo artigo!! parabéns!
3. chimpin escrito o 28 de Outubro de 2010 ás 16:05
A ver, os nenos som nenos, tenhem 15 anos, nom lhes exijas responsabilidades que nom tenhem idade de assumir. O grave aquí é que há jornalistas que tragam com qualquer cousa que saia da internet e lhe fam caso a uns meninhos de 15 anos sem contrastar nenhum tipo de informaçom.
Resumindo: a culpa nom é dos nenos, mas deste/a jornalista, do/a redator/a e do jornal em geral.
4. deckarz escrito o 28 de Outubro de 2010 ás 16:08
Eu tamen che flipei e largo.
A minha palabra do dia de hoxe e INDIGNACION.
Parabens polo artigo!!
5. Andrés López escrito o 28 de Outubro de 2010 ás 16:19
jajajaja. Que grandes os da Voz!
isto é como o lerio de Pérez Reverte, que o sacan dous días despois e por cousas alleas a maioría de medios de comunicación “de toda la vida oyes”. E logo, efecto bola de neve, veñen os opinólogos e todólogos (tertulieiros e demais) co típico “disque dixo” e “díxome que dixo que quería dicir”. Pero aí os tedes: eses son os temas máis lidos. o que nos leva tamén a preguntarnos se agardamos seriedade dun medio de comunicación ou simplemente que nos distraia con pavadas e parvadas.
6. mbouzada escrito o 28 de Outubro de 2010 ás 17:40
Poderian ter feito algo sen conflitos empregando o SwL como Elgg, pero xa se sabe… é máis doado darse de expertos que selos.
Sobre a prensa… mellor nin falar… contrastar… iso que é?
7. Marcus escrito o 28 de Outubro de 2010 ás 17:59
#3 Os nenos teñen moita culpa: un xornalista dunha delegación local non é un experto en tecnoloxía, e se cre que ten diante a un Zuckerberg flipa en cores e procura dárlle bombo ao asunto.
Do que si pecou o xornalista foi de cualificar a Pervi como a primeira rede social galega, pois iso é rotundamente falso, e doado de contrastar incluso nas páxinas de La Voz.
#5 Para min é máis grave o de Sánchez Dragó, pois esta semana montaron un rebumbio total por un libro publicado hai mes e medio, demostrando que ningún dos xornalistas que entrevistou ao escritor sobre o texto botara unha ollada ao mesmo.
#6 Iso tamén é certo. Aínda que se non fosen farfalláns non habería moito problema.
8. chimpin escrito o 28 de Outubro de 2010 ás 21:27
#7 Se o jornalista nom é um experto em tecnologia, que pergunte, que cobra por isso. O que nom pode é fazer caso do que digam dous nenos de quinze anos. Faria o mesmo se lhe dim que descubrirom um planeta? O caralho, mas como a cousa é de interné e fica bem, de moderno, e para que vai comprovar nada, a interné nom merece esse travalho.
9. Nemigo escrito o 28 de Outubro de 2010 ás 22:09
os xornalistas deberan estar un pouco máis informados do que falan. Aforraríamos moitas parvadas
Son rapaces e din o que poden pra chamar a atención e fardar diante das pibas. Deberamos ser todos un pouco máis botados pra diante e mirar as cousas antes de poñer medallas
Os de cabozo deben limpar o cu con ortigas. Sempre andan escocidos
10. mcaloto escrito o 28 de Outubro de 2010 ás 23:03
O triste e o de “a primeira rede social feita en galicia” cando hay varias como a que comentou marcus ou por exemplo Pleiteando que é de Lugo ….
Tamén os rapaces estan a xogar con Lume, non cumplen a LSSI, non cumplen a LOPD, non teñen condicions de uso etc etc etc, e a AEPD non se anda con coñas con estas cousas.
Por certo, xa andan os de forocoches facendo das súas, solo hay que ver o que se pode leer na pantalla dos rapaces na nova da tvg.
Sau2
11. Marcus escrito o 29 de Outubro de 2010 ás 0:06
#10 Miguel, non só incumpren a lexislación, senón que ten toda a pinta de que empregan software pirata (que ao decir que é de autoría propia estarían a violar a súa propiedade intelectual o que podería constituír delito).
Amais, o formulario para dárse de baixa non funciona (levo todo o día intentando facelo e non hai xeito de librarse de Pervi).
12. LexnaLof escrito o 29 de Outubro de 2010 ás 0:07
jajaja
que ridiculo están a facer os dous medios de comunicación galegos máis “importantes”. Están a demostrar unha falta de profesionalidade máis que alarmante. Ambos os dous medios fixéronse eco no seu día da existencia de Cabozo.com, o cal fai máis esperpéntico toda esta leria. Isto, á fin e ao cabo, non deixa de ser un “xogo de nenos” ( nunca mellor dito
) pero… se este é o tratamento que dan a noticias moito máis importantes, apaga e “vámonos”
Por poñer só dous exemplos:
- Na Voz de Galicia: http://www.lavozdegalicia.es/tecnologia/2009/09/29/00031254220945564154465.htm?idioma=galego
- Entrevista ao creador de cabozo.com na TVG http://www.youtube.com/watch?v=KMGTe1pYOXY&feature=related
13. LexnaLof escrito o 29 de Outubro de 2010 ás 0:49
Isto é un fake? xa estou a pensar calquera cousa ¿?
A todo isto comentar que estamos a ter alguns problemas co servidor onde esta aloxado Cabozo. Estamos traballando na incidencia pero é probable que ata mañá non esté operativa. Perdoade as molestias.
Modo irónico ON: Estamos a pensar en contactar con algún destes dous adolescentes para ver se nos dan solucionado o problema antes. Se se curran unha rede para competir con Facebook en 5 días teñen que ser capaces de calquera cousa jajaja
14. El “Perfil Virtual” de dos adolescentes engaña a la Voz (y al Jornal de Noticias) escrito o 29 de Outubro de 2010 ás 2:02
[...] como describía Marcus Fernández en su blog sobre tecnología. El artículo de marcus en galego: marcus.es/2010/10/pervi-vende-motos/ sin comentarios tecnología, internet karma: 11 etiquetas: pervi, perfil virtual, [...]
15. David Pombar escrito o 29 de Outubro de 2010 ás 9:26
É normal que os rapaces voten por fora. Teñen 15 anos!!! Marcus, gustaríame verte a ti a sua idade
O que non ten sentido é o do xornalista…. despóis quéixanse. Tiran por terra a credibilidade e o traballo de un montón de xente e pretenden que os respetemos…. por favor.
Espero que os rapaces aprendan dos errores cometidos pero continuen con ese espíritu emprendedor, espero velos no futuro facendo máis cousas.
16. gaioso escrito o 29 de Outubro de 2010 ás 9:28
Pois a ‘primeira rede social galega’, parece que xa non funciona.
“Actualmente estamos mudando Pervi a un hosting más potentes, además de arreglar motivos legales.Disculpe las molestias.”
17. Carlos escrito o 29 de Outubro de 2010 ás 10:16
A ver si nos enteramos un poco: No han creado nada, han cogido una herramienta web (social engine, creo) y han rellenado los campos. No han diseñado nada, han seleccionado una plantilla.
Y las visitas de ayer no son por el éxito de la red social, son fruto del trolleo por parte de usuarios de FC.
No han creado nada. Y además no saben escribir en español, porque ayer la “red social” contaba con innumerables fallos ortográficos y gramaticales.
18. ocarallovintenove escrito o 29 de Outubro de 2010 ás 10:23
forocoches insaid.
http://www.forocoches.com/foro/showthread.php?t=1910676
19. mcaloto escrito o 29 de Outubro de 2010 ás 16:15
#11 marcus, lin algún comentario por twitter que onte pola mañan tiñan no raíz do servidor o .nfo que hay nunha version pirateada deste “social engine”, nen sequera se molestaron en borralo cando o subiron, e fixate nisto: http://urlcorta.es/3guq parece que empezaron cun dominio gratuito e xa andaban a buscar patrocinadores, menos mal que non deberon atopar ningún por que senón como mandasen SPAM sen que a xente que esta rexistrada o autorizada (lembremos que non había termos de servizo) ian ter problemas moi gordos.
20. LexnaLof escrito o 29 de Outubro de 2010 ás 17:17
Sabedes se fixeron algún tipo de rectificación ( xa, xa sei… pero igual…
) sobre o tema algúns dos medios implicados? 
21. Camilo escrito o 29 de Outubro de 2010 ás 18:17
Moi bó o artigo Marcus
22. Seve escrito o 29 de Outubro de 2010 ás 22:08
Boas,
eu entendo que uns rapaces de esa idade tenten de vender a moto o que me parece imperdoable é o dos medios.
Pouco durou.
Saúdos
23. Marcus escrito o 29 de Outubro de 2010 ás 22:35
#19 Queda así confirmado que piratearon o SocialEngine (o que parecía bastante claro ao verse que non tiñan a última versión do sistema pese a ser unha creación recente).
Sobre o patrocinio, tiveron sorte en non teren ingresado cartos, pois nese caso poderían terse metido nun lío. De todos os xeitos, montar unha rede social sen rexistrar a súa base de datos na AEPD xa é dabondo para ter problemas.
#20 Escoitei por aí que preferían deixar morrer o conto para non magnificalo. En vista de que agora mesmo o servidor de Pervi non funciona (disque están a mudar de servidor, pero a cousa pinta mal).
O máis flipante é que nas últimas horas Pervi converteuse en obxecto de chiste, e en Twitter están a arrasar os #pervifacts á vez que publican simpáticas ofertas de traballo e un orixinal trebello creado pola xente de Pervi.
24. Nuno Zimas escrito o 29 de Outubro de 2010 ás 23:52
Tal como muitos de vós, também eu fiquei colérico ao descobrir esta treta. Depois de ler a noticia, que me deixou perplexo, entrei na página dos rapazolas e em poucos segundos me dei conta de que se tratava de uma instalação pura de SocialEngine, plataforma de licença comercial (que outorga certas liberdades de personalização) que conheço desde 2007. Como sou um gajo muito céptico e desconfiado, a primeira coisa que faço quando se publica uma aplicação web “genial”, ainda por cima “progranada” em 5 dias, é botar o olho ao código fonte renderizado. Logo na cabeceira se podia ver chamadas de Javascript à API do SocialEngine por todo o lado. Outro detalhe que me chamou a atenção foi o uso do inglês na nomenclatura das classes CSS e das funções de Javascript, mesmo as que não referenciavam directamente o SocialEngine. Ainda que vos pareça um detalhe sem importância, em Espanha existe o “mau” costume de dar nomes em Castelhano a este tipo de elementos. Muito me estranharia que os chavalos em questão optassem por criar o template usando nomenclatura em inglês, de maneira que sou levado a crer que nem o template é da sua autoria. Insisto, trata-se de um detalhe que quem vem de fora talvez entenda melhor.
Ontem falei com o Alfonso Andrade, o autor da peça na Voz da Galiza, que reconheceu não entender nada de informática e, pior ainda, não ter feito os deveres elementares dum jornalista. Ou seja, fiou-se numa nota da Agencia EFE, contactou o garotos e usou exclusivamente o testemunho deles como base para o artigo. Verificações? Nenhuma. Há mais. Durante a conversa com o Alfonso, descobri que ele já tinha contactado os rapazes para averiguar a veracidade das declarações que prestaram antes. A resposta que recebeu não tem desperdício. Dizem que efectivamente o seu “invento” se baseia no SocialEngine, mas que eles (atenção ao absurdo que se segue) reconstruiram a plataforma para fazê-la funcionar “con inyección directa de PHP, en vez de CSV” (!!!!) Sim, sim. Não há palavras que possam descrever tamanha estupidez. Eu fiquei tão aturdido que nem sabia o que comentar. Perguntei ao Alfonso se sabe o que é PHP e para que serve um ficheiro CSV. Não tem a menor ideia e desculpou-se com o facto de ser “apenas un periodista de la sección de Sociedad de La Voz”. Em seguida tentei indagar se, ao escrever o artigo, era consciente da afronta que a sua publicação podia constituir para o colectivo de profissionais do sector. Nada. Nem lhe passou pela cabeça (por ali só passará ar, suponho). Prossegui a investida com uma analogia: “oye, que opinas de la gente que sale de gran hermano y se arrima a los platós de telecinco en calidad de periodistas? te hace gracia?” Pois claro que não.
Agradeceu-me a denúncia e deu-me o contacto de email para enviar-lhe mais detalhes. Assim o fiz. Além do tema da utilização não assumida do SocialEngine, mencionei também o facto de já existirem várias redes socias galegas e *EM GALEGO*, como Cabozo.com e latri.ca. Até agora não obtive resposta, apesar da promessa de se retractar, que obviamente não cumpriu.
Esta tarde telefonei ao Alberto Vázquez, director do Telexornal 2. Discutimos durante um quarto de hora e notei da parte dele uma crescente hostiludade / nervosismo à medida que punha argumentos sobre a mesa. Ficou lixado, claro está, pelo facto de toda a evidência apontar à sua má praxis jornalistíca e pôs-se a defender de maneira apaixonada, quase histérica, com justificações tíbias, a gloriosa façanha dos “génios” de Redondela. Disse-me que a ocultação do SocialEngine é “intranscendente” e que lhe importa uma merda quem programou a coisa. Para este indivíduo o que conta é o impacto emocial no espectador e o “valor noticioso” da história, que para ele não é mais que a “brilhante” iniciativa de 2 jovens audazes, criadores da “primeira” rede social para outros jovens da Galiza. Só consentiu em levar a cabo uma investigação depois de eu insinuar que por detrás dos rapazes podem estar adultos que os utilizam como testas-de-ferro chamativas no contexto de uma operação de marketing sem escrúpulos (há muitas coincidências que me levam a equacionar essa hipótese). Alguém que assistou a The Social Network e quer tornar-se numa espécie de Zuckerberg Galego, baseando-se numa premissa muito habitual entre oportunistas de todas as idades: se funcionou para o cabrão do Mark, também funciona para mim. Para a imprensa mainstream, não há nada mais comevedor no mundo das TIC que os biópicos dos génios precoces. Vende, logo torna-se “matéria noticiosa”.
E andamos nós a sufragar os salários destes sacriptantas que estão onde estão por nomeação política!
Já quando a conversa com este senhor se tornou inviável, sugeriu-me antes de desligar que se os profissinais das TIC cremos que a noticia foi divulgada sem o mais mínimo rigor informativo, devemos emitir um comunicado, Eu sou da opinião que ou o Colégio de Engenheiros ou a AGASOL devem tomar cartas no assunto. Se o não fazem, avanço eu com um comunicado individual e envio-o tanto à TVG como às agencias EFE e Europa Press, que, segundo o tal Alberto, foi de onde saiu a notícia (a sber quem a mandou; duvido muito que tenham sido os gaiatos de Redondela).
25. LexnaLof escrito o 30 de Outubro de 2010 ás 3:12
Moitas grazas pola información Nuno Zimas. Canto máis se sabe da historia máis esperpéntico parece todo.
Pode ser unha moi boa idea o de emitir un comunicado (parece que a TVG estea a pedir algo “con substancia” para “poder” retractarse do seu propio erro pero bo…). Se en algo podemos axudar, na medida das nosas posibilidades, non dubidedes en suxerilo.
Saúdos.
26. deckarz escrito o 30 de Outubro de 2010 ás 6:07
@Nuno Zimas, cos pelos de punta deixachesme.
Esta xente non se decata (ou non queren decatarse) das consecuencias que pode ter toda esta historia para os profesionais das TIC, as cales poden que non che sexan moi positivas.
Unha rectificacion por parte destes medios vexoo como algo moi dificil de conseguir por non dicir imposible, polo que a idea do comunicado pareceme perfecta e asi tentar limpar un pouco a lama (por non dicir outra cousa) que esta xente con esta rocambolesca historia botou enriba sobre os profesionais das TIC
Grazas polas pesquisas e apertas!
27. Nuno Zimas escrito o 30 de Outubro de 2010 ás 12:23
De nada
Devemos agradecer ao Marcus por ter aberto uma via privilegiada para denunciar a trola desde o seu blog.
Saiu hoje na edição digital da Voz uma tentativa de rectificação que, desde o meu ponto de vista, fica ainda a anos-luz da reposição da verdade:
http://www.lavozdegalicia.es/sociedad/2010/10/30/0003_8816158.htm
Não conheço o Fernando Suárez Lorenzo, mas desde logo presta um péssimo serviço aos colegas de ofício com as declarações brandas, irresponsáveis e pouco fundadas que faz. Com respresentantes como ele, estamos bem fodidos.
Que o tipo do Colégio de Telecos diga parvoices, não me estranha. Dum engenheiro informático, no entanto, espero algo mais que palmadinhas de ânimo aos chavalos.
Enfim, caso paradigmático de quando o politicamente correcto institucionalizado se torna contraproducente (e ridículo).)
28. LexnaLof escrito o 30 de Outubro de 2010 ás 14:43
É ridículo todo, e a “rectificación” e as supostas declaracións de xente que estou, case seguro, que non teñen nin idea do que se fai nas redes as que chaman “café virtuais” e para… ufff mellor vou calar
29. GaRLiCeS escrito o 30 de Outubro de 2010 ás 15:08
Ola xente!!
Nuno, despois de ler o teu dossier, quedei ainda mais parvo!
E tamen coincido en que as “supostas declaracións”(por experiencias propias, sei que os xornais poñen palabras en boca da xente sen ningún reparo, nin coñecemento das mesmas; dunha entrevista que da para catro liñas, eles sacan nove) desas persoas importantes no sector, son bastante contraproducentes.
Eu todavía estou estudiando a carreira de Enxeñería Informática, pero o día de maña, poida que cuestionen o meu traballo co argumento de: “se dou rapaces de 15 anos o fan en 5 días, porque ti non?”, e preocupame bastante, a verdade.
Preguntome a quen terán por padriños estes dous rapaces, para que en tan pouco tempo, este proxecto se convertera nun competidor potencial de Facebook ou Twitter.
O peor de todo, é que posiblemente, todo comezara como unha idea de dous amigos, nunha tarde de domingo, e por mor do aireamento publico nos medios do seu “invento”, medraranse e non foran capaces de aclarar o 100% a realidade.
PD: Se plantexo as ideas de forma desordeada, disculpade, pero sempre escribo así, a medida que se me vai ocorrendo.
Saudos
30. Nuno Zimas escrito o 30 de Outubro de 2010 ás 16:20
@GaRLiCeS
Boas! É precisamente para evitar a menorização do nosso trabalho que reagi com tanta veemência. Já levo 9 anos nestas lides e estou farto de que grande parte dos clientes não reconheça e não entenda o esforço que exige criar as soluções à medida ou baseadas em frameworks que nos pedem. Este tipo de desinformação sensacionalista só fomenta o mito de que o desenvolvimento de aplicações web é uma brincadeira de crianças.
Que conste que sou um defensor acérrimo de ferramentas já existentes, sobretudo se estão licenciadas sob GPL. Sempre e quando se assuma a sua utilização e o alcance das adaptações ou modificações funcionais.
Se re-inventar a roda é de loucos, vender banha da cobra (”vender la moto”) é de charltães.
31. mbouzada escrito o 30 de Outubro de 2010 ás 16:44
Maior aída a “tonteria” do señor Fernando Suárez Lorenzo cando lemos na vcoz ce jalisia (http://www.lavozdegalicia.es/opinion/2010/01/28/0003_8257016.htm):
«En el nuevo contexto tecnológico, la Ingeniería en Informática toma cada vez más relevancia tanto a la hora de extender el conocimiento de la legislación asociada (protección de datos, propiedad intelectual, comercio electrónico, etcétera) a usuarios y profesionales, como en la implantación y desarrollo de los nuevos sistemas y tecnologías de la información. La creciente complejidad de estos hace necesario apoyarse en la utilización de herramientas, normativas y una metodología de trabajo para poder abordar de modo continuo la auditoría de las medidas establecidas por la LOPD. Es ahí donde los ingenieros en Informática tendremos un papel protagonista en los próximos años»
32. fluzeando escrito o 30 de Outubro de 2010 ás 18:13
Pódense indignar vostedes pero sen misturar o touciño coa velocidade?
Decir cousas coma que “ese tipo de prácticas só provoca desconfianza no sector TIC, e logo as empresas serias teñen problemas para atopar financiamento” e os comentarios que seguen esa liña de agora ninguén nos vai querer é poñerse de víctima porque si.
Se “o sector” se sinte falto de cariño e atención que o diga, digan vostedes que ninguén os apreza e que non os queren coma merecen nin coma queren ser queridos, pero non se agochen detrás duns trapalleiros de quince anos. Por comparar, esto é coma se agora os escritores todos din que o de Dragó e as nenas xaponesas lles vai tocar nas vendas e que os editores nunca máis van confiar neles para publicarlles un libro.
Hai trapalladas con premios EGANET que non lles sacan a vostedes opinión ningunha. Vaia.
33. Nuno Zimas escrito o 30 de Outubro de 2010 ás 19:08
@fluzeando
Só quem está na trincheira é que pode availar com conhecimento de causa o devir da batalha. Honestamente, estou-me a borrifar para os putos de Redondela (nenos, como se diz aqui) e quem os possa estar apadrinhando. No entanto, se não se denuncia trafulhices como esta, outros “génios” do engano lhes seguiriam as pisadas.
Se já é díficil explicar aos utilizadores finais que por detrás dum GUI existem muitas camadas de código e que as aplicações complexas não se logram em 2 dias, imagina o grau de confusão induzido por este tipo de “jornalismo” sensacionalista e rasteiro.
Qualquer dia temos que ir para as reuniões com o Eclipse aberto, para que possam ver a complexidade sujacente a uma rde social corporativa com segmentação de perfis, papéis (roles), ferramentas de colaboração, gestão documental… eu sei lá.
Tem em mente que no mundo das TIC o principal problema costuma estar situado entre o computador e as costas da cadeira (la espalda de la silla)
34. Pervi escrito o 30 de Outubro de 2010 ás 23:08
Dende Pervi pedimos disculpas por este mal entendido, nos NON programamos nada salvo algunas cousas no socialengine, pero a Prensa deulle moita bola a isto, y está descontrolado. Tamén dicir que temos Licenza do Socialengine, ademais de 3 programadores que nos axudaran nunha nova versión do pervi, no cal intentaremos dar una nova alternativa Galega as redes sociales ademais das existentes. Algunhas cousa (como a competencia a Facebook, e a primeira rede social galega) non o mencionamos nin eu nin Samuel, o dixeron os reporteiros.
Pedimos disculpas
35. iago escrito o 31 de Outubro de 2010 ás 3:51
Debo entender que as declaracións dos vídeos tamén son producto da exaxeración da prensa?
Paréceme moi ben que vos deades conta do que fixestes, pero non sodes nada honestos. Polo que a mín respecta o voso comportamento é reprochable e o que facedes non é suficiente.
36. Anonimo escrito o 31 de Outubro de 2010 ás 19:21
#35 Iago,
Tampouco é así, son uns rapaces de 15 anos, eu a esa idade andaba ca bicicleta a facelo parvo polos camiños e a xogar cas pistolas.
É lóxico que no vídeo, non deberían ter mentido no de programar, e adaptar cousas, cando non fixeron tal, pero hai que ser un pouco maduros, son dous rapaces de 15 anos, e a culpa deste asunto a ten LA VOZ DE GALICIA, por facer a reportaxe na TV e tamén por poñer a portada, que agora actualizan cunha nova sobre o tema dicindo que causou “malestar” cando o malestar o causou a incompetencia profesional e periodística de LA VOZ, e tamén da TVG por copiar todo o que sae na portada de LA VOZ, haber si así deixan de coller todo o que din, haber si algun día sacan as novas que van a Chuza…
37. Iago escrito o 1 de Novembro de 2010 ás 12:31
#36 Eu con 15 anos tamén era parvo, e cando facía parvadas había quen me decía que eso estaba mal. Eu xa sei que teñen 15 anos, pero iso non é excusa para só decir “pobriños”. Fixeron algo que está mal e merecen a súa reprimenda.
Por suposto que a A Voz de Galicia ten gran parte de culpa, pero a eles ninguén lles obligou a facer as declaracións que se viron na televisión, por iso insisto en que os reproches deben ir en ambas direccións.
38. Nemigo escrito o 1 de Novembro de 2010 ás 13:10
estou ao 100% co dito en 32 por fluzeando
Engadir que os rapaces son uns crack ao 100% puxeron en evidencia á “prensa” na galiza. Istes rapaces teñen todo o necesario pra ser web master. Vender fume, falar sen cancelas e o máis importante de todo: estar por riba da rede
Abride páxina e xa podedes escomenzar a banear nicks
39. lauren escrito o 4 de Novembro de 2010 ás 3:22
Penalmente non son responsables porque teñen 15 anos.PERO, civilmente si que o son os seus pais ou titores…
De forma que se fixeron esto con ánimo de lucro, con enganos claros, e a sabiendas[...], e existira un perxudicado que os denunciase…os papis a soltar os euriños.
–Sería unha estafa de libro.
–Unha cousa e ser un pobre fatasmiña que xoga co paint, e outra, ser un chorizo e falsificar billetes no photoshop e intentalos colar.
40. lauren escrito o 4 de Novembro de 2010 ás 3:37
Estes venden bicis sen “sillin”.
41. XHaRoY escrito o 11 de Novembro de 2010 ás 1:36
xDDD, é unha vergoña que a voz de galicia si fixese eco de tal “rede”… agora ben… responsabilidade civil? que fixeron? nada… non é culpa dos rapaces que os da voz de galicia e posteriormente os da tvg non teñan nin idea de informática e programación web e que se monten unha película.
Se nos fixamos no video en ningún momento din algo que sexa mentira… pode ser discutible as afirmacións que fan… pero non son mentiras.
En fin… parece mentira que no 2010 ocorran este tipo de cousas…
42. Marcus escrito o 11 de Novembro de 2010 ás 2:10
XHaRoY, os rapaces si fixeron cousas graves, e non falo de instalar unha versión pirata de SocialEngine (e dicir que é unha creación propia), senón de montar unha plataforma con datos persoais de centos de persoas sen cumprir coa lei. Vaia, que podería terlles caído unha sanción da Axencia Española de Protección de Datos coma mínimo (pois tampouco cumprían coa LSSI-CE).
A ver se no relanzamento de Pervi.es fan todo con máis tino (parece que escarmentaron) e así temos unha plataforma máis na que relacionarnos, que podería ter bastante aceptación por Redondela.
43. marcus.es » Parobook, ou Pervi.es creando escola escrito o 28 de Xaneiro de 2011 ás 13:20
[...] o rebumbio montado pola vendida de moto dun par de rapaces con Pervi.es os medios de comunicación seguen sen aprender, e tanto La Voz de Galicia como El País ou El Mundo [...]
44. marcus.es » Socialtrend.com, ou como facer que o de Pervi.es pareza un xogo de nenos escrito o 12 de Novembro de 2011 ás 2:25
[...] discurso ambicioso que vemos no artigo lembroume ao que aconteceu no seu día con Pervi.es e La Voz de Galicia (agravado polas televisións autonómicas, que deron credibilidade a tal información), [...]