O Photoshop é unha aplicación que mudou para sempre o mundo da imaxe, e agora podemos estar sempre cunha pel perfecta, ocultar detalles indesexados dunha instantánea, modificar encadres… en definitiva, mellorar a aparencia da realidade para a súa conservación futura. Pero, ¿e se puidesemos facer o mesmo coa nosa vida diaria? Esa é a proposta de I have PSD, unha peza multimedia que recoñece a importancia do Photoshop:
Para min a relevancia do Photoshop queda patente cando vemos que moita xente empregan verbos coma fotoshopear/fotochopear, deixando claro que o fotochó transcendeu de marca a palabra de uso cotián, coma os kleenex ou os donuts, para envexa de Apple e Microsoft, pois as mazás e as fiestras chegaron antes aos dicionarios que as aplicacións informáticas aos nosos escritorios
A xente de OCC Móvil, un servizo de busca de traballo ao que pode accederse dende o móbil, lanzou unha orixinal campaña publicitaria na que con distintas imaxes representan a posibilidade de acceder á súa bolsa de emprego dende calquera lugar.
¿É atinado facer anuncios así? A eficacia descoñézoa, pero eu botei unhas risas … Iso si, o resto de anuncios son máis discretos:
Cando na casa discutimos algo ao xantar ou vendo a televisión, en moitas ocasións saco o móbil do peto e busco na Rede a resposta do que estamos a falar, algo que hai uns anos parecería imposible, e que está a cambiar o xeito de ver o mundo. Tendo tantas respostas na palma da man, xa non temos que deitarnos con dúbidas coma o nome do actor que sae na película que botan na tele nin hai que discutir sobre se un persoeiro ten tal ou cual idade. De feito, coma o uso da Internet móbil pase a ser de uso coitá incluso polos menos tecnófilos, dentro de pouco certas situacións pasarán a verse como anacronismos, e temos como exemplo un simpático sketch de CollegeHumor que leva o conto ao mundo do cine:
Xa sei que Psicosis non sería o mesmo se na ducha houbese unha mampara e que un móbil con GPS solucionaría as situacións nas que os protagonistas están perdidos están perdidos no monte, pero, ¿chegaremos a ver co tempo eses argumentos coma ridículos? Agardo que non.
O negocio dos comics nos EE.UU. é moi diferente ao español, e en certo sentido os comic books son revistas de comics, nos que a publicidade ten unha presenza moi importante, e cunha temática moi distinta da que vemos por aquí, de xeito que non se limita a auto-promocións e anuncios de xoguetes, tendo moita presenza os videoxogos e o cine, e coma exemplo desto último temos que varias coleccións renderán homenaxe á película Tron: Legacy ¡nas súas portadas!
Concretamente serán os seguintes números:
•Amazing Spider-Man #651 (Spider-Man)
•Avengers #7 (Spider-Woman)
•Avengers Academy #7 (Mercurio)
•Captain America #612 (Capitán América)
•Incredible Hulks #618 (El Motorista Fantasma)
•Invincible Iron Man #33 (Iron Man)
•New Avengers #7 (Ms. Marvel)
•Secret Avengers #7 (Caballero Luna)
•Thor #617 (Thor)
•Wolverine #4 (Lobezno)
Eu non logro decidir se estamos ante unha sinerxía digna de admiración ou se temos un caso de mercantilismo puro e duro. Aínda que como nos EE.UU. poden conseguirse a meirande parte dos comics da Marvel con 2 ou 3 portadas distintas, quen non guste de Tron sempre poderá adquirir exemplares máis ortodoxos das súas coleccións favoritas.
¿Atreveranse a repetir a experiencia no futuro? Porque como comecen a facer cousas así con películas, series de televisión ou produtos de consumo (xa estou vendo o mes de Ford ou de Xbox 360) a cousa pode resultar noxenta, e incluso resultaría molesta para os autores, que poderían ver prostituídas as súas obras.
Tron: Legacy promete ser a película do Nadal, chegando aos cines en decembro e prometendo unhas 3D espectaculares, aínda que supoño que non estará á altura da súa obra orixinal, Tron, á que renden homenaxe no seu último póster:
Non podo evitar emocionarme ao pensar que vai volver ese mundo virtual desenvolvido no interior dun sistema informático, que é todo un referente cultural friki como Juegos de Guerra, habendo moi poucas películas capaces de chegar ao seu nivel (resulta evidente que nin Hackers nin Sneakers. Los Fisgones, pese a ter o seu aquel, conseguiron chegar a marcar a unha xeración). O mellor para ir preparándose para este exercicio de nostalxia é ver o trailer da nova película:
¿Recuerdas cuando en las bodas no había quien espíe?
Pensaban que cerrando webs iríamos más al cine.
Mi primer canon fue por grabar mis fotos de Ibiza.
Cuando en la pelu aún podías tener la radio encendida.
¿Recuerdas que en el cole aún pudimos hacer teatro?
Al África mandábamos todo lo recaudado.
¿Recuerdas cuando fue legal que me prestases cintas?
No se acudía a jueces cuando un disco no vendía.
Hey, vamos nena no te preocupes más. Telefónica no lo permitirá.
O el router será la nueva pata que iguale el sofá.
El hilo musical del Zara intento no escucharlo.
De veras que ahora siento que si escucho estoy robando.
Será mejor que empiece a conservar todos los tiquets.
No vaya a ser que venga el inspector que te los pide.
Hey, para qué coño quiero yo un CD. Si no cabe en mi MP3.
Mientras piensan, cómo adaptarse al cambio, les recordaré.
Cuando fuimos piratas, piratas de la red.
Cada puerta que cierran, les abrimos diez.
Hoy cenamos menestra, sin dejarnos el buey.
Todos los internautas ladrones son por Ley.
Ladrones son por Ley.
Usted, pida derechos cuando luzcan sus peinados.
Yo no cobro dos veces por un único trabajo.
Me choca que hay quien quiera ser a la vez juez y parte.
Pues desde la Edad Media que no hay nada semejante.
Reparten su botín entre amiguitos y no cuentan.
Que la música que escucho casi toda es extranjera.
Me cobran por el cine que salió de mis impuestos.
Jamás podré cantar el cumpleaños feliz sin miedo.
¿Hey, pero no pagamos un canon ya?
¿Hasta dónde más pretenden llegar?
Lo próximo quizás será cerrar la biblio municipal.
Cuando fuimos piratas, piratas de la red.
Cada puerta que cierran, les abrimos diez.
Hoy cenamos menestra, sin dejarnos el buey.
Todos los internautas ladrones son por Ley.
Cuando fuimos piratas, piratas de la red.
Cada puerta que cierran, les abrimos diez.
Hoy cenamos menestra, sin dejarnos el buey.
Todos los internautas ladrones son por Ley.
Ladrones son por Ley.
O tema musical pode descargarse de balde en MP3 e pretende deixar claros conceptos coma que os CD están obsoletos dende o momento no que non hai xeito de escoitalos nun reprodutor portátil (¿cando foi a última vez que víchedes un Discman?), que a chamada Lei Sinde é un abuso para as liberdades civís, que o peche de páxinas web non arranxa nada (como pasou co peche de Napster, que puxo as cousas aínda peor para a industria musical) e que os da SGAE están a abusar coas súas prácticas recadatorias (o que estes días estivo moi de actualidade cos ataques repetidos á súa páxina web).
Non hai por qué defender o todo gratis para entender que os modelos de negocio da musica mudaron nos últimos anos, e os que non queiran adaptarse van ter serios problemas, pois é inviable manter unha industria en base a compensacións indiscriminadas en soportes de gravación e dispositivos electrónicos. O cambio non vai chegar, senón que chegou hai anos.