Luns, 30 de Agosto de 2010

Todos cantamos Fuck You

O ano pasado non podía quitar da cabeza o Fuck You de Lilly Allen, e agora vén o tío de Gnarls Barkley, Cee-Lo Green, e provoca o mesmo efecto en milleiros de persoas co seu novo Fuck You:

Porque non son eu o único que ten a canción metida no coco, senón que incluso 50 Cent dedicoulle un remix e pola Rede xa circulan homenaxes como a que segue:

O que é unha mágoa é que este temazo estea a acadar tanto éxito cando o disco non que vai publicarse non sairá ata decembro, aínda que supoño que Cee-Lo Green saberá manterse para que chegado o día poida ter unha boa xira de concertos, pois co vozarrón que ten non debería ter problema en arrasar alí por onde vai (e se vai disfrazado de Darth Vader xa non digo nada.).

ACTUALIZACIÓN (1-9-2010) Ante o éxito da canción de Cee-Lo Green, xa hai un vídeo musical oficial (e divertidísimo):

2 comentarios realizados

a gravatar

1. Piware escrito o 3 de Setembro de 2010 ás 8:49

Vaia descubrimento que me achegas … Pasa a ser o meu tono no mobil XA !!!

a gravatar

2. marcus.es » Urkel volve dando a nota escrito o 9 de Agosto de 2011 ás 12:38

[...] Pois iso fixen eu ao ver que é o protagonista do novo vídeo musical de Cee Lo Green (o do Fuck You): O que non me sorprendería é que, tras este breve retorno (aínda que realmente nunca marchou [...]

Facer un comentario

Etiquetas (tags) permitidas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Observación: Os comentarios poderían non aparecer automaticamente, pois nalgunhas ocasións precisan de moderación por parte do administrador deste blogue.

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Últimos comentarios