Mércores, 18 de Agosto de 2010

Melide bailará na punta do pé

Emilio Guillín
A miña nai vén de comentarme por teléfono que mañá ás 21:40 horas o programa Na punta do pé presentado por Emilio Guillín visitará Melide para dar conta das festas do San Roque. Para min é unha mágoa que dean tanto bombo ao que considero que son as peores festas locais que lembro (ou, coma mínimo, as máis cutres, o que este ano parece ser común á meirande parte das vilas e cidades galegas), pero agradezo poder ver a xente da vila na televisión.
Melidenses, ¡a pór todos a Galega mañá pola noite!
ACTUALIZACIÓN: O programa pode verse no apartado de televisión á carta da páxina web da TVG.

Martes, 17 de Agosto de 2010

Bailando baixo a choiva galáctica

Por moi divertido que fose o paseo das forzas imperiais pola compostelá Praza do Obradoiro, noutras partes do mundo buscan outros xeitos de dar a nota, e quedei abraiado pola produción que chega dende o Xapón, na que un soldado imperial rende homenaxe a Gene Kelly en Bailando baixo a chuvia:

Este frikazo bailongo non é outro que o popular Danny Choo, quen montou co español Héctor García a empresa Mirai Inc. Choo ten moitos vídeos nos que sae bailando disfrazado de Stormtrooper, pero desta vez superouse, aínda que a meirande parte do mérito teno Olivier Couston polo orixinal deseño dos seus mini stormtroopers.

Domingo, 15 de Agosto de 2010

Botan a andar as festas do San Roque

Por se alguén tiña dúbidas sobre o asunto, hoxe comezan en Melide as festas do San Roque, o que vén a ser a semana grande da vila, e que conta co seguinte programa:

Domingo, 15 de agosto

10.30 h: Disparo de bombas de palenque
11.00 h: Desfile polas rúas de xiganets e cabezudos acompañados pola charanga Os Amigos de Visantoña.
11.00 h: II Marcha cicloturista de San Roque, con saída na Praza do Convento (sorteo dunha bicicleta e artigos para o ciclismo).
20.30 h: Actuación na Igrexa Parroquial da Coral Polifónica de Melide.
22.00 h: Teatro do grupo Cacharela coa obra Se o sei non volvo á casa de Manuel Varela Buxán, na Praza do Convento.

Luns 16 de agosto


10.30 h: Disparo de bombas de palenque.
11.00 h: Pasarrúas co grupo de gaitas Axóuxere de Melide.
11.30 h: Pasarrúas a cargo da Banda de Música de Visantoña.
13.00 h: Misa solemne na Igrexa Parroquial coa intervención do Coro e Banda da Escola de Música de Visantoña.
14.00 h: Concerto da Banda no Cantón de San Roque.
20.30 h: Actuación na Praza do Convento do grupo polaco Kujawy.
23.00 h: Concerto na Praza do Convento a cargo da Banda de Música de Visantoña.
23.30 h: Gran verbena amenizada polas orquestras VENEZIA e Grupo SAMBA.

Martes 17 de agosto

10.30 h: Disparo de bombas de palenque.
11.00 h: Pasarrúas a cargo do grupo de gaitas A Maristela de Sobrado.
11.30 h: Pasarrúas coa Banda de Música de Valga.
13.00 h: Misa solemne na Capela de San Roque.
14.00 h: Concerto da Banda no Cantón de San Roque.
19.00 h: Música e contos infantís na Praza do Convento con Chimpín Express.
20.30 h: Actuación do grupo de música e baile tradicional Agarimos de Badalona na Praza do Convento.
23.00 h: Concerto na Praza do Convento a cargo da Banda de Música de Valga.
23.30 h: Verbena coas orquestras MONTES e MADEIRA.

Mércores, 18 de agosto

10.30 h: Disparo de bombas de palenque.
11.00 h: Pasarrúas co grupo de gaitas Froito Novo.
11.30 h: Pasarrúas a cargo da Banda de Música de Calo (Teo).
13.00 h: Misa solemne na Capela de San Roque.
14.00 h: Concerto da Banda no Cantón de San Roque.
17.00 h: Día do neno: diversión, xogos e xeados no Pazo de Congresos con múltiples xogos: tirolina, rocódromo, bóla xigante, tiro con arco, labirinto, palmeiras, Chicken Little, tobogán, Harry Potter, vai-vén, táboas de surf, tec.
23.00 h: Concerto na Praza do Convento a cargo da Banda de Música de Teo.
23.30 h: Verbena coas orquestras FANIA BLANCO SHOW e GRAN CANARIA.

Xoves, 19 de agosto

10.30 h: Disparo de bombas de palenque.
11.00 h: Pasarrúas a cargo do grupo de gaitas Herba Grileira de Melide.
11.30 h: Pasarrúas coa Banda de Música de Arca.
12:00 h: Na Praza do Convento, a Asociación de Xogos Populares e Tradicionais (A.G.X.P.T) organiza o IV Campionato de Tirapedras.
14.00 h: Concerto da Banda no Cantón de San Roque.
19:00 h: Concerto didáctico infantil na Praza do Convento Vento Son.
23:00 h: Concerto na Praza do Convento a cargo da Banda de Múisca de Arca.
23.30 h: Verbena coas orquestras PARÍS DE NOIA e PANORAMA.
00.00 h: Concerto folk na Praza das coles con A banda de Balbina.

Venres, 20 de agosto

10.30 h: Disparo de bombas de palenque.
11.00 h: Pasarrúas co grupo de gaitas Os Melidaos
11.30 h: Pasarrúas coa Banda de Música de Lalín.
12.00 h: Xogos Populares nas Prazas do Casco Antigo.
14.00 h: Concerto da Banda no Cantón de San Roque.
19:00 h: Teatro musicado infantil na Praza do Convento con Os tres tenedores.
23.00 h: Concerto na Praza do Convento a cargo da Banda de Música de Lalín.
23.30 h: Verbena coas orquestras GRAN PARADA e TRIUNFO.

Sábado, 21 de agosto

10.30 h: Disparo de bombas de palenque.
12.30 h: Pasarrúas con Os Charangos de Neda.
23.30 h: Verbena coas orquestras FÓRMULA e CABARET.

Non remato de entender a teima que colleron en Melide de facer festa unha semana enteira, cando o normal era que o San Roque fosen uns 3 días fortes. Prefiro unha troula máis concentrada por varios motivos:
- Pódense traer mellores actuacións (non hai que encher por encher)
- O orzamento modérase substancialmente (hai gastos fixos diarios coma os pasarrúas e as bombas de palenque que poderían reducirse considerablemente se a festa durase a metade de tempo)
- Non hai corpo que resista 9 días de carallada
¿Concordades comigo?

Venres, 13 de Agosto de 2010

A estrela de Viñetas desde o Atlántico: Terra de Man

Flipando con Terra de Man
A xente está a flipar nesta edición de Viñetas desde o Atlántico pola comercialización de Terra de Man, un produto difícil de describir (¿novela?), creado e producido por un habitual do certame, Alejandro García, a quen é doado ver en eventos frikis cunha cinta de Naruto na cabeza ou cun sombreiro de Sherlock Holmes.
Segundo comentan, a obra tivo unha tiraxe de 450 exemplares (¡menudo optimismo!) e o seu prezo é de 12 euracos, polo que quedei totalmente abraiado ao saber que venderan máis de 4 números da publicación que promocionan no seguinte vídeo:

O mellor do vídeo é a recreación pixel perfect do esquío felino capturada cunha versión sen rexistrar do HyperCam :D

Por desgraza, perdín a presentación da obra e a sinatura de exemplares que fixo o autor na carpa que hai no medio de Viñetas, pois coido que o volume vai ser máis representativo desta edición da feira do cómic que a propia guía oficial das exposicións.

ACTUALIZACIÓN (17-8-2010): Para quen non o cría, as Bibliotecas Municipais de A Coruña veñen de publicar no Facebook unha fotografía coa presentación oficial de Terra de Man na carpa de Viñetas:
Juan Carlos Sanmiguel presentando a Álex García e o seu Terra de Man

Martes, 10 de Agosto de 2010

Enjuto amósanos o destino de Clippy

A meirande parte dos usuarios do Microsoft Office odiabamos a morte ao asistente Clippy, e a través das aventuras de Enjuto Mojamuto podemos coñecer cal foi o deu destino final e por qué non puidemos velo estes últimos anos:

E xa sabedes… ¡non digades Bill Gates tres veces seguidas! ¡Que logo pasa o que pasa!

« Entradas máis novasEntradas máis vellas »

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Últimos comentarios