Domingo, 15 de Agosto de 2010

Botan a andar as festas do San Roque

Por se alguén tiña dúbidas sobre o asunto, hoxe comezan en Melide as festas do San Roque, o que vén a ser a semana grande da vila, e que conta co seguinte programa:

Domingo, 15 de agosto

10.30 h: Disparo de bombas de palenque
11.00 h: Desfile polas rúas de xiganets e cabezudos acompañados pola charanga Os Amigos de Visantoña.
11.00 h: II Marcha cicloturista de San Roque, con saída na Praza do Convento (sorteo dunha bicicleta e artigos para o ciclismo).
20.30 h: Actuación na Igrexa Parroquial da Coral Polifónica de Melide.
22.00 h: Teatro do grupo Cacharela coa obra Se o sei non volvo á casa de Manuel Varela Buxán, na Praza do Convento.

Luns 16 de agosto


10.30 h: Disparo de bombas de palenque.
11.00 h: Pasarrúas co grupo de gaitas Axóuxere de Melide.
11.30 h: Pasarrúas a cargo da Banda de Música de Visantoña.
13.00 h: Misa solemne na Igrexa Parroquial coa intervención do Coro e Banda da Escola de Música de Visantoña.
14.00 h: Concerto da Banda no Cantón de San Roque.
20.30 h: Actuación na Praza do Convento do grupo polaco Kujawy.
23.00 h: Concerto na Praza do Convento a cargo da Banda de Música de Visantoña.
23.30 h: Gran verbena amenizada polas orquestras VENEZIA e Grupo SAMBA.

Martes 17 de agosto

10.30 h: Disparo de bombas de palenque.
11.00 h: Pasarrúas a cargo do grupo de gaitas A Maristela de Sobrado.
11.30 h: Pasarrúas coa Banda de Música de Valga.
13.00 h: Misa solemne na Capela de San Roque.
14.00 h: Concerto da Banda no Cantón de San Roque.
19.00 h: Música e contos infantís na Praza do Convento con Chimpín Express.
20.30 h: Actuación do grupo de música e baile tradicional Agarimos de Badalona na Praza do Convento.
23.00 h: Concerto na Praza do Convento a cargo da Banda de Música de Valga.
23.30 h: Verbena coas orquestras MONTES e MADEIRA.

Mércores, 18 de agosto

10.30 h: Disparo de bombas de palenque.
11.00 h: Pasarrúas co grupo de gaitas Froito Novo.
11.30 h: Pasarrúas a cargo da Banda de Música de Calo (Teo).
13.00 h: Misa solemne na Capela de San Roque.
14.00 h: Concerto da Banda no Cantón de San Roque.
17.00 h: Día do neno: diversión, xogos e xeados no Pazo de Congresos con múltiples xogos: tirolina, rocódromo, bóla xigante, tiro con arco, labirinto, palmeiras, Chicken Little, tobogán, Harry Potter, vai-vén, táboas de surf, tec.
23.00 h: Concerto na Praza do Convento a cargo da Banda de Música de Teo.
23.30 h: Verbena coas orquestras FANIA BLANCO SHOW e GRAN CANARIA.

Xoves, 19 de agosto

10.30 h: Disparo de bombas de palenque.
11.00 h: Pasarrúas a cargo do grupo de gaitas Herba Grileira de Melide.
11.30 h: Pasarrúas coa Banda de Música de Arca.
12:00 h: Na Praza do Convento, a Asociación de Xogos Populares e Tradicionais (A.G.X.P.T) organiza o IV Campionato de Tirapedras.
14.00 h: Concerto da Banda no Cantón de San Roque.
19:00 h: Concerto didáctico infantil na Praza do Convento Vento Son.
23:00 h: Concerto na Praza do Convento a cargo da Banda de Múisca de Arca.
23.30 h: Verbena coas orquestras PARÍS DE NOIA e PANORAMA.
00.00 h: Concerto folk na Praza das coles con A banda de Balbina.

Venres, 20 de agosto

10.30 h: Disparo de bombas de palenque.
11.00 h: Pasarrúas co grupo de gaitas Os Melidaos
11.30 h: Pasarrúas coa Banda de Música de Lalín.
12.00 h: Xogos Populares nas Prazas do Casco Antigo.
14.00 h: Concerto da Banda no Cantón de San Roque.
19:00 h: Teatro musicado infantil na Praza do Convento con Os tres tenedores.
23.00 h: Concerto na Praza do Convento a cargo da Banda de Música de Lalín.
23.30 h: Verbena coas orquestras GRAN PARADA e TRIUNFO.

Sábado, 21 de agosto

10.30 h: Disparo de bombas de palenque.
12.30 h: Pasarrúas con Os Charangos de Neda.
23.30 h: Verbena coas orquestras FÓRMULA e CABARET.

Non remato de entender a teima que colleron en Melide de facer festa unha semana enteira, cando o normal era que o San Roque fosen uns 3 días fortes. Prefiro unha troula máis concentrada por varios motivos:
- Pódense traer mellores actuacións (non hai que encher por encher)
- O orzamento modérase substancialmente (hai gastos fixos diarios coma os pasarrúas e as bombas de palenque que poderían reducirse considerablemente se a festa durase a metade de tempo)
- Non hai corpo que resista 9 días de carallada
¿Concordades comigo?

3 comentarios realizados

a gravatar

1. gaioso escrito o 15 de Agosto de 2010 ás 13:10

Totalmente dacordo contigo Marcus. Son moitos días de festa, e aparte de ter corpo, tamén hai que ter cartos. Porque si saes de noite, gastas, si tes fillos pequenos, gastas, si tes invitados, gastas. En fin, que parece que as festas non concordan cos tempos de austeridade que nos toca vivir. Claro, que sempre haberá quen non coincida con nós e poida sacar unha boa tallada de tantos días de troula. Vai ser como a feira, que cada un fala dela segundo lle foi.

a gravatar

2. Mondoxíbaro escrito o 15 de Agosto de 2010 ás 23:59

Pois eu prefiro unha semana -por exemplo- que concetralo en 2-3 días; o corpo xa non aguanta unha troula tras outra, polo que precisas de tempo para “recuperarte”.
Por outra banda, deste xeito hai máis posibilidades de contentar a todolo mundo.
Por certo, semella que o día grande debera ser o xoves 19, o digo polo concerto da “Banda de Balbina”, senón os coñecedes, son a tralla en directo, moi recomendable; eu xa estou a fecer números e plantarme en Melide!

a gravatar

3. patry!! escrito o 24 de Agosto de 2010 ás 16:02

Marcusss
teño que decir que aguantei todos os dias de festa e se foran mais tamen segueria,pero o certo e que preferia mellor que foran menos dias eo grande porque habia dias que non habia moita xente que digamos!!! ahora toca eserar o san caralampio a festa dos borrachos!!! vemonos!!
bSs

Facer un comentario

Etiquetas (tags) permitidas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Observación: Os comentarios poderían non aparecer automaticamente, pois nalgunhas ocasións precisan de moderación por parte do administrador deste blogue.

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Últimos comentarios