A A.C. Melide Vida Musical repetiu éxito co seu II Concerto de Verán

Dende a Asociación Cultural Melide Vida Musical comunícanme o éxito do Concerto de Verán que tivo lugar a pasada fin de semana:
OUTRO GRANDE ÉXITO DA A.C. MELIDE VIDA MUSICAL
6º CHEO CONSECUTIVO NO II CONCERTO DE VERÁNA Asociación Cultural Melide Vida Musical ofreceu o seu 2º Concerto de Verán
Tivo lugar o pasado sábado día 28, cando os máis de 30 compoñentes desta Asociación con idades comprendidas entre os 8 e 17 anos, ofreceron a todos os melidenses citados na Igrexa Parroquial de Melide o seu II Concerto de Verán.
O devandito concerto tivo un grande éxito, conseguindo así por sexta vez consecutiva poder encher o aforamento total da igrexa, (estimado en 400 persoas), do cal a asociación lle está moi agradecida ao pobo de Melide polo apoio, a acollida e o cariño que lle demostran, dándolle a forza necesaria para poder continuar co seu proxecto.
Neste concerto, os 18 violíns, 6 violonchelos, frauta, baixo eléctrico, contrabaixo, piano, batería e os 3 solistas, interpretaron os temas que tiveron máis éxito en concertos anteriores, así como temas novos que prepararon estes nenos durante un longo tempo, conseguindo así un abano de contrastes no que cada tema marcaba unha notable diferenza co anterior.
Contaron esta vez coa incorporación dun contrabaixo e coas voces de Concepción Rodríguez Fariña, Patricia Méndez Asorey e Xoán Curros Vázquez.
Coa interpretación do, esquecido nos últimos anos, Himno de Melide composto por dous melidenses coñecidos: letra de Don Ramón Fraga e música do mestre Fernando Vázquez Arias o que ocasionou a posta de pé de todo o público asistente que o aplaudiu e o coreou cos nenos.
No devandito concerto, o seu presidente Alfonso García, sabendo o gran potencial musical que existe na bisbarra de Terra de Melide, fixo un chamamento a todo aquel que teña algún coñecemento musical para lograr o seu obxectivo no próximo ano que non é outro que o de poder incorporar novos instrumentos á Asociación, co fin de crecendo pouco a pouco, non só en número de compoñentes, senón tamén, en poder ofrecerlles concertos, cada vez de maior diversidade e ao mesmo tempo poder aumentar o coñecemento musical dos nosos compoñentes.
Completaron a información con fotografías que ilustran a atención captada polo evento musical:








12 comentarios realizados
1. eu mesmo escrito o 3 de Setembro de 2010 ás 0:15
e seguen a subir os altares a Fernando V.Arias and Family…. os nenos o fixeron ben pero o comentario do presidente non viña a conto… e unha pena que a asociación sexa una continuidade da sinfónica
2. música escrito o 3 de Setembro de 2010 ás 1:38
¿A que comentario te refires?. Cheguei tarde ao concerto e non escoitei a presentación do acto.
Gracias
3. eu mesmo escrito o 3 de Setembro de 2010 ás 10:39
Seica o Concello non os apoia , e que esperan tendo en conta a publciidade que fai do Concello a familia Arias?
4. música escrito o 5 de Setembro de 2010 ás 1:02
Incrible! ¿Pero quen paga a cada un dos profesores de música deses nenos e nenas? O Concello de Melide
-¿Pero quen paga cada mes a Sra. Vázquez Arias? O Concello de Melide
¿De que falta de apoio falan? Se a profesora Rosa non cobrara cada mes do concello, a boa hora pasaba o tempo con estes nenos. Pero, ¿somos tontos ou queren facernos?
Hai moi poucas persoas voluntariosas, altruístas en Melide e verdadeiramente volcadas coa cultura e progreso deste concello sen pedir nada a cambio. Dende logo, os músicos V. Arias non están incluídos nese grupo.
Todos nos coñecemos neste pobo, amigos e amigas.
5. O Memorion enmascarado escrito o 5 de Setembro de 2010 ás 11:52
Xa che digo, claro que nos coñecemos todos, e a vos coñecesevos e todos se dan conta do partidistas que sodes.
Rosa e mestra e cobra polo seu traballo, e a familia Arias, pode decir o que lle pete, sobre quen lle pete. Non creo que teñan que pedir permiso para decir o que lles de a gana.
A asociacion, non ten ningun apoio por parte do concello, gustevos ou non. E a pesar de todo seguen a facer cousas e a encher cada vez que actuan.
Teño gañas de ver, os altruistas dos que falades a prol da cultura, que organizan e que fan, para darlle vida o pobo enchendo cada vez que organicen algo.
Se non, podedes ver o que organiza o concello, o grandioso exito que teñen en todo o que fan.
Xa esta ben de falar mal, por falar.
A familia Arias, a min persoalmente non me chama en exceso, pero as cousas temos que reconocerllas, e cada vez que fan algo, sae ben.
Menos falar e mais traballar, que remata o tempo.
6. conguito escrito o 5 de Setembro de 2010 ás 16:44
Estoy alucinando! Hasta ahora me he limitado a leer los comentarios que se ponen en este foro pero esta vez no me he podido resistir ¡Escribo o reviento!
¿Me quereis hacer creer que la mafia existe en Melide? si existe algun grupo mafioso (y ahora creo que si) está claro que es el bng de Melide (y eso que no soy del PP)
Cuando leo que Rosa Vazquez Arias está trabajando en la orquesta de niños gracias a que le paga el Concello de Melide, me suena a algo vivido anteriormente ¿no se dijo que la orquesta sinfonica de Melide vivía gracias a que los profesores los pagaba el Concello. Pues la Orquesta sigue sonando por ahí en todas partes menos en Melide, así que ahora creo que aquello fue una bola más del Concello. ¿Me vais a convencer de que los ensayos con la orquesta de niños, la selección de programas y demás trabajo que realiza Rosa (además de otros muchos colaboradores) son pagados por el Concello?
Tengo entendido que ensayan los fines de semana e incluso en verano estuvieron trabajando duramente y sin cobrar ni un duro. ¿cuantos de vosotros habriais hecho eso?
Pero es que el resultado es abrumador. Cuando he visto a un grupo de chavales todando como si fueran adultos, de la manera que tocan, tengo que quitarme el sombrero ante el mérito que tiene Rosa , los demás profesores que colaboran de forma gratuita y toda la asociación que lleva esta orquesta.
Está claro que los que escriben aquí sois del equipo de gobierno o afines. Pero mejor sería que hablarais de vuestros méritos ¿que habeis hecho con el legado cultural que os dejaron? Habeis destruido lo que habia y de los que disfrutábamos todos, por cierto.
Y ahora que un grupo de vecinos (padres de alumnos del conservatorio en su mayoria) se proponen emprender un proyecto, que creo que es muy dificil, salen los destructores de siempre, incapaces de hacer nada útil, e intentan derribarlo. ¿es verdad que no se les apoya desde el Concello? ¿porque criticais a gente que lo único que hace es trabajar?. No tengo el placer de conocer personalmente a la familia Vázquez Arias, pero por lo que veo y me cuentan lo que han hecho toda la vida es trabajar y obtener buenos resultados con su trabajo.
El sábado 28 fui al concierto de los niños por primera vez y lo estaba deseando por lo mucho que me habían hablado de ellos. Al mismo tiempo en la plaza habia una exhibición de gaitas ¿fue montada a propósito? es triste que cuando la Iglesia estaba abarrotada, fuera había poco mas de una docena de personas. Está claro que era un boicot ¿pero no veis que lo que organiza el Concello no tiene seguidores, ni gusta a nadie? Programan los actos para cubrir sus gustos personales, pero no para satisfacer a la mayoría del pueblo, lo cual, es evidene, no son las gaitas.
Ya he dicho lo que pienso, y me gustaría que la gente que piensa como yo, lo haga saber, porque si no se van a creer que estamos de acuerdo con ellos.
7. carmela escrito o 5 de Setembro de 2010 ás 17:08
eu penso coma ti na maioria das cousas que dis. Está moi ben dito o problema, pero poderias escribilo en galego ¿o falo para que o bloque non te entenda?
Non me podo creer que o concerto de gaitas fora programado para boicotear o concerto da Igrexa, porque de ser así teñen moi pouca categoria. E certo que fixeron moitas cousas contra a familia V.Arias por todolos frentes, pero ata hoxe non demostraron nada do que falan.Por eso xa dudo de todo o que din.
O concerto da asociación Vida Musical foi un exito e alegrome moito de que ese proxecto se faga en Melide. O Concello debería apoialo como a outras cousas do pobo.
8. gaita escrito o 5 de Setembro de 2010 ás 17:25
A Conguito.
Despois de ler o teu texto non teño máis que dicir que “Pensa o ladrón que todos son da súa condición”.
A Mostra do traxe e música tradicional que organiza o concello ten data fixa dende hai tres anos: A última fin de semana de agosto, repito: A última fin de semana de agosto. Polo tanto, ¿Quen intentou boicotear a quen?
9. eu mesmo escrito o 5 de Setembro de 2010 ás 19:25
bla, bla y bla… que todos coñecemonos… eu non quito mérito ós nenos , o que digo é que xa está ben que a famila V. Arias vaia falando por Melide como o fai do concello e que logo esperen que os axuden… encima de burros apaleaos!!
10. conguito escrito o 5 de Setembro de 2010 ás 21:18
A gaita:
Asi que llevais tres años con ese rollo. Yo como me encuentro con gaitas a diario no me habia dado cuenta. ¿Es lo único en lo que no estas de acuerdo conmigo? A ver si voy a pensar yo eso de “cree el ladrón que todos son de su condición”.
A eu mesmo:
Los niños tienen mérito porque hay gente detrás trabajando con ellos y por supuesto eso da derecho a opinar de lo que hacen los demas, si el presidente de la Asociacion hizo algun comentario en la presentación del concierto, seguramente tenía razón.
Y si la familia Vazquez Arias habla mal del Concello, será porque tienen motivos y estamos en un estado de derecho con libertad de expresión. Yo tambien hablo mal y eso que a mi no me han hecho nada personal.Todos podemos opinar de como un equipo de gobierno hace las cosas. ¿o tu no lo habias hecho antes?
11. noite pecha escrito o 5 de Setembro de 2010 ás 22:21
Carallo CONGUITO ,ti si que lles das donde dóe….de todos xeitos non te amoles moito con esta xente…xa sabemos todos que lles queda pouco.Non paga a pena tratar de facer entender nada a este persoal…eles saben de memoria os conceptos que teñen que repetír ata a saciedade …igual pensan que somos pailás …PERO NO QUE SÍ ESTAREMOS DACORDO ,MEU QUERIDO CONGUITO, É EN QUE SON UN FATO DE IGNORANTES ….dende este espazo quero dar a miña felicitación a eses rapaces,ós profesores e tamén ó presidente..porque hai que ter coraxe pra dicir o que dixo.
12. MELICK escrito o 20 de Setembro de 2010 ás 18:20
Alfonso García o que esta facendo coa Asociación Cultural Vida Musical e preparando o salto a súa carreira política. Senón, tempo o tempo, según as miñas informacións vai ser o NÚMERO DOS NA LISTO DE PP.
Anxeles Vázquez está utilizando a Familia Vázquez Arias para os seus intereses partidistas.
O pobo de Melide non poder, nin debe ter unha Orquestra Sinfonica, non e viable, para que sirviron todos cuantiosos concertos fora de Melide, cando non temos un bó Conservatario.
A Anxeles Vázquez vaille reventar este temas nas maos, xa veredes como a Familia Vázquez acaba enfadándose con ela. (por non facer o que queren).