Caos de tráfico na Avda. de Alfonso Molina
Na páxina web de La Voz de Galicia publican a seguinte nova:
Atasco monumental en la salida de A Coruña por Alfonso Molina
Un camión ha volcado y ha interrumpido el tráfico en la principal arteria de salida de la ciudad. Solo se puede circular por un carril provisional.
La circulación por la principal vía de salida de A Coruña estuvo cortada esta mañana a consecuencia de un accidente sufrido por un camión.
El vehículo ha volcado en Alfonso Molina y provocó durante un tiempo la interrupción total del tráfico en un tramo de un kilómetro. La policía local ha habilitado un carril provisional, ya se puede circular, pero el atasco es de grandes dimensiones.
Dadas las difíciles condiciones del tráfico en A Coruña, es previsible que este siniestro provoque grandes retenciones en buena parte de la ciudad herculina.
E cumprindo coa tradición, Patricia Ferrol tivo a ben mandar unhas imaxes do caos circulatorio provocado:
Si, outro camión envorcado. ¡Xa é unha moda! E iso sen comentar que a pasada noite tamén houbo outro accidente na zona. Eu non remato de entender cómo é posible que unha zona con velocidade regulada e en pleno casco urbano estea a converterse nunha zona crítica para os camións. ¿Acaso os camioneiros pensan que están a conducir un turismo e que poden ir á mesma velocidade que o resto de vehículos pese a levar unha carga pesada?






4 comentarios realizados
1. gaioso escrito o 31 de Agosto de 2010 ás 12:51
Entón, polo que parece, hoxe houbo dous camións envorcados, un na curva de sempre, e outro na saída da cidade. Vaia caos!!
2. Mnemonick escrito o 31 de Agosto de 2010 ás 14:52
E o problema no é só o camión ou camións, se non que no outro sentido xérase outro atasco meirande por culpa do vouyeurismo típico de moitos seres… ¿humanos?.
3. Marcus escrito o 31 de Agosto de 2010 ás 15:12
O problema principal é que na Coruña non hai vías de entrada alternativas, de xeito que o problema do tráfico trasladouse a toda a cidade. Eu tiven serios problemas para chegar pola mañá a RadioVoz, pois o tráfico estaba case colapsado na saída do meu barrio e na metade do camiño, en boa media por culpa dos conductores, que entran nas rotondas cando a vía á que se dirixen está colapsada, e bloquean de todo o paso para o resto de saídas
#2 O da xente que para a mirar xa é de traca. ¡Debería darlles vergoña!
4. Nemigo escrito o 13 de Setembro de 2010 ás 21:48
é inexplicable que unha cidade (neste caso A Coruña) non teñe unhas vías de circunvalación. Incrible que pra ir dun lado ao outro da cidade teñas que entrar nela. A veces deixa a un pasmado ver camións pola cidade. Así de cando en vez hai algún que ata queda atascado nos pasos soterrados
O dos camioneiros é pra miralo con máis xeito. Non pode ser o que acontece con ista xente. Teño visto casos de algún que vai chateando co ordenador mentras conduce. Así se explica que vas pola autoestrada e ves algún ir polo arcén ou ocupar o carril da esquerda