Martes, 31 de Agosto de 2010

A A.C. Melide Vida Musical repetiu éxito co seu II Concerto de Verán

II Concerto de Verán
Dende a Asociación Cultural Melide Vida Musical comunícanme o éxito do Concerto de Verán que tivo lugar a pasada fin de semana:

OUTRO GRANDE ÉXITO DA A.C. MELIDE VIDA MUSICAL
6º CHEO CONSECUTIVO NO II CONCERTO DE VERÁN

A Asociación Cultural Melide Vida Musical ofreceu o seu 2º Concerto de Verán
Tivo lugar o pasado sábado día 28, cando os máis de 30 compoñentes desta Asociación con idades comprendidas entre os 8 e 17 anos, ofreceron a todos os melidenses citados na Igrexa Parroquial de Melide o seu II Concerto de Verán.
O devandito concerto tivo un grande éxito, conseguindo así por sexta vez consecutiva poder encher o aforamento total da igrexa, (estimado en 400 persoas), do cal a asociación lle está moi agradecida ao pobo de Melide polo apoio, a acollida e o cariño que lle demostran, dándolle a forza necesaria para poder continuar co seu proxecto.
Neste concerto, os 18 violíns, 6 violonchelos, frauta, baixo eléctrico, contrabaixo, piano, batería e os 3 solistas, interpretaron os temas que tiveron máis éxito en concertos anteriores, así como temas novos que prepararon estes nenos durante un longo tempo, conseguindo así un abano de contrastes no que cada tema marcaba unha notable diferenza co anterior.
Contaron esta vez coa incorporación dun contrabaixo e coas voces de Concepción Rodríguez Fariña, Patricia Méndez Asorey e Xoán Curros Vázquez.
Coa interpretación do, esquecido nos últimos anos, Himno de Melide composto por dous melidenses coñecidos: letra de Don Ramón Fraga e música do mestre Fernando Vázquez Arias o que ocasionou a posta de pé de todo o público asistente que o aplaudiu e o coreou cos nenos.
No devandito concerto, o seu presidente Alfonso García, sabendo o gran potencial musical que existe na bisbarra de Terra de Melide, fixo un chamamento a todo aquel que teña algún coñecemento musical para lograr o seu obxectivo no próximo ano que non é outro que o de poder incorporar novos instrumentos á Asociación, co fin de crecendo pouco a pouco, non só en número de compoñentes, senón tamén, en poder ofrecerlles concertos, cada vez de maior diversidade e ao mesmo tempo poder aumentar o coñecemento musical dos nosos compoñentes.

Completaron a información con fotografías que ilustran a atención captada polo evento musical:
II Concerto de Verán dende arribapúblico do II Concerto de Veránmoza cantando no II Concerto de Veránmozo cantando no II Concerto de Verán

Caos de tráfico na Avda. de Alfonso Molina

Na páxina web de La Voz de Galicia publican a seguinte nova:

Atasco monumental en la salida de A Coruña por Alfonso Molina

Un camión ha volcado y ha interrumpido el tráfico en la principal arteria de salida de la ciudad. Solo se puede circular por un carril provisional.

La circulación por la principal vía de salida de A Coruña estuvo cortada esta mañana a consecuencia de un accidente sufrido por un camión.

El vehículo ha volcado en Alfonso Molina y provocó durante un tiempo la interrupción total del tráfico en un tramo de un kilómetro. La policía local ha habilitado un carril provisional, ya se puede circular, pero el atasco es de grandes dimensiones.

Dadas las difíciles condiciones del tráfico en A Coruña, es previsible que este siniestro provoque grandes retenciones en buena parte de la ciudad herculina.

E cumprindo coa tradición, Patricia Ferrol tivo a ben mandar unhas imaxes do caos circulatorio provocado:
atasco en Alfonso Molina
camión envorcado
Si, outro camión envorcado. ¡Xa é unha moda! E iso sen comentar que a pasada noite tamén houbo outro accidente na zona. Eu non remato de entender cómo é posible que unha zona con velocidade regulada e en pleno casco urbano estea a converterse nunha zona crítica para os camións. ¿Acaso os camioneiros pensan que están a conducir un turismo e que poden ir á mesma velocidade que o resto de vehículos pese a levar unha carga pesada?

Así é unha batería invisible

Mentres en YouTube sobran os entusiastas do air guitar, os air drummers son menos frecuentes, de aí que resulte rechamante a curiosa intepretación do Dirty Cartoons de Menomena que fai un suposto indixente (que ten toda a pinta de ser un batería profesional facendo unha performance):

Tal e como comeza a función xa non sei se estamos ante un air drummer ou un auténtico mimo. ¡Tres puntos, colega!

Luns, 30 de Agosto de 2010

Todos cantamos Fuck You

O ano pasado non podía quitar da cabeza o Fuck You de Lilly Allen, e agora vén o tío de Gnarls Barkley, Cee-Lo Green, e provoca o mesmo efecto en milleiros de persoas co seu novo Fuck You:

Porque non son eu o único que ten a canción metida no coco, senón que incluso 50 Cent dedicoulle un remix e pola Rede xa circulan homenaxes como a que segue:

O que é unha mágoa é que este temazo estea a acadar tanto éxito cando o disco non que vai publicarse non sairá ata decembro, aínda que supoño que Cee-Lo Green saberá manterse para que chegado o día poida ter unha boa xira de concertos, pois co vozarrón que ten non debería ter problema en arrasar alí por onde vai (e se vai disfrazado de Darth Vader xa non digo nada.).

ACTUALIZACIÓN (1-9-2010) Ante o éxito da canción de Cee-Lo Green, xa hai un vídeo musical oficial (e divertidísimo):

Xoves, 26 de Agosto de 2010

II Concerto de Verán da A.C. Melide Vida Musical

Concerto de Melide Vida Musical
Repetindo a experiencia do ano pasado, aínda que cunha semana de diferenza no calendario, a Asociación Cultural Melide Vida Musical organiza o vindeiro ságado na Igrexa Parroquial de Melide ás 9 de noite e seu II Concerto de Verán.
A orquestra está composta por 30 cativos melidenses entre os que hai algunhas voces e instrumentos novos, e dividirán o concerto en dúas partes: a primeira con temas clásicos e a segundo con temas actuais e de certa sona. Rematará o evento co Himno de Melide (con música de Fernando Vázquez Arias e letra de Ramón Fraga) para procurar a recuperación dunha composición que dende a Asociación Cultural non queren que quede no esquecemento.
É de agardar que o concerto xunte tanto público coma sempre, aínda que desta volta non contará con moitos veraneantes por celebrarse no derradeiro sábado do mes, o que posiblemente agradecerá moita xente da vila (pois así será máis doado atopar asento) ;) .

Entradas máis vellas »

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Últimos comentarios