Xoves, 29 de Xullo de 2010

Olla este trailer, Bubu

Yogi Bear
Coido que estou algo desconectado das adaptacións á pantalla grande que están a facerse ultimamente, pois non sabía que estaban en post-produción unha película do oso Yogi, polo que levei toda unha sorpresa ao ver que estreaba trailer:

Temo que a película vai repetir os mesmos fallos que outras adaptacións coma Garfield, pois é moi difícil mesturar imaxe real con aminación 3D… e aínda resulta máis complexo encadear unha serie de gags para construír unha historia para unha longametraxe. De todos os xeitos teremos a Bubu, e se elixen un bo actor de dobraxe, xa pagará a pena ;)

4 comentarios realizados

a gravatar

1. Nemigo escrito o 29 de Xullo de 2010 ás 16:57

ise enlace que tes no blog pra chuza… iso pra que serve?
Morriña?

a gravatar

2. Marcus escrito o 29 de Xullo de 2010 ás 20:10

Mira que estamos susceptibles… agora borro a ligazón a Chuza e a Vieiros. Xa lles dedicarei unhas liñas nos vindeiros días.

a gravatar

3. Nemigo escrito o 1 de Agosto de 2010 ás 0:51

Xa lles dedicarei unhas liñas nos vindeiros días (sic)

Non vexo a necesidá

a gravatar

4. marcus.es » Final alternativo da película do oso Yogi (O asasinato do oso Yogi polo cobarde Bubu) escrito o 14 de Decembro de 2010 ás 11:44

[...] A película do oso Yogi está máis preto de chegar ás pantallas cinematográficas (este venres estréase nos EE.UU., aínda que a España non chegará ata o 4 de febreiro, con todo o que iso pode supor a nivel de piratería) e xa conta cunha parodia que poderiamos considerar coma un final alternativo, e que é unha homenaxe á película El asesinato de Jesse James por el cobarde Robert Ford: Esta peza é obra de Edmund Earle, e non ten ningunha relación coa película que veremos nos cines, aínda que supoño que os estudos cinematográficos non farán nada para frear a parodia, pois estalle a dar moita publicidade de balde á película oficial. por Marcus | en español | escrito en Cine, Televisión Trackback URL | RSS Feed de comentario | Enlace entrante | | | Compartir [...]

Facer un comentario

Etiquetas (tags) permitidas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Observación: Os comentarios poderían non aparecer automaticamente, pois nalgunhas ocasións precisan de moderación por parte do administrador deste blogue.

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Últimos comentarios