O problema da antena do iPhone 4
Durante os últimos días falouse moito do fallo de deseño da antena do iPhone 4, e dende CollegeHumor bromean co que Steve Jobs podería querer dicir (especialmente á xente de Gizmodo) na rolda de prensa que deu o pasado venres:
Eu persoalmente non gustei nada do xeito no que Apple está a levar este asunto, pois entre outras cousas está a culpar a outros fabricantes de móbiles de cometer o mesmo erro (o que non é totalmente certo, pois unha cousa é que tapar a antena interna do móbil coas mans afecte á cobertura e outra cousa é que sexa posible tocar fisicamente a antena) e sae ao paso regalando bumpers para os usuarios actuais (sabendo que non hai stock suficiente dos mesmos).
Supoño que despois do verán modificarán lixeiramente o iPhone 4 para evitar o problema (coido que ata podería facerse con laca) polo que moitos usuarios prefirirán agardar un par de meses antes de facerse co móbil de Apple. De todos os xeitos, dubido moito que en España os problemas da cobertura cheguen a notarse, pois as redes 3G europeas dan mil voltas ás que ten AT&T nos EE.UU. Vaia, que en zonas con boa cobertura como moito perderíase unha raia de cobertura, o que non supón o corte dunha chamada nin nada semellante. De todos os xeitos, despois do 30 de xullo sairemos de dúbidas.




12 comentarios realizados
1. José Luis Fernández escrito o 23 de Xullo de 2010 ás 23:51
Moi bo o video, teño visto algunha parodia máis deste mesmo tipo presentando a “i”.
A día de hoxe no que visitei unha morea de tendas da Coruña e de Lugo preguntando polo iPhone 4, e case todas as súas respostas coincidían: non teñen nin a menor idea dos problemas que ten o iPhone e tampouco saben cando sairá en España (supostamente sairá no mercado español o 30 deste mes). Paréceme un pouco raro que a estas alturas non teñan idea da data de saída do novo iphone…
De paso que visitaba as tendas aprobeitei para ver algún que outro teléfono como o samsung i9000 galaxy S ( http://www.gsmarena.com/samsung_i9000_galaxy_s-3115.php ) ou o sony ericsson xperia x10 ( http://www.gsmarena.com/sony_ericsson_xperia_x10-2964.php) que son competidores bastante dignos do iphone 4…
2. Marcus escrito o 24 de Xullo de 2010 ás 0:00
José Luis, nas tendas non teñen ningunha información do lanzamento do iPhone 4 porque Apple non deu información ás operadoras de telefonía, de xeito que estas tampouco puideron transmitila á canle de vendas. A semana que vén é de agardar que haxa un bombardeo de información cos prezos e tarifas de Movistar, Vodafone e Orange para o iPhone 4.
Coido que non dixeron nada antes porque estaban a resolver os problemas da antena, que provocaron unha crise de comunicación brutal para Apple. Non esperaban nada semellante, coma os problemas que teñen agora para producir o modelo branco, que ía chegar ás tendas este mes e finalmente din que ata finais de ano, nada de nada.
Non é de sorprender que ante este panorama a xente de Microsoft digan que o iPhone 4 é a Apple o que o Windows Vista a Microsoft, aínda que iso non impedirá que Apple faga máis millóns que nunca co móbil, nin que sexa un dos terminais máis atractivos do mercado.
Sobre as alternativas, o Samsung Galaxy S é sen dúbida o mellor terminal, mentres que o Sony Ericsson Xperia X10 ten un problema indignante: traballa con Android 1.6, cando o Android 2.1 é xa maioritario e outros móbiles xa teñan o Android 2.2. Antes de rematar o ano actualizarán o X10, pero que tarden un ano en renovar o software dun terminal non di moito de Sony Ericsson
3. José Luis Fernández escrito o 24 de Xullo de 2010 ás 0:39
Estiven mirando as características do Samsung galaxy S e realmente non sei se sería a mellor opción, gustoume bastante o lixeiro que era e o tamaño da pantalla, e aínda que non mo deixaron probar, vendo videos en youtube aparenta moi moi ben. O de que o Sony levaba android os 1.6 non o sabía, polo que xa queda descartado (esa versión de android instaleina no meu iphone 2g e gráficamente non me gustou nada).
Respento ao que dis do android os 2.2, o galaxy S poderase actualizar ás ultimas versións como pasaba con iphone non?
Se ó final me decido a comprar o Samsung sempre me quedará a esperanza de que a versión 3 do sistema de google supere ó iphone… (google estase facendo con xente moi capacitada para facerlle competencia ao iphone)
…e a miña gran dúbida é, que gaña google por programar un sistema operativo libre?
4. Marcus escrito o 24 de Xullo de 2010 ás 3:41
José Luis, aínda que o X10 leve Android 1.6, ten porriba unhas aplicacións de Sony Ericsson que están bastante ben, de xeito que compensan a interface obsoleta, pero é unha leria que aínda non actualizaran porque así hai aplicacións novas que non corren no trebello pese a que ten potencia de sobra para tal.
Sobre a actualización do Samsung Galaxy S a Android 2.2 aínda non ten data, pero comentábase que en Corea chegaría en agosto, polo que debería estar ao caer. De todos os xeitos, a principal vantaxe do Galaxy S é, sen dúbida, a súa pantalla, pois é dos poucos móbiles con Super AMOLED.
Que o Android 3 supere ao iOS 4 é algo moi factible, pero logo perdería fronte ao iOS 5. Vaia, que non sorprendería nadiña que cada medio ano estivese unha das plataformas á cabeza, xogando ao gato e o rato.
Sobre o beneficio de Google con Android é avidente: trátase de coller mercado. Deste xeito, Google non depende de Apple para levar os seus produtos aos móbiles, o que permítelle desenvolver mellor o seu negocio (tanto de servizos coma publicitario). O que non remato de entender é por qué Google desenvolve tanto Android coma Chrome OS (espero que a longo prazo fusionen ambas plataformas).
5. gaioso escrito o 24 de Xullo de 2010 ás 10:15
¡Que ben aproveitado por parte de Samsung…!
Samsung se rie de Apple
6. José Luis Fernández escrito o 25 de Xullo de 2010 ás 2:09
A verdade e que a resposta de Samsung foi a máis orixinal de todas.
7. Fiz escrito o 27 de Xullo de 2010 ás 19:28
Hey MARCUS..Saudos e parabéns….Sempre me lembro que compartimos día de Aniversario..Ainda que ti me leves uns cantos..XDDD. Imos maiores meu…..
Que desfrutes da xornada, e de hoxe nun ano compañeiro…
Sorte e Saude.
Bicos
FIZ
8. XHaRoY escrito o 28 de Xullo de 2010 ás 16:22
Calidade/precio eu recomendo ou o Galaxy S ou o Htc desire (o cal afortunadamente teño e estou encantado).
Máis alá das cualidades de un e outro terminal… eu son bastante anti-apple (por todo o que significa apple hoxe en día) e dende logo non son o máis indicado para falar do iphone4… pero considero que o htc desire non lle ten nada que envidiar e que o galaxy s tampouco.
Agora ben… en tarifas si que hai diferencias… as tarifas do iphone 4 ao igual que o foron as do 3gs e primeiro as do 3g… sairán máis caras e máis permanentes (contrato de permanencia) que as do resto de terminais smartphone. Pagar máis por un terminal que non supera ao resto? Para gustos cores pero considero que hai opcións mellores para elexir.
Un saúdo
9. Marcus escrito o 28 de Xullo de 2010 ás 19:01
#7 Fiz, graciñas e igualmente.
#8 XHaRoY, o Samsung Galaxy S si é bastante superior ao HTC Desire e ao Nexus One, pois aparte dunha pantalla mellor (Super AMOLED), conta con aceleración gráfica e cámara para videoconferencia, ou sexa, que é moi semellante ao iPhone 4. Amais, xa anda rulando por aí unha filtración de Froyo para tal terminal
Acaban de publicar as tarifas/prezos do iPhone 4 con Movistar e son tan bestias coma sempre. Haberá que ver o resto de operadoras, que parecen ter unhas tarifas máis atractivas, pero todo dependerá do prezo ao que deixen o terminal ao contratalas.
10. José Luis Fernández escrito o 29 de Xullo de 2010 ás 0:21
O galaxy s gústame moito, de feito é o único que me fai dubidar entre o iphone 4. O único problema que lle vexo é que o 2.1 aínda non é capaz de utilizar toda ram do teléfono (unha versión preliminar do 2.2 de samsung aínda non é capaz de administar os 512mb http://samsung-firmware.webs.com/samsungi9000.htm ) e algún que outro problema comentado coa recepción de sinal GPS comparado por exemplo co desire. A duración da batería do galaxy preocúpame bastante… Con respecto ás tarifas do iphone 4 parécenme demasiado abusibas.
PD. A min particularmente gústanme bastante os ordenadores de apple, tamén tiven o primeiro iphone, pero penso que o teléfono de apple se está facendo demasiado popular…
11. Marcus escrito o 29 de Xullo de 2010 ás 2:58
#10 José Luis, o da RAM en Android non é algo crítico, pois hai que ter en conta que a meirande parte dos terminais teñen bastante pouca (e non esquezamos que vén co dobre de RAM que un iPhone 3GS ou un iPad). Sobre a duración da batería, supoño que estará bastante ben ao ter en conta que a súa pantalla é Super AMOLED, pero de todos os xeitos non é tan preocupante coma no iPhone 4, pois pódense levar enrique unha batería segundaria cando vas de viaxe (cando vou a Santiago levo sempre unha segunda batería para o Nexus One, que saiume por uns 10 euros nunha tenda chinesa en liña).
Tampouco deixa de ser certo que agora ter un iPhone non destaca coma antes, pois estase a converter no móbil que teñen a meirande parte dos frikis tecnolóxicos, pero iso tamén ten as súas vantaxes: máis aplicacións e máis accesorios.
12. XHaRoY escrito o 30 de Xullo de 2010 ás 3:51
Sinceramente dúbido que android tarde máis de 1 ano en superar en número de aplicación ao app store.
Por outro lado con froyo considero que o galaxy s spica superará claramente ao iphone (hai que recordar as bondades da actualiazación froyo de android ^^), por outro lado o htc desire e o nexus one tamén se beneficiarán desta mellora (bueno… o nexus one xa se beneficiou de feito) e supostamente gracias a froyo a maior debilidade de ámbolos dous (o apartado gráfico) mellorará bastante (está claro que non é o mesmo que ter aceleración gráfica, pero todo o que sexa mellorar).
Todo hai que dicir… o htc desire gaña en ram xD, algo é algo… ten 576mb e a interface htc sense a min polo menos gústame bastante. Non obstante para xogar bastante co móvil mellor o galaxy… a falta de que reciba froyo os xogos máis potentes como pode ser o asphalt 5 non terminan de ir finos e de vez en cando trabase (a falta de aceleración gráfica é o motivo sen dúbida).
En fin… teño que estudar as tarifas de orange e vodafone que xa son públicas pero dúbido que non sexan un abuso en comparación as mesmas tarifas para o galaxy s ou o nexus one/htc desire.
Por último un consello, os que se decanten por un terminal de vodafone con tarifa plana de datos obrigatoria… moito coidado e estade atentos a factura.
Motivo: Dende que fai 2 meses me decantei polo desire os 2 ciclos de facturación seguintes foron completamente erroneos por parte de vodafone, e todo apunta a que en agosto sucederá o mesmo.
Cal é o error? Sinxelo… cobranche o tráfico gps como se non tiveses tarifa de datos.
Resultado: O mes pasado 100 euros de gprs e este mes a nada insignificante cifra de 325 euros sde gprs (si, uso moito o gprs do móvil), e iso porque entre outras cousas teño un desconto en facturación dun 50% durante 6 meses (senon serían 650 euros).
En fin… a ver que fago… polo momento xa se comprometeron a abonarme a diferenza inmediatamente (o mes pasado dixeronme que me abonarian o erro da factura no seguinte ciclo, pero este mes ao ser unha cantidade moito maior comprometeronse a facelo no prazo dunha semana), sen embargo estou estudando a posibilidade de poñer unha reclamación (de pouco vai a servir) polo menos como toque de atención.
Un saúdo