Dinme que teño que pasar por Ikea
Esta mañá abriu a tenda de Ikea en A Coruña, e aínda que non tiña un interese especial en vela, Vicente Piñeiro instoume a pasar por alí a mercar unha cadeira rotatoria de oficina que parece feita para min, ou cando menos iso reza o seu nome: Markus.
Iso si, a cabrona custa 159 euros e ten un deseño excesivamente sobrio (por non dicir que me parece horrenda e sen xeito), polo que supoño que deixarei morrer o conto; aínda que admito que é todo un detalle que poida comprobar na páxina web de Ikea se hai existencias da cadeira en A Coruña (así coma o feito de que estean a galeguizar o seu espazo na Internet). Se fixeran iso máis establecementos esvitariamos moitas viaxes en balde.




4 comentarios realizados
1. Nemigo escrito o 21 de Xullo de 2010 ás 22:06
non estou certo de que moitas empresas sexan quen de ter un control así de “stock”
Lembro unha vez nunha tenda de material de xardín. Tiñan á venda un parque de istes hinchable. Visto na internet. Pra non facer a viaxe chamei por teléfono. Ok, que a tiñan no almacén dispoñible. Ata alá fun. Efectivamente estaba alí posta na sección a foto. Que se preguntase na caixa. NON había nin unha no almacén, me dixeron. Nin por teléfono nin lerias: non había dende fai un ano!
O de ikea pódese ver o curioso sistema que teñen pra saber se hai prazas de aparcamento libres. Un sensor sobre cada praza de aparcamento. Diche cantos sitios hai e onde están con letreiros luminosos
2. Marcus escrito o 22 de Xullo de 2010 ás 0:17
Hai que admitir que o do stock de Ikea é flipante, porque din os días nos que haberá unidades dispoñibles (supoño que mesturarán previsións de vendas con reposicións), aínda que supoño que poden facer todo iso porque non teñen o inventario na tenda, senón no almacén, onde todo está informatizado.
Hoxe en día case calquera establecemento que teña informatizado o proceso de inventario e vendas podería ter un control total do stock, pero normalmente non o fan porque non realizan un seguimento de todos os produtos.
A min persoalmente gústame que, por exemplo, na web de PC City poida consultar se hai certo material informático na tenda de A Coruña, e se fixesen así outras tendas de informática iríalles moito mellor, pois resulta moi atractivo ir a tiro fixo (iso de encargar as cousas para telas á semana seguinte non sempre é unha opción aceptable).
3. anonimo escrito o 24 de Xullo de 2010 ás 9:00
por dios¡¡¡ non vaian o Ikea, un monstruo como ese devorará en menos que canta un galo o pequeno comerciante e a pouca industria do moble que pode haber en galicia.
Eso si, chegas a tenda e todo che encanta,estes suecos son moy listos,pero busca un moble do Ikea que che dure uns anos e poucos encontrarás.
Digo por propia experiencia.
4. Nemigo escrito o 26 de Xullo de 2010 ás 1:56
alguén vai a ikea á busca dun moble que dure anos?
Non home non, ikea é como os chinos ou como os todo a 100
Non hai máis. É un xeito de amoblar a casa por poucos cartos (se miras ben) Xente nova que busque algo con deseño e que non sexa caro
A xente non se quere enterar. Ikea non inventou nada. Calquera negocio (un pouco grande) pode vender a bo prezo. Pero iso non lles interesa aos nosos “comerciantes” Prefiren vender unha habitación por 3000 euros a vender os mobles de toda a casa por ises mesmos 3000 euros. Fan ben, pero non debera sorprenderse ninguén de que a xente non merque
Por certo, parte dos mobles de ikea os fai unha empresa galega