Venres, 2 de Xullo de 2010

Bos días aos trebellos para o verán

Hoxe foi o derradeiro programa normal do Bos Días da TVG, programa que chegará á súa fin durante o verán nunha edición reducida, e no que foi toda unha honra participar durante todo este curso. Encantoume o feito de que na Galega emitisen un magazine durante a mañá en vez de limitarse a encadear culebróns coma fan outras canles, e agardo que no futuro fagan outros espazos semellantes que saiban combinar lecer e información dun xeito tan dinámico.
Na miña última intervención falamos de trebellos tecnolóxicos pensados para o verán, comezando por unha orixinal toalla que inclúe uns altoaltofalantes (a modelo das fotos non vai incluída):

Continuamos cos produtos somerxibles e os cargadores solares:

Xa para rematar, puidemos ver un vídeo con grandes momentos do Bos Días:

Iso si, botei moi en falta o vídeo coa discusión entre Josemi e Peleteiro pola gravata:

¡Cantos momentos míticos deu o Bos Días! A ver se os profesionais que están detrás do programa (entre os que hai moitos dos que non vemos a cara en pantalla, e que fan moi bo traballo) continúan na mesma liña en futuros proxectos, apostando polas redes sociais para dinamizar os seus espazos televisivos e contribuíndo a crear unha televisión moderna e entretida. ¡Un bico a todos!

Sen comentario!

Facer un comentario

Etiquetas (tags) permitidas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Observación: Os comentarios poderían non aparecer automaticamente, pois nalgunhas ocasións precisan de moderación por parte do administrador deste blogue.

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Últimos comentarios