Martes, 29 de Xuño de 2010

Rebeca Ponte/Cardigan Bridge estrea disco

Rebeca Ponte na Praia das Catedrais
Rebeca Ponte, a quen os melidenses coñecen polo establecemento de fotografía e arte Sanoguera sito xunto ao Palacio de Exposicións da vila, sorpréndenos presentando mañá o seu primeiro disco On the windowsill na boîte do Playa Club coruñés a iso das 21:00 horas, polo que hoxe Isidoro Valerio entrevistouna no programa Voces de Galicia de RadioVoz, comezando pola explicación do nome artístico de Rebeca (Cardigan Bridge) e acompañando a conversa cun par de temas do álbum:

Audio clip: Adobe Flash Player (version 9 or above) is required to play this audio clip. You also need to have JavaScript enabled in your browser.

Na páxina web oficial de Cardigan Bridge podedes escoitar o disco completo, e quen guste e non poida asistir mañá ao Playa a ver a Rebeca, poderá acudir o 11 de agosto ás 23:00 horas na Casa Doñano de Ribadeo a un concerto acústico que promete repetir a experiencia desta semana.

1 comentarios realizados

a gravatar

1. marcus.es » On the windowsill… na FNAC (A Coruña) escrito o 21 de Setembro de 2010 ás 18:31

[...] rematou cun concerto de Cardigan Bridge/Rebeca Ponte no Playa Club para dar a coñecer o seu primeiro disco autoproducido, e esta mesma tarde (ás 19:30 horas) fará [...]

Facer un comentario

Etiquetas (tags) permitidas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Observación: Os comentarios poderían non aparecer automaticamente, pois nalgunhas ocasións precisan de moderación por parte do administrador deste blogue.

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Últimos comentarios