Estes días apareceron nos medios de comunicación varias novas moi tristes en relación a accidentes de nenos con cans, pero para quitar ferro ao asunto hai un vídeo que está a causar furor en YouTube:
Os cativos poden facer boas migas cos cadelos, sempre que estean ben educados ambos, e que haxa un adulto presente. ¿Acaso hai algún exemplo mellor que este?
Admito que encantoume o product placement de Movistar, pois aínda que é publicidade descarada, encaixa perfectamente na historia. ¡Un aplauso para Joaquín Reyes!
Hoxe no Bos Días da TVG falei con Carlos F. Amado e Laura Casares dalgunhas das novidades que puidemos ver estes días no Computex de Taipei, no que foi unha feira francamente aburrida pola teima de todos os fabricantes en lanzar os seus competidores para o iPad, aínda que apareceron algunhas novidades destacables para o público xeral como as aspiradoras robotizadas que cada vez teñen un prezo máis popular e poderían chegar a substituír ás tradicionais nuns anos:
Xa de volta na Coruña achegueime por RadioVoz para saúdar a Isidoro Valeiro e Víctor Salgado, así como para coñecer en persoa a David Serantes (autor dun podcast moi interesante), pois compartían micrófono en Voces de Galicia nun interesante debate sobre a protección de datos na Rede:
Audio clip: Adobe Flash Player (version 9 or above) is required to play this audio clip. You also need to have JavaScript enabled in your browser.
O vídeo que cita en numerosas ocasións Isidoro Valerio é o seguinte:
A pasada madrugada Enjuto Mojamuto pasou polo plató de Buenafuente para anunciar que terá serie propia (na Internet), ou sexa, para dar a coñecer a sorpresa que anunciou hai un tempo Joaquín Reyes en RadioVoz.
O primeiro capítulo da serie emitirase no cine antes da película Campamento Flipy, ou sexa, que non atoparon outro xeito mellor de animar á xente a ver o que promete ser un truñazo cinematográfico inmenso.
A intervención de Enjuto foi maxistral:
Agora só falta agardar ao martes da semana que vén para ver as novas aventuras de Enjuto Mojamuto, xa fóra de Muchachada Nui, rumbo a importalizarse na Rede.
O pasado venres comezou a venderse o iPad en España, de aí que no Turkía de Localia Coruña convidasen á xente da tenda Play para amosar o trebello de moda (a partir do minuto 9):
Admito que adoro o dispositivo en cuestión, pero non estou a gustar nada da xente que o recomenda sen comentar as súas desvantaxes escudándose do campo de distorsión da realidade de Apple.
Por se acaso, repaso algunhas eivas do iPad:
- o prezo (é carísimo)
- os accesorios (moita xente terá que mercar complementos que non só son caros, senón que logo hai que cargar con eles, cando poderían estar integrados)
- o peso (680-730 gramos é moito para soster nas mans se non tes un punto de apoio)
- o sistema de ficheiros (está pechado, polo que para copiar cousas ao chisme hai que pasar por iTunes)
- a pantalla vese mal en exteriores (calan moito este detalle) e incluso en moitos interiores (polos reflexos)
- sen Flash (parece unha parvada, pero non poder acceder a certos contidos na web, especialmente páxinas web de canles de televisión, resulta frustrante)
- o prezo (¿comentei que é carísimo)
De todos os xeitos, está claro que este novo tipo de produto vai conseguir atopar un espazo de seu, de xeito que os que queiran estar á última poden adquirilo agora, mentres que os que prefiran coidar o seu peto poderán agardar uns meses para mercar produtos alternativos baseados en Android, aínda que dubido moito que chegue a saír algún realmente atractivo antes de rematar o ano (pois a igualdade de prezo o normal é decantarse por Apple, e os produtos de preto de 200 euros aínda non dan a tallas).