Martes, 1 de Xuño de 2010

O iPad en Turkía

O pasado venres comezou a venderse o iPad en España, de aí que no Turkía de Localia Coruña convidasen á xente da tenda Play para amosar o trebello de moda (a partir do minuto 9):

Admito que adoro o dispositivo en cuestión, pero non estou a gustar nada da xente que o recomenda sen comentar as súas desvantaxes escudándose do campo de distorsión da realidade de Apple.
Por se acaso, repaso algunhas eivas do iPad:
- o prezo (é carísimo)
- os accesorios (moita xente terá que mercar complementos que non só son caros, senón que logo hai que cargar con eles, cando poderían estar integrados)
- o peso (680-730 gramos é moito para soster nas mans se non tes un punto de apoio)
- o sistema de ficheiros (está pechado, polo que para copiar cousas ao chisme hai que pasar por iTunes)
- a pantalla vese mal en exteriores (calan moito este detalle) e incluso en moitos interiores (polos reflexos)
- sen Flash (parece unha parvada, pero non poder acceder a certos contidos na web, especialmente páxinas web de canles de televisión, resulta frustrante)
- o prezo (¿comentei que é carísimo)

De todos os xeitos, está claro que este novo tipo de produto vai conseguir atopar un espazo de seu, de xeito que os que queiran estar á última poden adquirilo agora, mentres que os que prefiran coidar o seu peto poderán agardar uns meses para mercar produtos alternativos baseados en Android, aínda que dubido moito que chegue a saír algún realmente atractivo antes de rematar o ano (pois a igualdade de prezo o normal é decantarse por Apple, e os produtos de preto de 200 euros aínda non dan a tallas).

2 comentarios realizados

a gravatar

1. Nemigo escrito o 2 de Xuño de 2010 ás 0:52

que bonito é… mércao ti e xa nos dis como vai. Isto vai ser como o iphone. Mellor mercar un clon ou darlle á competencia

a gravatar

2. Marcus escrito o 2 de Xuño de 2010 ás 2:21

Eu teño pensado mercalo (aínda que non teño presa), pero xa coñezo a xente que o ten e o produto mola, pero depende moito do uso que queiras dárlle.
Iso si, os clons, polos momento, son un truñazo: con Windows 7 non son realmente tablets e con Android aínda non van ben porque o Android optimizouse para móbiles (non para tablets).
Supoño que no outono comezarán a madurar os tablets con Android, pero vai pasar coma o iPhone, ou sexa, que Android podería tardar un ano en pórse á altura de iPhone OS. Non esquezamos que agora mesmo xa hai milleiros de aplicacións (e moitas de calidade) adaptadas ao iPad, mentres que as aplicacións de Android para terminais tipo tablet destacan pola súa ausencia. Tempo ao tempo (o peto é o mellor argumento para agardar).

Facer un comentario

Etiquetas (tags) permitidas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Observación: Os comentarios poderían non aparecer automaticamente, pois nalgunhas ocasións precisan de moderación por parte do administrador deste blogue.

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Últimos comentarios