Sábado, 19 de Xuño de 2010

Nexus One (I): Recibindo o terminal

A primeiros de ano decidín que o mes de abril, data na que se estimaba a chegada a España do móbil Nexus One, ía mudar do meu vello iPhone 2G ao terminal promovido por Google ou a outro móbil semellante (de feito, gusto máis do seu irmán, o HTC Desire, que vén con radio FM activada e substitúe o trackball físico por un trackball óptico). Finalmente a chegada a Europa dos móbiles co sistema operativo Android 2.1 demorouse bastante, e finalmente foi o mes de maio o elixido para a súa comercialización, coincidindo coa feira Google I/O, na que ían presentar o Android 2.2, polo que decidín agardar a tal evento para decidir o terminal que pillar.
Unha vez presentada a nova versión de Android alcumada Froyo, que melloraba considerablemente o rendemento do sistema operativo e incorporaba novidades como a compatibilidade con tecnoloxía Flash na web, vin que era un momento ideal para dar o paso, e ante ante a falta dun calendario de actualizacións para os mellores móbiles con Android que hai no mercado (concretamente o mencionado HTC Desire e o impresionante Samsung Galaxy S), decidinme polo Nexus One. Cal foi a miña sorpresa cando, ao consultar o prezo ao que me sairía o móbil por puntos con Vodafone, vexo que tiña que apoquinar preto de 400 euros polo Nexus One (cando por eses cartos é posible pillar o HTC Desire ¡libre!), polo que fixen a xogada de pedir a portabilidade a outra compañía. Chámanme, e ofrécenme o Nexus One por menos de 200 euros (ou sexa, dividiron o prezo directamente entre 2), o que considerei que seguía sendo un abuso, pois ao renovar o terminal adquiría un compromiso de permanencia de 18 meses cunha tarifa de datos de 15 euros/mes, polo que optei por ir pola brava e, aínda que non coñecía a ninguén que fixera a xogada, decidión rebotar de compañía: ou sexa, completei a portabilidade a Simyo (operadora que non ten compromiso de permanencia) e o mesmo día que me activaron a liña, solicitei unha portabilidade a Vodafone como autónomo para aproveitar unha promoción coa que me deixan o Nexus One por 0 euros cun compromiso de permenencia de 18 meses que, en caso de non respectalo, conleva unha penalización máxima de 150 euros (¡¿ein?!). De todos os xeitos, a miña intención é seguir con Vodafone, pois é a compañía coa que estou máis satisfeito. Iso si, o que podo asegurar é que os cambios de compañía non cumpriron (en ningún dos 2 casos de portabilidade que fixen) cos prazos marcados por lei, tardando o proceso bastantes días máis dos prometidos polas operadoras: comecei o 21 de maio o proceso de portabilidade de Vodafone a Symio e rematei o paso de Symio a Vodafone o 17 de xuño, ou sexa, preto dun mes nun proceso que debería levar menos de 2 semanas.

O Nexus One recibino o pasado martes, e decidín facer un unboxing do terminal, que vén nunha caixa que lembroume moito á do iPhone, pese a ser en cor branca (cando o iPhone vén nunha caixa negra):
Caixa do Nexus One de Vodafone
Caixa aberta
Contido
O paquete inclúe o móbil, unha funda, a batería, unha tarxeta SIM, cargador, cable USB-micro USB para conectar o móbil ao PC, uns auriculares (cómodos e de bastante calidade) con micrófono e controis de salto de canción e reprodución/pausa/responder o teléfono (tamén traen pinza e almofadiñas para os auriculares, pero son elementos opcionais).
Acendido
O acendido do móbil impresiona bastante, por presentar unha animación moi colorida na que podemos apreciar a boa resolución de pantalla do terminal (480 x 800 píxeles). Amais, emprega tecnoloxía AMOLED, polo que en interiores a súa visibilidade é moi boa (baixo a luz do sol non se ve un carallo).
BenvidaUnha vez prendido o aparello a cousa é bastante discreta, principiando cun asistente que guíanos na configuración inicial do móbil, proceso moi sinxelo sempre que sexas usuario de servizos de Google.
Vaia, que para alguén que use Gmail, Twitter e Facebook, a integración destas 3 plataformas no móbil é case directa, introducindo no terminal todos os contactos nestas redes sociais de xeito que, en pouco tempo, temos controlados a todos os nosos amigos dende o móbil, aínda que para todo iso hai unha pega moi grande: importar directamente os datos doutro móbil ao terminal novo é unha tarefa imposible (temos que pasar polo aro de Google para levar a nosa vella axenda ao novo móbil). Hai ferramentes que pretenden axudar neste proceso, pero ningunha é perfecta. Ao final, unha das cousas máis prácticas é exportar/importar a información en ficheiros CSV :(

Nos vindeiros días procurarei falar un pouco máis da miña experiencia co Nexus One e con Android, así como as diferenzas co iPhone, que van máis alá do filosófico (aínda que non debería).

17 comentarios realizados

a gravatar

1. Nemigo escrito o 19 de Xuño de 2010 ás 13:00

o cargador do móbil ten o mesmo tamaño que a fonte de alimentación do Scalextric!

a gravatar

3. xotengo escrito o 19 de Xuño de 2010 ás 13:45

Sin permiso he puesto el artículo en nuestro blog :)
¿Cuánto por el Iphone?

a gravatar

4. Mnemonick escrito o 19 de Xuño de 2010 ás 17:31

Aquí un usuario do precioso pero “maldito” Xperia X10 cun Android 1.6 (a espera da actualización).

Espero que poidas falar do problema de ter todolos teus datos nas redes de Google (Calendar, Contactos, etc) pra poder “sincronizar” ou introducir datos. Cousa especialmente molesta tendo en conta o sinxelo e super funcional PC-Suite doutras marcas.

Además, espero poidas falar das aplicacións necesarias e “necesarias” (as primeiras, as que no podes vivir sen elas; as segundas, as que “non se debería” vivir sen elas) e ónde atopalas, porque é todo un show.

Por último, rematar coa “impertinencia” de ter unha obligatoriedade de conexión a internet pra facer consultas de mapas (lol), consultas de axenda, consultas de case todo… e as cualidades que UN TELÉFONO (non debemos esquecer qué é isto) teñen, como nivel de altavoces, nivel do auricular principal, facilidade dos sms e MMS, etc.

Graciñas polo teu traballo en conxunto, que é o mellor que vin en moito tempo.

a gravatar

5. Marcus escrito o 19 de Xuño de 2010 ás 18:49

#3 Polo momento do iPhone aínda non hai prezos oficiais. Dende Movistar publicaron unhas tarifas por puntos e desmentíronas ao día seguinte. Segundo parece, esperan que o prezo do iPhone 4 sexa igual que o do iPhone 3GS, de aí que é doado saber cómo queda a cousa.
Como desta volta o iPhone 4 vai estar con Movistar, Vodafone e Orange, supoño que o importante non será comparar o prezo do móbil, senón o prezo das tarifas mensuais, ou sexa, que cómpre facer un cálculo do custo de posesión do terminal durante 18 meses.

#4 Temo que polo XPERIA X10 vas ter que agardar ao último trimestre do ano para actualizar a Android 2.1 (Sony Ericsson non dixo aínda nada da 2.2) aínda que hai unha esperanza: aseguran que o XPERIA X8 terá Android 2.1 no terceiro trimestre do ano, o que podería adiantar a actualización dos seus irmáns, o X10 e o Mini.

Intentarei falar das aplicacións que teño instaladas e que considero imprescindibles, así como dalgún outro detalliño que vaia xurdindo. Sobre a necesidade de ter unha tarifa de datos no móbil, é abraiante ver como, se non desactivas a conectividade de datos, o móbil non para de acceder á Rede.
Tamén está o detalle de utilizalo coma GPS, que despois de facer unha proba recoñezo que ten unha calidade máis que aceptable, pero o consumo de usar 3G e GPS á vez é brutal, machacando a batería e facendo ferver o terminal, polo que entendo que iso só debería facerse co cargador do coche. Iso si, agardemos que en breve poñan á venda en España os accesorios oficiais do Nexus One, pois pagan a pena (especialmente o soporte para o automóbil).

a gravatar

6. xotengo escrito o 20 de Xuño de 2010 ás 8:32

Non me expliquei ben no meu comentario. ¿Canto pides polo teu vello iPhone? Ja, ja, ja. A min valeríame igual sin pantalliña tipo retina de abella do Himalalla. Agardo oferta.

a gravatar

7. Marcus escrito o 20 de Xuño de 2010 ás 21:03

Xotengo, o meu iPhone era o 2G, ou sexa, que é un modelo que xa ten 3 aniños ás súas costas, polo que non o recomendo moito: ten unhas liñas de píxeles mortos na parte inferior da pantalla por mor dunha caída, a batería está bastante gastada (aínda que unha nova nas webs chinesas sae nuns 5 euros) e ao ser da primeira xeración de terminais de Apple queda fóra das actualizacións de software, de xeito que o iOS 4 (que sae este mes) non funcionará no terminal.

Vaia, que aínda que utilizalo coma iPod Touch é posible (é o uso que lle dou actualmente, especialmente no coche, onde aproveito o Bluetooth para escoitar podcats polos altofalantes do meu vehículo), pero coma teléfono presenta moitas carencias que foron corrixindo nas sucesivas versións do iPhone.

a gravatar

8. xotengo escrito o 20 de Xuño de 2010 ás 21:28

Ben, acougaréi enton co meu iPod Touch recién mercado. Grazas pola túa sinceridade :) Agardaréi enton tres aniños máis a ver si daquela o teu Nexus One mo vendes por un módico prezo. :)

a gravatar

9. Marcus escrito o 20 de Xuño de 2010 ás 22:22

Jajaja, dubido que aguante 3 anos co Nexus One. Eu aguantei co iPhone tanto tempo porque quería continuar con Vodafone, e non é ata este verán cando o iPhone racha a exclusividade con Movistar (aguantaron moito máis do esperado, pois ao final España foi o derradeiro país de Europa en dar tal paso), polo que supoño que en menos de dous anos pillarei un iPhone, un Android ou outro móbil que estea de moda (sempre que poida conseguilo a bo prezo).
En parte dáme algo de mágoa non ter agardado un chisco máis para facerme cun Samsung Galaxy S, pero é que se me poño a agardar sempre ao seguinte móbil pasa coma co iPhone 2G, que doulle uso moito máis tempo do debido.

a gravatar

10. Jorge escrito o 23 de Xuño de 2010 ás 22:24

Como vai ese nexus, ¿vale a pena?

a gravatar

11. Marcus escrito o 24 de Xuño de 2010 ás 0:00

Jorge, continuarei contando cousas do Nexus One nos vindeiros días (coma o venres no Bos Días), pero adianto que para min paga a pena, aínda que moitos preferirán un iPhone precisamente por ser menos personalizable.

a gravatar

12. Jorge escrito o 24 de Xuño de 2010 ás 10:28

Asi me gusta publicidade encubierta ;-), vereino o venres

un saudiño

a gravatar

13. Xaquin escrito o 27 de Xuño de 2010 ás 0:14

Boas Marcus,

Eu teño dende fai tres semans a Desire e a verdade que estou moi contento, é un cohete e moi,moi completo. Unha magoa que non soubese das túas peripecias con vodafone, estívenlle explicando a David (Intramuros) como conseguilo por 0€, foi algo parecido o teu pero sin ter que sair e voltar a entrar de vodafone.

As aplicacións de google son unha pasada, é certo que o navigator consume moita bateria pero o seu rendemento é abraiante, recoñecemento de voz, google goggles (sacas foto de calquera cousa e buscache a información na rede), gtalk, maps, Gmail…

O reproductor de música non ten nada que envidiarlle o ipod touch e digocho por experiencia.

Se non as coñeces recomendache as seguintes aplicacións:

Flashapp: flash led como linterna
cardio trainer: dache datos da actividade deportiva (se non eres deportista é moi útil se che gusta dar paseos)
Baterry Snap: todolos datos sobre o estado da tua batería
Spotify: pena que precises de conta premium (pódese conseguir de gorra)
Mi guia TV: progamación de unha chispa de canles.

Ata agora é o que utilizo porque aínda estou verde co android, sempre tiven nokias, o salto é espectacular.

a gravatar

14. Marcus escrito o 27 de Xuño de 2010 ás 1:12

Xaquín, fixeches moi boa compra. O HTC Desire pode considerarse superior ao Nexus One, pero eu optei por este último por aquilo de que hoxe tiña moitas ROM alternativas así coma soporte oficial de Froyo.
Sobre o consumo de batería do navegador, é algo evidente, e precisamente por iso hai un soporte para o coche que integra cargador e mans libres (espero que o poña á venda en España.
Sobre os reprodutores musicais para Android discrepo lixeiramente: son bos, pero aínda non son excelentes. Por exemplo, para a función de sleep hai que usar aplicacións de terceiros. De todos os xeitos bTunes, doubleTwist, Google Listen e compaña progresan axeitadamente.

a gravatar

15. Xaquin escrito o 27 de Xuño de 2010 ás 1:37

Pode ser que eu non utilice todas as posibilidades do ipod pero de momento non notei o cambio (en canto a calidade e rapidez me refiro).

O do GPS a min pareceme que ten mala solución, lin na rede que se fas un uso moi intensivo, o trebello quentase que da gusto (preto dos 50º),e non sei ata que punto é bo poñer o aparato a esas temperaturas. Para mín non é un problema, xa que eu non fago uso intensivo do navigator, so para sacarme dalgún apuro puntual.

Para min o gran defecto do terminal é a pouca capacidade de almacenamento que ten e que non se podan instalar app na sd (En breve, estará resolto a traves de Froyo), tiven que mercarlle unha micro sd de 16 Gb para poder xubilar o Ipod.

a gravatar

16. Marcus escrito o 27 de Xuño de 2010 ás 9:42

O problema dos reprodutores multimedia está na interface de uso, que vai pulíndose pouco a pouco. Por exemplo, se estás a escoitar un ficheiro de audio de 2 horas de duración non tes facilidades para desprazarte en pequenas unidades de tempo (algo que tardaron 2 anos en arranxar no iPhone).
No tocante ao uso do GPS, tamén entendo que é para usos puntuais (en caso contrario o seu sería instalar un navegador no vehículo).
E sobre o espazo de aplicacións (problema que tamén presentaba o iPhone durante o seu primeiro ano), imos tardar bastante en ver solución, pois hai que agardar a que adapten as aplicación para que funcionen dende a SD (eu teño Froyo e só conseguín pasar á tarxeta de memoria a 2 aplicacións). Iso sí, co Samsung Galaxy S non hai problema, pois vén con 8/16 Gb de memoria interna.

a gravatar

17. XHaRoY escrito o 21 de Xullo de 2010 ás 18:51

Como dono dun htc desire dende fai mes e medio e por tanto empezando a dominar un pouco android, recomendo varios programas máis.

1º Open advanced task killer (Programa que tal como indica o seu nome encárgase de eliminar aplicacións que se continuan executando no teléfono. O que teña un android poderá comprobar como unha das bondades do S.O do que falamos, é que xestiona el soiño as aplicacións que están abertas… de tal forma que non é necesario cerralas xa que o fai automáticamente cando é mester. Aínda así… para aforrar batería entre outras cousas… e útil cerrar as aplicacións unha vez se deixan de usar… e o task killer é perfecto para iso. Configurable, pódense añadir excepcións e funciona automáticamente).

2º Empatado en calidade co task killer e seguramente un compañeiro perfecto para alargar a duración da bateria: JuiceDefender. Está en inglés pero é fácil de entender e en fin… a duración da bateria aumenta considerablemente… aproveita todo o tempo que o móvil está en repouso para desactivar todo o que non necesitemos e así alargar a duración da batería. No meu caso duplicase practicamente a duración.

As aplicacións das que falou marcus non as repetirei… pero google goggles, navigator, gmail, traductor de google, búsqueda por voz e algunha que outra máis de google… son imprescindibles. Barcoder scanner outra igualmente imprescindible.

3º Mybackup Pro: De xeito similar a se fose un pc… podes crear con este sinxelo programa copias de seguridade dos teus contactos, programas ou da configuración do teléfono tanto na sd como vía internet nun almacenamiento web que o propio programa che ofrece.

4º Aplicacións varias: Movie finder (indicache nos cines máis próximos a cartelera do momento e o horario das sesións), netcounter (contabiliza o tráfico web… moi interesante para todo aquel que teña unha tarifa limitada (en mb) de internet móvil, astro (administrador de carpetas moi útil e sinxelo) e en fin para gustos cores… iso xa a gusto de cada un… hai foros moi especializados en android e inclusive en htc.

Por último e seguramente a aplicación máis importante para todo aquel que non queira pagar “un can” por aplicacións android: apekeitor ou APKtor.

Tratase dun “market” alternativo onde se poden atopar aplicacións de pago de forma gratuita (por decilo dunha maneira bonita), para iso hai que facer un par de cousas:

1º Descargar o programa do market android (si si, podese descargar do market oficial).

2º Vamos a axustes/aplicacións e seleccionamos Oríxenes desconocidos (polo menos así é no htc desire) de tal forma que esa opción queda activada.

3º Volvemos a APKtor e pinchamos en Menu… ahi ten que aparecer unha opción que se chama: Repositorios. Pinchamos.
Ok, pois de novo menu e pinchamos en Novo Repositorio e añadimos os repositorios que coñezamos.

pd: Un repositorio é unha dirección web na cal se encontran os programas android que a posteriori poderemos descargar.
Por ética non direi os repositorios máis coñecidos… pero é algo fácil de atopar por internet.

En fin… unha vez se fai iso… o programa indica que esta actualizando a lista de aplicacións o cal pode tardar uns minutillos… unha vez finalizado saíran unha lista bastante grande de aplicacións ordenadas alfabeticamente (a pega e que non se pode buscar por nome) das cales a maioría funciona correctamente, un 95% por experiencia persoal.

En fin… para terminar recomendo para axudar aos “desarrolladores” non descargar gratis aplicacións de pago que vos gusten… é dicir… podedes descargar de APKtor unha aplicación gratis que en realidade é de pago… pero se realmente cumple coas vosas espectativas, pagade por ela unha vez o teñades claro. Por un par ou 3 euriños non pasa nada e estades axudando a que a xente non abandone android.
En fin… :P, eu é o que fago… probo algo e se me gusta reinstalo o programa pagando. Un saúdo.

Facer un comentario

Etiquetas (tags) permitidas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Observación: Os comentarios poderían non aparecer automaticamente, pois nalgunhas ocasións precisan de moderación por parte do administrador deste blogue.

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Últimos comentarios