Domingo, 13 de Xuño de 2010

Para limpar os zapatos hai que botarlle huevos

Moitas son as marcas que cando chegan a outros países teñen que mudar para evitar ofender ou provocar risas, de xeito que en España o Mitsubishi Pajero chámase Montero, e miña nai atopou unha marca de lustre para os zapatos que en Galicia debería ter un nome máis discreto:
Collonil
A min unha marca coma Collonil paréceme máis un medicamento para os testículos que unha marca de limpeza de calzado e pel, de aí que me sorprendese que incluso veña dunha empresa seria e que non corresponda a un nome aleatorio dunha empresa de orixe asiática. Supoño que as persoas que pidan este produto nas zapaterías en Galicia dirán ao dependente que queren ese de aí para evitar escarallarse de risa co curioso nome. ;)

Xa postos a criticar nomes curiosos, instaría a Motorola a que en España non chame FLIPOUT a un dos seus novos terminais, porque iso de ter un móbil flipao é raro de máis.

4 comentarios realizados

a gravatar

1. Nemigo escrito o 13 de Xuño de 2010 ás 1:06

a mellor marca con diferencia pode que fose a mítica ginebra FOCKING

a gravatar

2. Marcus escrito o 13 de Xuño de 2010 ás 12:30

A bebida é FOCKINK, que ten unha pronunciación bastante diferente.

a gravatar

3. Diego escrito o 13 de Xuño de 2010 ás 18:59

Falando de publicidade onte vin un spot de maquillaxe que tiña por fondo musical a sintonia da serie Magnum. Vivir para ver (ou oir).

a gravatar

4. lauren escrito o 24 de Xuño de 2010 ás 22:50

Concha Velasco en Argentina ten que mudar o nome…

Facer un comentario

Etiquetas (tags) permitidas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Observación: Os comentarios poderían non aparecer automaticamente, pois nalgunhas ocasións precisan de moderación por parte do administrador deste blogue.

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Alianzo Rank de GalegoAlianzo Rank de Galicia

Últimos comentarios