Luns, 31 de Maio de 2010

«Non son Enrique Dans»

Rubén Bouso no B-Web
O pasado venres tivo lugar en ExpoCoruña a primeira edición de B-web, evento no que 12 profesionais do sector TIC analizaron as últimas estratexias do márketing na Internet ante unha audiencia de preto dun cento de persoas. Entre os relatores estaban Pera Rosales, José Manuel Alarcón, Rubén Bastón, Daniel Seijo, Xosé Ramón Nóvoa, Javier Varela, o simpatiquísimo Daniel Weiss, o omnipresente Enrique Dans ou Nico Castro, quen tivo o detalle de agasallarme cunha orixinal camiseta:
Spam para hoy y hambre para mañana

O B-web rematou ás 20:00 horas (coa promesa de repetir a experiencia antes de rematar o ano), cando pasou o relevo ao LaconNetwork, un encontro de emprendedores tecnolóxicos que desta volta xuntou a bastante xente, aínda que non foi un xantar coma era habitual, aínda que volverá ao rego o último venres de xuño. A cousa promete moito.
O que foi unha mágoa é que Enrique Dans non puidera quedar pola tarde (coma xa comentara no seu blog) o que Xosé Ramón Nóvoa corrixiu recollendo a credencial de Dans e pendurándoma ao pescozo, o que retratou Moisés Mateo de Ayco:
Marcus Fernández emulando a Enrique Dans
Chego a ter un proxector de vídeo a man e faría unha presentación multimedia sobre redes sociais e a conversa ;)

1 comentarios realizados

a gravatar

1. O encontro B-web axuda a definir o papel das empresas nas redes sociais - Código Cero - Diario Tecnolóxico de Galicia escrito o 3 de Xuño de 2011 ás 10:52

[...] de redes sociais como a abundancia de malas prácticas por parte de compañías que responden á máxima de «spam para hoy y hambre para mañana» que Nico Castro (Nivel03) destacou especialmente ….   Grupo Código Cero Comunicación, S.L. Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C [...]

Facer un comentario

Etiquetas (tags) permitidas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Observación: Os comentarios poderían non aparecer automaticamente, pois nalgunhas ocasións precisan de moderación por parte do administrador deste blogue.

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Últimos comentarios