As forzas do Imperio toman Compostela
Esta tarde non puiden quedar en Santiago para ver cómo unha formación de Stormtroopers imperiais tomaban a Praza do Obradoiro deixando claro que ante a crise económica non hai monarquía nin República que sirva, e debemos someternos ao Emperador e á férrea man de Darth Vader
Por fortuna, a través de Twitter puiden ver un completo seguimento do evento, que tamén cubriron no Telexornal da TVG:
Correo TV tamén fixo o propio:
Despois desta xornada queda claro que a posibilidade de que os frikis dominemos o mundo segue aí, e cada día conta con máis forza. ¡Bazinga!




7 comentarios realizados
1. Andrés López escrito o 23 de Maio de 2010 ás 15:36
Vostede pouco friki é, ou doutro xeito non poñería só vídeos e novas de medios “tradicionais” e tiraría por un “faitunbló” ou “argallaunfeisbú”. Nesta ocasión, un 0 en frikismo, señor Marcus
2. Marcus escrito o 23 de Maio de 2010 ás 16:38
Andrés, é que desta volta o medios tradicionais fixérono bastante ben. Mira se non o blog móbil de La Voz de Galicia, que publicou unha entrada da festa no Obradoiro e outra coa movida nocturna posterior.
Admito que seguín moito o asunto por blogs e Twitter, pero non era plan de fusilar un cento de fotografías tomadas doutros sitios. Flickr e Twitpic fervían durante toda a xornada
3. fandinho escrito o 24 de Maio de 2010 ás 1:46
o evento eu calificaríao como un rotundo esperpento. segundo nos informaban, as sete seria o “desfile” no obradoiro, as sete menos vinte estaba todo rematado, os traxes de stormtroopers, a maioría de pena,que por outra banda, non eran os 160 que se decían nin de coña.
as “caracterizacións” algunhas só había que mirar pa ela, e pa mostra un botón, só hai que mirar para o Chewbacca que se ve no primeiro video, parece “dos chinos”.que por certo, é máis baixo que Dart Vader… e tantas e tantas cousas.
creo que crearon demasiadas espectativas, e logo non puideron estar a altura.
unha mágoa
4. Andrés López escrito o 24 de Maio de 2010 ás 12:23
Fandinho, moi crítico te vexo. Será que non lestes ben? O desfile ía ser de 5 a 7, anunciado con meses de antelación. Ou sexa, ás 7 todo rematado (incluída a santa paciencia que tiveron os protagonistas do mesmo para posar cos fans e cos que quixeron ter fotos para a lembranza). Os traxes de Stormtroopers estaban moi ben, non sei que querías ver: os orixinais que empregou George Lucas? En canto ás caracterizacións, foi todo feito “á man”, como se fose un entroido, así que non se lle pode pedir máis. Sen apoios institucionais, só pola xente, penso que te estás pasando coa esixencia.
Marcus, iso de que os medios tradicionais o fixeron ben diralo ti. Vaite polo grupo en Facebook e verás as reseñas dalgúns, que se inventaron traxes de 6.000 euros e outras lindezas. Algúns o fixeron ben, por suposto. Non sería por falta de información, pois na web estaba todo malladiño
5. Marcus escrito o 24 de Maio de 2010 ás 13:37
Andrés, con que o fixeron ben referíame a que deron cobertura do evento. Ou sexa, que toda España puido saber que en Compostela tiña lugar un encontro friki.
Sen ir máis lonxe, esta fin de semana celebrouse ExpOtaku na Coruña e non tivo repercusión mediática (anunciouse nun par de xornais, pero pouco máis). É difícil saber cando a un evento van dar importancia e cando non.
6. Alfonso García escrito o 24 de Maio de 2010 ás 15:02
“non era plan de fusilar un cento de fotografías tomadas doutros sitios”: pero home de deus! se unha das cousas que pedían os organizadores aos fotógrafos era que publicasen baixo licenza Creative Commons! Non se trata de fusilar, senón de divulgar… mais o tema non é ese agora, o desfile encantoume, e por ser a primeira vez e facer tanta quentura, están todos os fallos desculpados! unha medalla lles tiñan que dar, por poñer por un día (ou máis) a Santiago no mundo por puro pracer e por darnos gusto aos fans da serie de Lucas
7. marcus.es » Bailando baixo a choiva galáctica escrito o 17 de Agosto de 2010 ás 21:26
[...] moi divertido que fose o paseo das forzas imperiais pola compostelá Praza do Obradoiro, noutras partes do mundo buscan outros xeitos de dar a nota, e quedei abraiado pola produción que [...]