Domingo, 23 de Maio de 2010

Otakus a centos en EXPOCoruña

entrada de ExpoCoruña
Esta tarde pasei por EXPOCoruña para visitar a primeira edición de ExpOtaku, e quedei gratamente sorprendido, pois non esperaba que un evento de tal tipo puidese axuntar a tantísima xente.
otakus disfrazados
Cando cheguei había varios centos de asistentes no lugar, pero comentáronme que non era nada comparado co día anterior, cando superaron o milleiro de visitantes, o que parece unha auténtica animalada para un encontro tan pechado (está dirixido a afeccionados ao manga e o anime).
Disfraces de Metal Gear Solid
Moitos dos presentes apareceron disfrazados, uns con mellor fortuna que outros, pero aínda que os disfraces correspondían principalmente a personaxes de anime, escachei coa risa ao ver que había quen decidiu disfrazarse de personaxes de Metal Gear Solid… ¡Incluíndo a Snake camuflado nunha caixa!
Xogando ao Pang
Pero non só de manga e anime ía o conto, senón que tamén había unha sección dedicada aos videoxogos, especialmente ás plataformas clásicas, servindo de anticipo ao RetroCoruña 2010 que terá lugar en Sada o 3 de xullo.

Tamén vin outras cousas que algúns poderían considerar abraiantes como unha moza xogando ao Street Fighter IV (si, si, o xogo non era nin o Tetris nin o Puzzle Bobble):
Moza xogando ao Street Fighter IV

Un rapaz cun zancos cos que pegaba uns chimpos impresionantes:
zancudo

E incluso un libreiro sendo amable cos seus compradores habituais: ;)
Tanxencias Comics en ExpOtaku
Vaia, que visto o visto, non teño dúbida de que este certame terá unha segunda edición en 2011. Vemos así que Viñetas desde o Atlántico pode convivir con máis celebracións frikis na cidade, e incluso poderían xurdir sinerxías entre os eventos (como xa hai con RetroCoruña).

2 comentarios realizados

a gravatar

1. Teodoro escrito o 25 de Maio de 2010 ás 0:42

Vinte por alí. Confirmáchesmo, que non estaba seguro de se eras ti.

Gustoume o evento e paseino moi ben.

Os de Metal Gear Solid levaron o premio á mellor coreografía no concurso de cosplay. Despois da súa actuación tiveron que reparar o escenario :-D

Por certo, ¡que boa a última foto! :-D
Tamén merco en Tanxencias.

a gravatar

2. marcus.es » ExpOtaku volve a EXPOCoruña nun par de semanas escrito o 5 de Maio de 2011 ás 9:15

[...] o éxito da edición de 2010, entre os días 20 e 22 de maio EXPOCoruña vai acoller o II Salón do Manga de Galicia coñecido [...]

Facer un comentario

Etiquetas (tags) permitidas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Observación: Os comentarios poderían non aparecer automaticamente, pois nalgunhas ocasións precisan de moderación por parte do administrador deste blogue.

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Alianzo Rank de GalegoAlianzo Rank de Galicia

Últimos comentarios