Venres, 28 de Maio de 2010

Bos Días ao Museo Virtual da Torre de Hércules

Esta mañá no Bos Días da TVG comezamos a falar do lanzamento do iPad, porque era a novidade tecnolóxica do día, aínda que admito que quedei sorprendido polo feito de que non houbese moitos problemas para conseguirlos nas tendas. Vese que o feito de que estivese esgotado na web non afectou á distribución tradicional en Galicia (outra cousa é nas grandes cidades españolas, onde incluso houbo colas para mercar o trebello):

Tras cumprir con Apple (e iso que non paga) falamos con Manuel Pan de Abertal sobre a súa recreación tridimensional da Torre de Hércules de A Coruña e o seu Museo Virtual:

Gústame cando temos amigos de visita no plató da TVG, especialmente se presentan cousas que visualmente son atractivas, aínda que foi unha mágoa que Carlos Amado tivese que controlar o sistema dende un ultraportátil (o que é máis difícil do que parece, aínda que botasemos unhas risas á súa costa). ;)

1 comentarios realizados

a gravatar

1. Turkoo escrito o 30 de Maio de 2010 ás 11:49

Moi lograda a cor verde do instituto das Lagoas hehe (non dou atopado o depósito de auga)… cantas lembranzas… case se podía ambientar a torre nos anos 80 (co lixo que había), nos 90 co mar Exeo… e antes non sei pero seguro que cada época tivo o seu aspecto particular.

Facer un comentario

Etiquetas (tags) permitidas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Observación: Os comentarios poderían non aparecer automaticamente, pois nalgunhas ocasións precisan de moderación por parte do administrador deste blogue.

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Últimos comentarios