O PP de Melide publica un boletín de novas
Dende o Partido Popular melidense decidiron recompilar os seus comunicados dos últimos meses en 24 páxinas con forma de xornal, o que normalmente resulta bastante efectivo para revitalizar o debate político local.
O boletín quedaría coma segue:
Non o vin en soporte físico, pero dáme a impresión de que o PDF que publicaron na Internet non adxuntaba as súas tipografías correspondentes, de aí a que teña unha maquetación bastante rara (sen aire nos titulares e con fotografías coas proporcións cambiadas). ¿Alguén pode confirmarme se os tipos de letra eran distintos en papel?
Pero se imos aos contidos, coido que o que vai dar máis que falar é a páxina 3, por aquilo de poder ver cantidades de gastos en concreto. A min hai algúns gastos que me resultan rechamantes polas súas descricións (coma El Consultor On Line
, Promoción Novas Tecnoloxías
ou Diseño Feira Informática
), que non son moi ilustrativas, aínda que apostaría algo a que moitos van criticar os gastos en cañas, melindres e ceas que aparecen reflectivos (e que hai que admitir que son reducidos se os comparamos con calquera outro concepto facturado).
Vós, ¿destacariades algunha cousa do boletín? ¿Considerades preciso matizar a información publicada no mesmo?




12 comentarios realizados
1. yo escrito o 24 de Maio de 2010 ás 17:51
Marcus,
la importancia no está en las cantidades ni en los conceptos, sino en las fechas. Ahí pusieron una parte de las numerosas facturas que supuestamente se pagaron con préstamos que se habían solicitado para pagar según ellos facturas del PP. Esas facturas son sólo 1/4 parte de las que se pagaron con esos préstamos. Lo gracioso es que estas facturas no son del PP sino del actual gobierno, como se puede observar en la fecha de las facturas.
2. O Memorion enmascarado escrito o 24 de Maio de 2010 ás 20:42
Todo o que se di no boletin E CERTO,ningun deles pode sair a decir o contrario.Podemos falar de se antes as vacas comian despacio e agora comen correndo,pero as cousas caen por propio peso.Todo era deuda do PP,pero as fechas cantan. Obras sen facer,promesas sen cumplir,obras mal feitas,gastos a porron(sempre a empresas amigas,non se pode perder nada)veciños sen cobrar(a dia de hoxe,de facturas deles)veciños enganados,xente enfadada,despidos a granel,cartos tirados en sancions (e as que veñen agora)etc,etc.
Fai falla algo mais para que marchen?Xa cansan.
O PP o unico que ten que facer e ter memoria,recordar o que dixeron e decir o que fan.
Os veciños non son tontos e o resto xa esta feito.
Incluso os seus de sempre estan enfadados,non traballaron ben nin para os seus votantes de sempre(so para un grupo de amigos)grupos internos enfrontados,uns que queren subir e outros que queren marchar,pero Socorrito I(La triste)que non quere marchar.
A xustiza amosando polo horizonte,problemas internos,pouca pasta para repartir entre moitos,e demais lindezas.
Todo son problemas para o grupo de goberno,menos mal que todo o fan polo ben do pobo,mentir,falsear,e o que nos iremos entrenando dende agora.
Xeñores,esta feito pero non paremos,non podemos dar todo por sentado e temos que seguir acosando e derribando a estes malos xestores,e algun mala persoa.
Memoria señores,Memoria,e lingua para decilo.
3. Marcus escrito o 24 de Maio de 2010 ás 21:02
#1 Eu comentaría que o peor de todo é que para os vindeiros anos os concellos non van poder volver a recorrer aos bancos para financiar a súa débeda (ou sexa, que segundo o novo Real Decreto-lei, ata 2012 as cousas van estar chungas).
#2 Os datos poden ser certos, pero todo é matizable, pero por desgraza, temo que ata as eleccións municipais non imos coñecer a versión do Concello, pois a transparencia non é a súa principal virtude.
Fala un ano para os vindeiros comicios, e como a cousa continúe así, serán calquera cousa agás interesantes. Cando menos é de agardar que entón poidamos ver un debate entre as distintas forzas que aspiren á alcaldía (algo que deberíamos ver 1 ou 2 veces ao ano, non unha vez cada 4 anos).
4. O Memorion enmascarado escrito o 25 de Maio de 2010 ás 2:53
Estou totalmente a favor da tua idea.Teriamos que poder ver as diferentes posicions politicas de forma natural e cotia.Que cada quen dera a sua version e fose quen de defendelas,pero como xa se viu,os que agora mandan non poden sair nos medios mais que en entrevistas prefabricadas (para esto Vanessa e moi boa por eso a contrataron)pero nunca sera Socorrito I(La triste)capaz de manter un DEBATE(con papeis estudados fala calquera)contra Anxeles sen perder de goleada.Pero non so nun debate entre elas,o BNG ten xente preparada pero que en ningun momento escoitan,se o debate fora por temas concretos e se fixera por colaboradores,tamen o PP gañaria por goleada.
Un dia que dispoña de tempo tentarei facer un recopilatorio de todo o que dixo Socorrito I(la triste)como “plenos as horas que podan ir os veciños”,”nunca cobrarei mais do que cobro como mestra”,”nunca terei os veciños de Melide sen cobrar as facturas pendentes”,”nunca me meterie cos empregados municipais, todos teñen familias”,”O que fixen, fixeno polo pobo de Melide”,e outras lindezas, para despois poñer que dia mentiu e que dia non cumpriu o que dixera.O malo e que seria moi longa a entrada e ninguen daria lido todo.
Unha pena.
Memoria,señores,memoria.
Porque sera que non sae ninguen a defendela??Maña sairá un amigo de turno que comezara a falar da etapa dos musulmans e de cando matusalen era un neno,de se en valencia os traxes van caros ou non e demais,pero sen dar un so argumento que poda defender a Socorrito I(La triste).
O dito señores,memoria,so temos que ter memoria.
5. melich escrito o 29 de Maio de 2010 ás 23:21
A min parece que o Boletín esta ben que exista e que faga unha crítica real e constructiva da vida política dende a prespectiva do PP, creo que e bo para Melide, pero tamén penso que di algunhas mentiras, uhnas veces matizables, como dí Marcus, pero outras son de autentica risa.
1ª.- A Alcaldesa negalle un local o partido popular nas dependencias municipais.
Ben pero que fixo Miguel con Benedicto durante moitos anos, ou Xavier do Aceiteiro con Mingos. Ver para creer.
2º.- Uso partidista da radio municipal.
Outra coña de Anxeles, que diga cando estaba ela na Radio si a oposición tiña direito a falar.
3ª.- A lista das facturas
Pois claro que teñen que gastar porque están gobernando, gustame que esten reseñadas no boletín porque serviume para saber que están facendo algo, repaseina enteira e non vin nungunha factura que me chamara a atención (escandalosa, dubidosa, de comilonas, viaxes, gastos superfluos, etc.)
Gustariame ver algunha lista de cando gobernaba o PP, seguro que daría máis que falar.
4º.- O Centro de discapacitados e a galegoesocla dous grandes enganos
Pois a ver para cando será o novo Centro de Saúde que acabas de ofrecer.
5º.- A Residencia da Terceira Idade.
A paralización seica e culpa do bipartido despois de catro anos de goberno. ¡¡CARALLO¡¡, máis adiante dis foi pionera en Galicia na decada dos noventa. Logo dende os noventa o año dous mil seis, van 16 anos de retraso por parte do PP.
¡Xa esta ben¡ Seamos serios.
6º.- Por último, volves coa Autovia, deixadeo xa, a istoria dirá sempre que Miguel Pampín non a quería.
Ah…, unha cousa, doulle a razón no tema do escudo de Melide.
A “M” ou a “Ponte” que puxo o bipartito non me gusta nada, prefiro o escudo de antes.
6. O memorion enmascarado escrito o 30 de Maio de 2010 ás 12:59
Que Miguel non dera un local,libra a actual de non dalo?”Yo caca,tu mas”.
A radio,¿que radio?.”Yo caca,tu mas”.
As facturas,teñen que gastar.Tes razon pero non sempre co mesmo grupo empresarial nin cos mesmos amigos,eles decian que repartirian.E temos que reconocer que reparten,pero so con 3-4 amigos.”Yo caca, tu mas”.
O centro de saude,criticas algo antes de que ocurra e antes de ter tempo.”Yo caca, tu mas”.
A residencia,esta parada ou non esta parada???Si, pois mais do de sempre.”Yo caca, tu mas”.
MIguel Pampin??,autovia??presentase Miguel?A autovia quen a paralizou porque non ten cartos??”Yo caca, tu mas”.
O escudo, o unico que acertache.
Amigo melich,cando teñas algun argumento que non sexa”yo caca,tu mas”damo e miramos se nos convences.
7. melich escrito o 31 de Maio de 2010 ás 23:01
Amigo enmascarado pareceme que non che gustou a crítica o Boletín do PP.
Pois vouche decir que hai moitas razóns para NON VOTAR O PP nas próximas eleccións municipais:
Porque os melidenses NON SOMOS TONTOS.
Porque tiveron 16 anos para abrir a Residencia da Terceira Idade e no no fixeron.
Porque cando gobernaba o PP as obras facias Leonardo Miguélez (agora reparten un pouco máis).
Porque a deuda do Concello fixoa o PP.
Porque o Concello de Melide ten 100 empregados (máis da mitade metidos durante o goberno do PP, agora sobran)
Porque hai moitos empregados que non fan nada.
Porque privatizaron o SERVIZO DE AUGAS e agora costa un riñón pagar o canón
Porque Miguel Pampín deulle OFICINAS GRATIS durante toda a conceción a empresa ESPIÑA Y DELFIN, cando están gañando cartos a conta dos melidenes e cada vez os recibos da auga son máis caros
Porque privatizarón o SERVIZO DE LIMPEZA e están pagando soldos moi baixos os empregados.
E VOLVO A REPETIRCHE O DA AUTOVIA FOI CULPA DO PP.
Querido enmascarado si non che convenzas as razóns, ainda quedan máis.
O que se me parece e quee QUENES ESTADES CAGAGOS SODES VOS.
Un saúdo.
8. O Memorion enmascarado escrito o 1 de Xuño de 2010 ás 0:50
Melich,non te poñas nervioso.Non me asimiles co PP,eu non te asimilo a ti co BNG.Cada quen responde por si.
Non e que non me guste a critica o boletin,o que non me gustan son as medias verdades para esconder as propias miserias.
Xa comenzas mal o chamar tontos os votantes do PP.
A residencia non se abriu,e agora si o fara o BNG?Espera que escacho ca risa.
As obras facias Leonardo Miguelez,e logo non ten dereito a facelas??Agora reparten mais,neso tes razon,agora fanas as empresas do grupo Jim Sports (alias Manuel de Panduriño).
A deuda fixoa o PP,e o BNG fixo que medrara e medrara e medrara, e…
O concello ten mais de 100 empregados, todos metidos na etapa do PP, e que dase a casualidade que eran os que dirixian o concello.Agora sobran, e o BNG ten mais contratados que a etapa anterior(mira os datos).
O de que os empregados non traballan falaras dalgun familiar teu que traballa no concello,de non ser asi,e moi cobarde faltarlle o respeto a traballadores.
Porque privatizaron o servizo de augas, ti sabes o que custa en persoal??e por se non sabes o BNG tamen privatiza(mira os datos).
Subiu a auga so en Melide ou en todolos concellos??
Privatizaron a limpeza e pagan pouco,estas liado,se privatizou non paga,o que paga e a empresa contratada,protestalle a eles.
Volvocho repetir o da autovia e culpa do Psoe que non ten cartos.
Non me convenciche nin un chisquiño,tentao outra vez con outros argumentos.
Voltas a falar mal decindo que estamos cagados,eu falo por min e estou moi limpiño e moi tranquilo.Non te apures queda pouco para ver quen ten razon.
Fagoche unha porra:
PP - 9
BNG - 3
PSOE - 2
Independientes por Quintas - 1
Un saudo para ti,e relaxate,todo se andara.
9. melich escrito o 1 de Xuño de 2010 ás 23:27
Enmascarado non estou nervoso, os moitos anos que teño non me fan perder a compostura o que falou de merda fuches tí.
O meu estilo no e faltar a nadie, tampoco chamei tontos os do PP dixen que OS MELIDENSES NON SOMOS TONTOS. E vouche decir por qué.
Porque o longo dos anos da democracia en Melide sempre gobernou a dereita, agás os catro anos que gobernaron os nacionalistas de mingos coa Alianza Popular de Fraga (paradoxico, non) co único interés de votar fora do Concello o Alcalde centrista Javier do Aceiteiro que agora e do PP.
Pois ben en todos estos anos gobernaron caciquilmente, facendo o que lles daba a gaña, metian no Concello os amigos deles. Eu que fun a unha oposición do Concello eramo tratados como simples marionetas. Os enchufados dabanlles os examenes antes.
Esto non se pode comprobar pero sabes que e así.
Fai un repaso de todos os amigos que meteron. Volvoche decir OS MELIDENSES NON SOMOS TONTOS.
Tampoco estou faltando o respecto os traballadores, sei que alguns traballan e outros non tanto. O que si sei e que nos estamos pagando impostos para mantelos a todos.
Por certo debes estar confundido conmigo eu non teño ningún familiar no Concello.
Respecto a todo o demáis (residencia, privatizacións, autovia) xa xei que non me darás a razón, pero tampoco me convences.
Por certo según a prensa o índice de insolvecia do Concello pasou dun 66 % o 44 % e houbo superavit de ingresos.
¡¡¡¡¡Como vos sentou eso ¡¡¡¡
Ademáis, JIM SPORTS non e dos Panduriños e de un bó empresario de Palas que decidiu establecer a su empresa na nosa vila de Melide dando traballo a máis de 30 familias. Quen lle derá a algún do PP (que di ter como afición crear empresas) conseguir o éxito del.
Tamén arreglaron moitas rúas, puxeron farolas novas, saneamento en moitas parroquias, etc…..
Anxeles vai ter que mentir menos e traballar máis para gañar as eleccións municipais.
Respondoche a porra o que perda paga unha cea
PP - 6
PSOE - 2
BNG - 5
10. O Memorion enmascarado escrito o 2 de Xuño de 2010 ás 0:24
Amigo Melich,teño visto poucas veces algun tan convencido dun tema sen ningun tipo de argumento.
Que os Melidenses non somos tontos,e evidente,e demostraremoscho nas proximas municipais se conseguides chegar a elas.
En Melide gobernou un centrista o que conseguiron sacar os de Mingos e segun ti sempre gobernou a dereita.Tes un claro erro de conceptos.
O que dis dos exames e un delito,se tes probas denuncia,o resto e pataleta de suspenso.
Que pagas os empregados cos teus impostos e certo,pero exactamente igual co medico,os mestres,etc,e seguro que cando che recollen a basura de diante da porta non protestas,e cando algun empregado que non traballa,che soluciona un problema,non protestas.Pero ti sabes que algun non traballa.Serias un bo encargado de persoal(cousa que a actual alcaldesa fixo bastante mal).
No resto claro que non che dou a razon,e claro que non te convenzo,pero por sorte para Anxeles non es mais que un votante desinformado,a maioria estan enterados de como funcionan os actuais mandatarios.
Sobre a nota de prensa,de pasar do 66 o 44,sentoume de cine,ainda estou rindo.E unha sorte ter unha boa periodista que che saque o que queiras sexa ou non certo.
Ainda recordo o lavado de imaxe de Socorro no progreso e o seu home falando na voz do sacrificio de quedar na casa cobrando 50.000€ a sua dona.
Sobre Jim Sports,se non te decatache,non falaba nin do dono,do cal opino o mesmo ca ti,nin dos panduriños.Falei de Manuel de panduriño,repitoche o da entrada anterior,mira quen fai as obras e moi facil sumar e deducir.
Arreglaron moitas ruas,para dous dias depois voltar a arranxar nelas,lembrate da rua da casa da cultura,puxeron moitas farolas,e tiraron as outras e as luminarias novas de baixo consumo,etc.Sobre o de saneamento en moitas parroquias,creo que tes que mirar no diccionario o significado de moitas.
Decir que Anxeles minte e unha falta total de seriedade,non necesita tal,xa se encargan os de agora en darlle o traballo feito.No tema de traballar,penso que non pasas moi amenudo pola sede.Pasate algun dia e veras que ten ela mais xente unha tarde que a alcaldesa en toda a semana.A meirande parte dos veciños pasan pola sede a pedir axuda,consellos,solucions,etc,xuntamente o que non atopan na alcaldia.
Pero insisto tranquilo xa quedan meses,nin tan siquera un ano,xa esta chegando.
Na porra non o crees nin ti.Date conta que xa das por feito cos teus baixan e falas de subir o Psoe,que fai un ano que buscan cabeza de lista e non atopan.
O bloque baixa,o psoe baixa,sube o PP,cos votos que faltaron nas anteriores,fai as contas e saen facil,suma e veras.
11. O Memorion enmascarado escrito o 6 de Xuño de 2010 ás 23:09
Xa temos festa. Todos o xulgado.
Que os manden para a casa.
Tou desexando ver como lle di o xuiz que o fixo polo ben do pobo.
Se o confirma o xuiz,que paguen,os delitos teñen que pagarse sempre.
Non esquezades que tamen teremos festa ca xente de limpeza que esta sen cobrar.
Da gusto ver que ben fan as cousas polo ben do pobo.
12. PP POR QUE MINTES escrito o 12 de Xullo de 2010 ás 19:34
eu son defensor do modelo de certos pobos VASCOS..As contas a luz do dia e dos veciños.Os concellos para o ano enfrentase a realidade de gestionar con cabeza..Os recortes que veñen da UE son as autonomias…todo o que fagas mal vai a ter un costo alto..desexo que se penalize os xestores que den en quiebra tecnica e de ser por graves neglixencias..A PUTA CALLE…(alcaldes)…demasiado poder na mán de unha persoa e sin demasiados ARBITRAXES UN PERIGO…En canto o pleno de hoxe dia 12 de xullo deu vergoña a talla politica de Anxeles e as suas mentiras sobre a debeda heredada polo BNG…Foi real,pagarona estos gobernantes(BNG) e Anxeles unha vez mais minteu.Dixo que a ela os empresarios non lle reclamaran nunca o pago de ditas facturas..O corporativismo,amiguismo do PP con ditos empresarios permitialle que non reclamaran rápido xa que eran todos AFINES O PP….sI eu fora a alcaldesa hubera publicitado eso ata o agotamento i e mais como deixaron MELIDE o sair o PP rozaba o abandono(total ruina)..Volvendo o pleno tiña que haber a presenza de unha autoridade (policia municipal) pois vese moito exaltado e nunca se sabe por donde pode prender o lume..En canto o horario do pleno MAIS PP en eso son iguales..A mesma disculpa disfrazada de candidez…http://www.youtube.com/watch?v=UB78UNsuPJk&feature=related…para min o mellor alcalde i encima transparente…VEÑEN TEMPOS DUROS DE REAXUSTES E OS QUE FALLEN HIPOTECARAN O POBO……HAI QUE REFLESIONAR MOITO