O venres coincidirán B-Web e LaconNetwork
Este serán no Voces de Galicia de RadioVoz dentro da sección Visionarios del Ciberespacio puidemos escoitar a Isidoro Valerio conversando con Xosé Ramón Nóvoa e Ana Montes sobre a celebración do B-Web que terá lugar este venres en ExpoCoruña e tras o que alí mesmo tamén teremos unha nova edición de LaconNetwork:
Audio clip: Adobe Flash Player (version 9 or above) is required to play this audio clip. You also need to have JavaScript enabled in your browser.
O encontro promete ser histórico, pois ao coincidir unha xornada formal con máis de 100 asistentes, cun encontro informal de emprendedores tecnolóxicos, poderase acadar unha masa crítica que produza unha reacción en cadea que dinamice o sector TIC durante os vindeiros meses. Amén. ![]()






2 comentarios realizados
1. xotengo escrito o 26 de Maio de 2010 ás 13:52
“… poderase acadar unha masa crítica que produza unha reacción en cadea que dinamice o sector TIC durante os vindeiros meses…”
PLAS, PLAS, PLAS, PLAS.
Empeza a facerche efecto tanta aparición nos medios de comunicación…
Maxistral frase.
2. Marcus escrito o 26 de Maio de 2010 ás 14:30
A frase maxistral é unha homenaxe aos discursos de Frankie Gómez, a auténtica alma do LaconNetwork.