Venres, 9 de Abril de 2010

Fernanda en estado puro

O pasado xoves en Localia Coruña o programa Turkía foi totalmente delirante, por deixar que a nosa querida Fernanda fose a protagonista absoluta:

Nunca pensei que o papel de pitonisa turka puidese dar para tanto. Habería que dicirlle aos de Localia que deixasen a Fernanda ocupar a súa programación de 1 a 5 da madrugada nun consultorio telefónico. ;)

Xoves, 8 de Abril de 2010

¿Hora de modernizar El Ideal Gallego?

Tendo a fixarme no equipamento informático que sae en películas e series de televisión, pero cando vin o anuncio que actualmente emiten en Localia Coruña do xornal El Ideal Gallego quedei a cadros:

Ou teñen que actualizar o anuncio, ou teñen que actualizar o seu equipamento informático, pois no vídeo vense equipos iMac G3 e eMac (G4), comercializados entre 1998-2001 e 2002-2005 respectivamente, pero coma non vexo ningún iMac G4 entendo que o vídeo gravouse aproximadamente en 2002.
Dou por feito que ningún deses equipos está xa en produción, pois iso sería alucinante, non porque non dean a talla (o eMac aínda serviría para labores ofimáticas sen maior problema), senón porque serían un grave problema para o seu soporte e por seguridade (utilizan sistemas operativos discontinuados). Instaría así á actualización do spot televisivo, non vaia pensar a xente que no Ideal están a traballar con ordenadores de hai máis de 10 anos. ;)

Pregón do Antroido en Melide

Con bastante retraso publico aquí o vídeo co pregón do Antroido, que este ano correu a cargo de Amiguete, quen tivo a ben subir o clip a YouTube subtitulado para suplir o mal son da megafonía:

Eu penso saudar a Amiguete a vindeira vez que o vexa… pese ao pregón ;)

« Entradas máis novas

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Últimos comentarios