Xoves, 8 de Abril de 2010

¿Hora de modernizar El Ideal Gallego?

Tendo a fixarme no equipamento informático que sae en películas e series de televisión, pero cando vin o anuncio que actualmente emiten en Localia Coruña do xornal El Ideal Gallego quedei a cadros:

Ou teñen que actualizar o anuncio, ou teñen que actualizar o seu equipamento informático, pois no vídeo vense equipos iMac G3 e eMac (G4), comercializados entre 1998-2001 e 2002-2005 respectivamente, pero coma non vexo ningún iMac G4 entendo que o vídeo gravouse aproximadamente en 2002.
Dou por feito que ningún deses equipos está xa en produción, pois iso sería alucinante, non porque non dean a talla (o eMac aínda serviría para labores ofimáticas sen maior problema), senón porque serían un grave problema para o seu soporte e por seguridade (utilizan sistemas operativos discontinuados). Instaría así á actualización do spot televisivo, non vaia pensar a xente que no Ideal están a traballar con ordenadores de hai máis de 10 anos. ;)

10 comentarios realizados

a gravatar

1. Brigantium escrito o 9 de Abril de 2010 ás 0:00

Pois vendo a web que teñen, non sei eu, non sei eu…

a gravatar

2. Marcus escrito o 9 de Abril de 2010 ás 0:22

¡Aí falaches! A web do Ideal é do peor de toda a prensa española (sen coñas). Falla no básico: non ten ligazóns permanentes. É imposible ligar contidos a tal publicación, polo que para o resto da web é un espazo morto.
O feito de que todos os seus contidos pasen ao esquecemento semanalmente tamén é unha mágoa.

a gravatar

3. Nemigo escrito o 9 de Abril de 2010 ás 0:39

non me parece significativo. En calquera empresa emprégase tecnoloxía obsoleta. Hai casos de empresas que seguen a empregar win 3.x sobre todo en aplicacións industriais. Mesmo nas universidades
Que non se engane ninguén a maioría das empresas pensan na internet e na tecnoloxía como un gasto non ven as posibilidades tecnolóxicas. Vai unhas semanas nunha unha empresa “potente” dicíanme que ían pasar a facer eles mesmos o chollo de deseño. Cando lles preguntei cantos mac tiñan dixeron que ningún. Que empregarían windows e corel

De tódolos xeitos a maioría das empresas teñen a conexión a internet capada pra os traballadores polo que os ordenadores son empregados pra mover arquivos ou texto. Hai algunha autoescola ou academia que emprega aínda ises pc tontos que se vendían pra conectarse a internet
En fin, así está a productividade do país

a gravatar

4. Marcus escrito o 9 de Abril de 2010 ás 2:36

Home, iso de ter a xornalistas sen conexión á Internet hoxe en día é algo impensable. E precisamente conectarse á Rede cun ordenador vello é moi complicado (especialmente cando topas con páxinas en Flash ou con páxinas de entrada quilométricas).
Logo, o tamaño das fotografías que utilizan actualmente os medios tamén fai preciso que os ordenadores teñan un mínimo de memoria dispoñible para poder traballar.
Utilizar un equipo de hai 5 anos podería aceptarse, pero de máis de 10 sería inasumible (pois o resto do mundo non para de moverse).

a gravatar

5. Nemigo escrito o 9 de Abril de 2010 ás 12:10

podes preguntarlle a calquera que estea no mundo do deseño e dirache cousas incribles. Cousas como ter que mandar os arquivos pra deseño en cd ou dvd por mensaxería (algunha ten contratado servicio de mensaxería durante todo o día, unha ou dúas persoas están pendentes de levar e traer o material de un sitio a outro) posto que a conexión que teñen non da pra mandar arquivos de centos de megas e moito menos gigas. Por certo, en R facíase así. Os deseños había que levalos en CD e impresos persoalmente ás oficinas

Sei de casos de empresas de impresión que teñen devolto deseños por ser “demasiado grandes” e non ser quen de abrir os arquivos ou pedir determinada versión dos programas: que son os que eles teñen

Non vai moitos anos hai empresas que empregaban cintas perforadas pra máquinas de control numérico e posiblemente segan a empregar disquetes

Hai casos ao revés. Empresas que empregan programas de cad pero non saben usar os módulos 3D, só empregan os módulos 2D

E xa o colmo da incompetencia son os anuncios de emprego nos que se piden amplos coñecementos de internet e lle din á xente que mande o CV a un apartado de correos

Por certo, se nos está a ler algún “empresario” todo isto se evita con algo que se chama leasing

a gravatar

6. juanralvaro escrito o 9 de Abril de 2010 ás 12:29

Pois visto o anuncio, e vendo que (0:13) un traballador traballa co seu Mac antigo xunto a un exemplar de hai só un rediseño (¿2005-06, quizais máis tarde?)… dá a impresión de que hai anos que non mercan ningún material informático…

De todas formas, ¿que se pode dicir da web dun xornal que nunha das súas filiais ten aínda o deseño antigo -Diario de Ferrol- e que doutra das súas filiais -DXT Campeón- nin sequera ten web pese a que aparecía o seu non-link -webs do grupo, mencionábana sen link, ó contrario doutras- hai unha década? :?

PD: E pensar que teñen unha licenza de TDT na Coruña (outra cousa é que desde Betanzos non pille a TDT -Localia- coruñesa…)

a gravatar

7. Marcus escrito o 9 de Abril de 2010 ás 13:34

#6 O da licenza de TDT na Coruña de El Ideal é de xulgado de garda (coma o da licenza do Faro de Vigo en Compostela) pois a canle non botará a andar nunca, e por culpa de darlle a licenza fixeron pechar a unha canle en funcionamento (TeleCoruña).
Aos responsables de certas adxudicacións habería que cortarlles as pelotas (nos últimos meses non paran de saír sentenzas xudiciais nas que aceptan as reclamacións ao concurso da TDT local, que foi claramente inxusto).

O da cobertura de Localia Coruña tamén é unha mágoa, pois a metade da cidade (coido que é a que concentra máis poboación) non recibe pola TDT a canle en cuestión. Vaia, que están peor que cando emitían en analóxico pese a que agora si teñen licenza (antes eran piratas).

a gravatar

8. Pseudocientíficp escrito o 9 de Abril de 2010 ás 21:35

Pois nos laboratorios de investigación da facultade de Ciencias de Coruña seguimos usando programas baixo MSDOS Windows 3.1: Ademáis, creo que teñen o efecto 2000, porque a data do ordenador pon 1990. Saudos!!!!

a gravatar

9. marga escrito o 10 de Abril de 2010 ás 20:26

Este anuncio tiene bastantes años,mínimo tres o cuatro seguro.
En cuanto a lo de las licencias de tdt locales no te olvides de la de La Opinión que es muy probable que tampoco vea la luz a pesar de ser de un gran grupo a nivel nacional,eso sí,una pena que en Coruña no sean mas que poco más que una delegación del Faro de Vigo

a gravatar

10. Marcus escrito o 11 de Abril de 2010 ás 1:54

O de La Opinión xa téñoo comentado. Ao final, en toda España están a devolverse licenzas de TDT tanto locais como autonómicas. Unha mágoa que licenzas sen explotar deixaran fóra de xogo a proxectos en curso.
Iso si, tamén espero que, de non mudar as cousas, retiren a licenza autonómica de Popular TV, pois dubido moito que chegue a ter produción propia en galego nun momento no que hai rumores de que está en venda.

Facer un comentario

Etiquetas (tags) permitidas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Observación: Os comentarios poderían non aparecer automaticamente, pois nalgunhas ocasións precisan de moderación por parte do administrador deste blogue.

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Alianzo Rank de GalegoAlianzo Rank de Galicia

Últimos comentarios