Venres, 30 de Abril de 2010

Bos Días ao Boogie Board e ás 3D

Esta mañá no Bos Días da TVG falei con Xesús Peleteiro e Carlos Amado dos televisores 3D, sen profundizar moito, en boa medida porque antes enredamos un chisco cunha Boogie Board:

O curioso encerado dixital só consume enerxía ao borrar o seu contido da pantallas, e a súa batería dá para uns 50.000 borrados, polo que enténdese que a duración é case ilimitada. Pareceume un dispositivo bastante orixinal tanto para uso lúdicos coma educativos, que agradecerán moitas nais ao ver que os seus cativos non se emporcan na clase (aínda que tamén pode ser un orixinal sustituto dos encerados Velleda).

Martes, 27 de Abril de 2010

Galicia, valor engadido

Onte, no programa Foro Aberto da TVG falaron sobre a galeguidade das empresas co gallo da venda de parte das accións de R a CVC Capital Partners, enriquecendo a información cunha interesante reportaxe na que puidemos ver a xente tan popular na Internet galega coma Berto Yáñez (A Navalla Suíza, Chuza) e Jacobo Lázare (BidoBido, DiscoAzul.com):

Agradécese que na TVG presten atención a iniciativas de interese do sector TIC galego. A ver se así hai máis emprendedores animados a botarse á piscina.

Venres, 23 de Abril de 2010

Bos Días á realidade aumentada

Hoxe comentamos lixeiramente no Bos Días o que é iso da realidade aumentada, tecnoloxía que cada vez vai ser máis común grazas á popularización dos móbiles con GPS e compás dixital:

De todos os xeitos, coido que o da realidade aumentada non vai quedar só en amosar información posicionada xeograficamente, senón que no futuro poderá combinar con sistemas de radiofrecuencia, recoñecemento de imaxes e outras tecnoloxías, coma xa facían os superguerreiros co seu visor en As Bolas Máxicas:

Agora só falta que alguén invente as cápsulas como as que facía o pai de Bulma e xa teremos unha auténtica tecnoloxía revolucionaria ;)

Xoves, 22 de Abril de 2010

Os policías municipais aparcan mal

Onte en Turkía puxeron unha imaxe na que podíase ver un coche da Policía Municipal aparcado nunha praza reservada para discapacitados, o que é un acto incívico de primeira orde, pero o peor de todo é cómo rematou a labor de investigación de Txury e Antón para conseguir unha explicación:

Xa sabedes, se tedes algún problema de orde pública, chamade ao 091, que os do 092 non collen o teléfono :(

Martes, 20 de Abril de 2010

Nova promoción de película de El País

A caída de vendas da prensa está a levar ás distintas cabeceiras a lanzar atractivas promocións para manter a súa tiraxe, aínda que a meirande parte das veces teñen pouco de oferta, con excepcións como a que principiará o domingo El País, xornal que vai regalar unha película en DVD á semana, cunha selección bastante interesante:
Cine de Estrea
- Señales del futuro
- EL jardinero fiel
- Pánico nuclear
- World Trade Center
- Diarios de motocicleta
- Asalto al distrito 13
- El último gran mago
- The code
- Buenas noches, buena suerte
- El mensajero del miedo
As películas non teñen moito tempo, son de certo nivel e a súa temática é bastante variada (dende filmes de tiros ata dramóns) polo que non creo que a moita xente interésenlle todos os títulos, pero calquera pode atopar un par de obras do seu gusto.

Entradas máis vellas »

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Últimos comentarios