A SGAE participa no Foro Aberto da TVG
Onte pola noite sorprendeume ver que dende o Foro Aberto da TVG conseguiron que un representante da SGAE acudise ao programa a defender a postura da súa entidade sobre temas como a polémica da representación da obra de teatro Bodas de Sangre por parte duns alumnos do Zalaeta:
En xeral a intervención de Javier Vidal foi decepcionante, pois limitouse a argumentar que a SGAE opera cumprindo coa legalidade vixente. Se deixamos a cousa aí, claramente non hai debate, nin desto nin da política, o fútbol ou o case calquera tema, pois o público non está molesto porque a SGAE estea composta por unha chea de criminais, senón porque actúan dun xeito moi discutible.
Dá a impresión de que o único xeito de racionalizar a SGAE será cambiando a Lei da Propiedade Intelectual, e para que un futuro cambio lexislativo vaia en favor dos cidadán podemos agardar sentados se atendemos a iniciativas coma o ante-proxecto de Lei de Economía Sustentable. ![]()






5 comentarios realizados
1. chorima escrito o 4 de Marzo de 2010 ás 18:40
Pues a mí no me gusta Foro Aberto, creo que había más pluralismo en Hai Debate
2. Marcus escrito o 4 de Marzo de 2010 ás 20:17
Chorima, son programas moi distintos. Vaia, que Foro Aberto non é un debate político puro, con participación pactada dos partidos coma no Hai Debate. Cada un dos programas ten o seu aquel.
3. chorima escrito o 4 de Marzo de 2010 ás 22:47
Bueno, a lo mejor no me expresé bien, no tengo nada en contra de Foro Aberto, pero echo de menos Hai Debate, y no veo bien que cambiaran un intercambio de ideas tan interesante por una versión mucho más descafeinada.
4. Marcus escrito o 4 de Marzo de 2010 ás 23:21
Chorima, se por min fose, habería debates diarios na televisión pública autonómica, e unha canle de novas as 24 horas.
Eu tamén boto un pouco en falta o Hai Debate, pero especialmente a etapa presentada por Sonia Vizoso, pois cando colleu o temón Ana Rodríguez facían cousas rariñas, e os enfrontamentos 1 contra 1 saían mal en moitas ocasións.
5. Nemigo escrito o 5 de Marzo de 2010 ás 18:10
a lei é a que é. Na españa estamos moi acostumbrados a deixar facer, non informarse e moito menos dar a nosa opinión (e ser consecuentes con ela.) Hai uns dereitos de autor que pagar por empregar determinado material. Se queres ir por aí xa deberas saber o que hai
A lei tal cual está feita hoxe é voraz. Temos que traballar pra eles. Non é realista pretender cobrar a unha comisión de festas, asociación cultural ou amigos da arte. Non viven diso e peor sería que non fixesen a súa divulgación cultural
En USA os boy scouts non poden cantar determinadas cancións por dereitos de autor. Aínda ten marxe á $GAE pra explotar á xente