Presentación do libro de Enrique Dans na Coruña

Esta tarde tiven a fortuna de poder asistir á presentación do libro de Enrique Dans que tivo lugar na Casa del Libro do centro comercial Dolce Vita, lugar ao que teño serias dúbidas de se volverei a un acto semellante ante o difícil que era seguir a presentación co rebumbio que había (escoitábase máis alta a megafonía que había no exterior con música a todo trapo).
O evento abriuno Moncho Núñez, considerado o pai dos Museos Científicos Coruñeses e actual director do Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía. Núñez comezou comentando a súa visión particular da evolución dos ordenadores dende os anos 60-70, para pasarlle logo o relevo a Dans, quen practicamente fixo un resumo do seu libro.
Puidemos escoitar a Enrique dicir cousas coma que en España no tenemos nativos digitales, sino huérfanos digitales, porque muchos padres no se enteran de qué va la Red
coma recolleu Nacho de la Fuente en Twitter, ou sexa, que aparte da mera divulgación, buscouse conectar co público con certo humor e proximidade, conseguindo que a media hora da intervención de Dans non resultase pesada.
Despois chegou unha quenda de preguntas nas que Víctor Salgado preguntou a Dans polo modelo de explotación musical que trunfará na Rede (¿iTunes ou Spotify?) e con diplomacia respondeu que ambos; Nacho de la Fuente tamén preguntou sobre o futuro dos medios, ao que Dans respondeu que o iPad non é a solución, e que é preciso atopar argumentos para que o usuario queira pagar (a chave está no valor engadido); tamén houbo quen preguntou se algún día sairán coa súa os Aliertasou as Sindes, ao que Enrique contestou que poden ter éxitos a curto prazo, pero que a medio prazo non teñen nada que facer, o que resulta evidente para calquera que lera Todo va a cambiar, pois o autor insiste moito na disrupción.
Despois, comezou a sesión de sinaturas, na que, antes de abordar a Dans, asaltei á súa dona, Susana Alosete, pois hai moito que tiña un libro seu, e coma non o presentara en Galicia, quedara sen marcar. A Enrique, en cambio, pedinlle que me fixera unha dedicatoria con DRM (en referencia á polémica suscitada por Joan Planas e que pareceume bastante absurda, pois libre e gratis só son sinónimos en inglés).
Ao final, o mellor do evento foi quedar de palique, coincidindo Pablo Roca (autor do primeiro xogo galego para iPhone), Víctor Salgado, Nacho de la Fuente (¡por fin vino en persoa!), Javier Pedreira Wicho e un servidor, entre outros, e incluso puidemos presenciar como Enrique Dans sacaba o seu flamante Nexus One novo do peto. Tiven o móbil na man, e puiden comprobar o seu tacto, que resulta agradable pero non notei que fose especial (ao parecer ten un recubrimento de teflón, que o diferencia especialmente de terminais coma o HTC Desire).
En definitiva, unha boa experiencia para rematar o día. Ah, e o libro é moi recomendable para calquera que guste da divulgación científica e de ler do cambio social que están a promover as TIC.






4 comentarios realizados
1. Pablo Roca escrito o 30 de Marzo de 2010 ás 23:18
Hola Marcus,
La presentación del libro estuvo muy entretenida, estuvo muy bien el paliqueo post presentacion, hay que ver de juntarnos de vez en cuando.
Gracias por el enlace a mi juego.
Saludos,
Pablo
2. Marcus escrito o 31 de Marzo de 2010 ás 0:09
Paco, un placer conocerte, y así poder poner cara a un pionero del desarrollo para iPhone en Galicia.
).
Eso sí, después de intervenir varias veces en programas de radio en los que me vuelve mi voz de retorno por el teléfono te aseguro que se me quitaron las ganas de probar el Idiotizador (aunque su sistema de anti-copia me tiene intrigado
3. Nemigo escrito o 1 de Abril de 2010 ás 11:28
… yo también quiero ver de… (sic)
Enrique Dans ten amosado a qué se dedica e a quen defende. Non pode haber dúbida: pasa 100% de internet, os seus problemas e usuarios
Ven a ser un agradecido dos gurús e demáis lerias
Penoso o “análisis” perpetrado por iste gurú da web 6.9 sobre o acontecido en menéame(la) Os usuarios están equivocados e a dirección ten razón, di
4. marcus.es » Xuventude Galicia Net 2012 (ou como xuntar a Enrique Dans, a Tropa Korriban e Pedobear sen morrer no intento) escrito o 6 de Maio de 2012 ás 0:14
[...] asistir a un relatorio de Enrique Dans, que nun principio parecía orientado a falar do seu libro (do que xa teño falado) pero que finalmente foi unha charla un tanto diferente que destacou por un detalle: a [...]