Martes, 23 de Marzo de 2010

Unha semana máis con Turkía

Aínda que algúns aínda non rematen de crelo, e incluso soubesen do comezo de emisións do programa Turkía a finais da semana pasada, xa deu comezo a segunda semana de vida do magazine norcturno de Localia Coruña presentado por Txury e Antón, que este luns contou con presenza do economísta Antonio Grandío, falando da polémica fusión das caixas galegas:

Tampouco faltou a sección de Teba Chacón, e incluso microespazos tan significativos coma o de Feísmo (hoxe toca Bonitismo).

Venres, 19 de Marzo de 2010

Remata a primeira semana de Turkía en antena

Turkía chega á súa cuarta entrega para rematar a semana:

Finalmente o programa de Txury e Antón cumpre coas expectativas e estrea a sección de Fernanda, que nesta nova andaina fai de pitonisa turka, o que tivo bastante mérito, pois soltou toda a súa parrafada sen contar coa axuda de piringuillo. ;) Como era de agardar o PP posicionouse en contra.

Xoves, 18 de Marzo de 2010

Terceira entrega de Turkía en Localia Coruña

A pasada noite puidemos ver en Localia Coruña (despois dun informativo co audio desincronizado que desesperaba a calquera) o terceiro programa de Turkía:

Obdulia Taboadela, concelleira de urbanismo, foi unha digna entrevistada, por saber levar a súa intervención con humor, mentres que a sección de estrea, Visita Guiada, pareceume un tanto longa e difícil de aturar (póñenme dos nervos as gravacións con cámaras domésticas en televisión), pero sobre gustos…

Mércores, 17 de Marzo de 2010

Turkía vai collendo forma

Por fin podemos ver o segundo programa de Turkía a través da web, mellorando a anterior entrega e contando nesta ocasión coa presenza do adestrador canino Octavio Villazala e do colaborador Iván Flashback:

O primeiro programa de Txury e Antón superou a 400 reproducións en 2 días, o que está moi pero que moi ben para un programa televisivo publicado na web, o que dá a entender que Localia Coruña aínda non chega a tantos televisores coma debería. Agardemos que a cousa cambie paulatinamente, e que as copias en liña queden reservadas para a xente de fóra da Coruña e aos que queren recuperar o programa dun día anterior.
Por certo, ¿a alguén máis sorprendeulle que o programa apareza cualificado como para todos os públicos? Coido que esta entrega é, coma mínimo, para maiores de 13 anos.

Martes, 16 de Marzo de 2010

Así foi a primeira entrega de Turkía

A pasada noite en Localia Coruña botaron a primeira entrega de Turkía, o novo magazine que Txury e Antón van entregarnos de luns a xoves a partires das 22:00 horas, e que pretende trasladar o espírito do programa de radio Zapping á televisión:

Polo momento aínda parece cedo para sacar conclusións sobre o programa, e haberá que agardar a que madure para ver se é capaz de conservar a forza e a complicidade coa audiencia que conseguían na radio.

« Entradas máis novasEntradas máis vellas »

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Alianzo Rank de GalegoAlianzo Rank de Galicia

Últimos comentarios