Martes, 9 de Marzo de 2010

Campaña de divulgación do DNI electrónico

Non é preciso dicir que son un defensor do DNIe, polas vantaxes que achega de cara á identificación na Rede e, en boa medida, como sistema que evita a introdución de datos de identificación nas páxinas web de entidades bancarias (polo que aínda que teñamos un keylogger instalado no noso equipo, sen ter o DNIe físico, non poderán entrar na nosa conta corrente).
Como esta nova tecnoloxía que entre outras cousas achéganos á Administración non é moi coñecida, é preciso realizar campañas de divulgación como a que estes días tivo lugar na Coruña, e da que deron conta esta mañá no Bos Días:

DNIe do revésUff, ¡quedei flipadísimo ao ver a reportaxe! Concretamente a partires do minuto 1:30, onde ilustran perfectamente cómo non colocar un DNI electrónico no seu correspondente lector USB. Non hai que ser un lumbreras para saber que o chip do DNIe ten que ir dentro do lector (coma, por exemplo, coas tarxetas do bonobús) pois polo momento os nosos documentos de identidade non van por radiofrecuencia (por fortuna).
A metadura de zoca non tería a maior importancia se non fose porque estamos a falar dunha sesión de formación. Así pois, á pregunta inicial da reporteira (¿realmente sabemos cómo empregalo?) a resposta é clara: non. Agardo que isto só sexa unha anécdota, e realmente estean a fomentar a pé de rúa o uso do DNIe, para que cada vez teñamos máis servizos da eAdministración dispoñibles e non teñamos que desprazarnos ás dependencias públicas a facer cola e cubrir formularios.

3 comentarios realizados

a gravatar

1. xarubal escrito o 9 de Marzo de 2010 ás 21:44

Sábese cantos DNI electrónicos se emitiron, pero o que nunca vin é cantos teñen as claves activadas. Cantos serán?

a gravatar

2. Brigantium escrito o 10 de Marzo de 2010 ás 0:44

Da gusto ver estes vídeos da TVG en Vimeo.

Conste que as novas tarxetas Millennium da Coruña levan chip mais nos buses abonda con aproximalas á máquina canceladora, non hai que meter a tarxeta en ningunha fenda :)

a gravatar

3. Marcus escrito o 10 de Marzo de 2010 ás 1:32

#1 Actualmente hai máis de 14 millóns de DNIe expedidos, e coido que xa se repartiron preto de medio millón de lectores de balde, pero polo que teño entendido, a meirande parte dos usuarios non son quen de facelos funcionar (non é broma) e precisamente por iso dubido que dean datos oficiais ata que a cousa mellore (para non quedar mal).

#2 Xa, precisamente por iso comento o do RFID, que agardo que non chegue aos DNIe, porque é unha tecnoloxía moi vulnerable a longo prazo (os pasaportes electrónicos, por exemplo, son relativamente doados de piratear).

Esta web apoia á iniciativa de petición
da volta do Xabarín Club á TVG

Facer un comentario

Etiquetas (tags) permitidas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Observación: Os comentarios poderían non aparecer automaticamente, pois nalgunhas ocasións precisan de moderación por parte do administrador deste blogue.

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Novas de Código Cero