Hoxé é o día T: Comeza Turkía en Localia Coruña

Hoxe dan comezo as emisións do novo magazine nocturno de Localia Coruña, Turkía, que toma o relevo do proxecto radiofónico Zapping, e dende o que Txury Ferrer e Antón Lezcano buscarán facernos rir de luns a xoves ás 22:00 horas.
Para estar ao día do que alí cocen podemos facernos seareiros da súa páxina en Facebook.
Ora ben, agora que temos apagamento analóxico na Coruña, ¿cómo podemos ver o programa? Existen varias opcións:
1- Se vivimos nunha zona con cobertura da TDT que recibe o sinal do emisor de Bailadora (Ares) podemos sintonizar Localia Coruña sen problema.
2- Se a nosa antena está orientada a Penamoa comentan que esta semana é posible que Localia Coruña incorpore as súas emisións dixitais a este emisor.
3- Se temos R, aínda que xa non pillemos R en analóxico nin na oferta dixital de R, si é posible recibir Localia Coruña a través da TDT que achega esta plataforma. Ou sexa, que se conectamos un receptor de TDT na toma de antena de R (en vez de á toma de televisión do noso edificio) podemos sintonizar a canle para poder seguir sen problema Turkía.
4- Se ningún dos xeitos anteriores de recepción é aplicable a nós, podemos optar por agardar a que publiquen os programas na Internet. Mirarei de informar puntualmente desta posibilidade.






3 comentarios realizados
1. O Traveseiro escrito o 15 de Marzo de 2010 ás 19:34
O meu irmán curra nesa empresa de xardinería. Cando vexa a foto vaise marar de risa! E eu co programa, fixo.
2. nus escrito o 15 de Marzo de 2010 ás 21:01
xusto hoxe lembreime de ti! porque levo toda a tarde pensando como podería facer para ver localia coruña aquí en madrid, e logo de moito pensar, a miña cabeza fixo “PLIIIN”, MARCUS! Marcus terá a resposta!
Pero ufff… teño TDT pero parece imposible atopa-lo canal…
Que alguén poda grabalo por favor!
3. Marcus escrito o 15 de Marzo de 2010 ás 21:52
Nus, eu mirarei de gravalo e publicalo na web mentres os de Localia non o fan por si mesmos.