Bos Días aos ordenadores zombi
Esta mañá no Bos Días fixemos unha especie de tutti frutti, e falei con Carlos Amado e Laura Casares da botnet de ordenadores zombi chamada Mariposa, dos problemas de reloxo da PlayStation 3 do que a min gustaríame que pasase á historia coma Efecto Xacobeo e da presente edición do CeBIT que remata mañá:
Ante os perigos dunha rede zombi reitero os meus consellos de sempre: utilizar a última versión do navegador web, ter activada unha devasa (firewall) aínda que sexa a que trae Windows e contar cunha solución de seguridade informática como Avast (que é de balde).






8 comentarios realizados
1. Sak escrito o 6 de Marzo de 2010 ás 18:25
Eu teño un antivirus boísimo e gratuito, chámase Ubuntu
2. Marcus escrito o 6 de Marzo de 2010 ás 19:05
Pois a meirande parte dos expertos en seguridade coinciden en que en si mesmo non hai un sistema operativo máis seguro que outro, dependendo todo en boa medida do usuario.
Vaia, que normalmente ao usar Linux ou Mac OS X non tes problemas de seguridade, pero iso non é garantía de nada (para ambas plataformas hai exploits que permiten tomar o control remoto dos equipos e cousas polo estilo, coma demostran habitualmente en moitos concursos de crackeo). Está claro que utilizar o sistema operativo de moda expón ao usuarios a moitas máis ameazas, polo que eu recomendaría volver ao MS-DOS
3. Sak escrito o 8 de Marzo de 2010 ás 18:18
Discrepo
Un bon sistema de permisos aporta toneladas de seguridade cousa na que windows precisou de décadas para telos a niveis decentes. Ademáis diso, non é o mesmo que os parches se fagan segundo o interese da empresa, que que o código esté aberto á comunidade (e ás empresas) e que os parches saian de xeito máis natural.
Escoller un sistema operativo non hexemónico é, desde logo, unha boa estratexia, quizais mellor que saltarse licencias software do SO e de programas destinados a facer o sistema operativo seguro (antivirus). Pero cada quen escolle
4. Marcus escrito o 8 de Marzo de 2010 ás 23:32
Sak, sen ánimos de polemizar, no pasado Windows practicamente carecía de seguridade (o sistema non foi deseñado para conectarse á Rede, o que era evidente) pero na actualidade apenas hai diferenzas entre os distintos S.O., precisando que unha cousa é a seguridade potencial e outra a real. Ou sexa, que se hoxe a xente utilizase máis Mac OS X que Windows, o Mac OS X estaría petado de virus, vermes, troianos e spyware. O mesmo podería aplicarse ao Linux (reitero que nos concursos de cracking aproveitan exploits de calquera sistema) aínda que estes dous últimos casos son pura ficción, xa que distan moito da popularidade de uso do Windows e, no caso do Linux, hai que sumar o factor de homoxeneidade das distribucións. Vaia, que hoxe tanto Mac OS X coma Linux son moito máis seguros que Windows na práctica, e estou a falar de plataformas que pese a compartir certa arquitectura, teñen unhas filosofías claramente opostas: o Mac OS X é un sistema moito máis pechado que Windows, mentres que o Linux é aberto.
5. Sak escrito o 9 de Marzo de 2010 ás 2:42
Xa sabes que me gusta polemizar. Apertas!
6. Marcus escrito o 9 de Marzo de 2010 ás 3:02
Home, pois postos a polemizar o mellor é dicir que Windows é para palurdos e Mac OS para nenazas, de xeito que a seguridade pasaría a un segundo plano, e o mellor sistema operativo decídese a hostias e punto
7. Sak escrito o 9 de Marzo de 2010 ás 13:25
E linux para frikis!
8. Marcus escrito o 9 de Marzo de 2010 ás 15:03
Nooon… ¡o Linux é moito peor! ¡É para comunistas!