Ricardo Galli en Cámara Abierta (La 2)
Onte, o fundador de Menéame.net abriu o programa Cámara Abierta de La 2 de Televisión Española (o incrustador de vídeos de TVE vai cando lle cadra, pero o clip pode verse sen problema na web do ente público):
Pero o máis rechamante de toda a intervención de Galli foi a súa defensa da neutralidade de rede, deixando ás intencións de Telefónica de cobrar a Google coma un absurdo ao asegurar que sería coma que Iberia pague a Rouco por usar o seu ceo
, coma ben destacou onte en Twitter Enrique Dans.
De todos os xeitos, queda claro que iso de que Telefónica poida cobrar a Google é unha animalada que só pode saír da cabeza dun economista que non entende o funcionamento da Internet e tampouco é consciente de que quen ten a tixola polo mango é Google (¿de qué serviría unha web sen contidos?).






2 comentarios realizados
1. Nemigo escrito o 24 de Febreiro de 2010 ás 16:18
baneou a alguén? Que raro!
2. Nemigo escrito o 27 de Febreiro de 2010 ás 11:46
resposta ao gurú do clon laranxa -> http://memeneopensandoenti.wordpress.com/2010/02/25/hablar-antes-de-pensar-es-lo-mismo-que-limpiarse-el-culo-antes-de-cagar/