Martes, 9 de Febreiro de 2010

Son Goku volve á Nintendo DS

Estou emocionado cos anuncios do novo xogo de Son Goku para a Nintendo DS, pois o xogo parece que volverá a ser moi fiel á serie As Bolas Máxicas:

O mellor de todo é cómo o promocionan. Por exemplo, teñen un anuncio retro co que case morro de risa (¡pensar que antes os xogos eran así de cutres!):

Pero polo que comento hoxe o tema no blog é polo último anuncio televisivo do xogo, que se o chegan a facer en galego, ata podería facerme chorar:

¡Siiiiiii! A canción é a de ti tamén queres amor, e alegrar o corazón…. Unha mágoa que na TVG non vaian botar este anuncio dobrado ao galego :(

ACTUALIZACIÓN: En Kotaku publican agora un novo vídeo promocionando o xogo que dáme gañas de aprender a tocar o piano:

Para os que non teñan moita memoria (ou poucos anos), velaquí a canción orixinal en galego:

2 comentarios realizados

a gravatar

1. skaltum escrito o 15 de Febreiro de 2010 ás 11:58

O primeiro Dragon Ball Origins para a DS xa me gustara bastante ( quizáis influido polo meu grado de fanatismo pola serie da TV jeje ), pero obxectivamente e cara a metade do xogo comezábase a facer un pouco reiterativo, caerá no mesmo erro esta nova entrega?, supoño, pero Son Goku ben pode superar iso.

a gravatar

2. Marcus escrito o 15 de Febreiro de 2010 ás 12:30

Ten un detalle que salvará o novo xogo da queima: ¡conta cun cameo de Arale Norimaki! Só por iso a nova entrega xa paga a pena ;)

Esta web apoia á iniciativa de petición
da volta do Xabarín Club á TVG

Facer un comentario

Etiquetas (tags) permitidas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Observación: Os comentarios poderían non aparecer automaticamente, pois nalgunhas ocasións precisan de moderación por parte do administrador deste blogue.

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Novas de Código Cero