Luns, 22 de Febreiro de 2010

Debate sobre a banda larga en RadioVoz

Presentación do Plan de Banda Larga
Esta mañá, co gallo do Plan de Banda Larga en Galicia 2010-2013, tivo lugar unha tertulia no programa Voces de Galicia de RadioVoz no que coincidimos no estudo coruñés Patricia Ferrol, Javier Wicho Pedreira e o que subscribe, reiterando argumentos que temos comentado noutras ocasións:

Audio clip: Adobe Flash Player (version 9 or above) is required to play this audio clip. You also need to have JavaScript enabled in your browser.

Iván Puentes, un alcalde conectadoIsidoro Valerio rematou o programa comentando o caso dun alcalde que está moi posto niso das TIC, e para quen non o collera, estabamos a falar de Iván Puentes, a quen entrevistaron hai pouco en La Voz de Galicia para dar conta do uso que fai o edil da Rede.
Non é que todos os políticos deban seguir o seu exemplo, pero estaría ben que os consistorios municipais tivesen máis presente a web como canle de comunicación para os cidadáns, de xeito que no rural galego haxa máis información de utilidade que poña en valor a Internet para unha poboación que actualmente está en exclusión dixital, pero que en boa medida é pola reducida utilidade que atopan á Rede.

Para rematar, teño que precisar, por se acaso, que a fenda dixital é a división que separa aos usuarios das TIC do resto da poboación, e non outras cousas:

Audio clip: Adobe Flash Player (version 9 or above) is required to play this audio clip. You also need to have JavaScript enabled in your browser.

3 comentarios realizados

a gravatar

1. Nemigo escrito o 22 de Febreiro de 2010 ás 21:32

isto da banda larga é como o sexo

Hai que practicalo máis e falar menos

a gravatar

2. David Pombar escrito o 23 de Febreiro de 2010 ás 11:00

Unha pregunta de inculto, por que razón a nosa banda é “larga”, e a do resto de poís é “ancha”

a gravatar

3. Marcus escrito o 23 de Febreiro de 2010 ás 13:28

David, en galego a largura é a dimensión oposta á lonxitude, de aí que dígase banda larga como en portugués e italiano (os franceses tamén aceptan a expresión large bande pero din con máis frecuencia haut débit). Coido que o único sitio onde se di banda ancha é no resto de España (ao final todo é unha adaptación do termo broadband).
De todos os xeitos, en galego é correcto dicir larga, ancha e ampla indistintamente, só que recoméndase o termo banda larga por ser o de uso máis común (houbo un esforzo normalizador para iso).

Esta web apoia á iniciativa de petición
da volta do Xabarín Club á TVG

Facer un comentario

Etiquetas (tags) permitidas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Observación: Os comentarios poderían non aparecer automaticamente, pois nalgunhas ocasións precisan de moderación por parte do administrador deste blogue.

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Novas de Código Cero