Venres, 5 de Febreiro de 2010

Bos Días á conexión do PC co televisor

Esta mañá no Bos Días da TVG falamos de cómo conectar o ordenador ao televisor:

Tras o lío dos cables, está o feito da utilización do PC coma Media Center grazas ao programa Telebisión, ao que recomendo botar un ollo:

¡Cagheina! ¡Cagheina! ¡Cagheina! Si, si, tedes razón, a TDT tamén pode gravarse en vídeos VHS a través do euroconector, e precisamente caín na conta ao saír do plató, e contactei coa persoa que fixo a pregunta para informala axeitadamente. Que non se diga que queremos enganar á xente para que deixe de utilizar tecnoloxías obsoletas. :o

Por outra banda, teño que recoñecer que fíxome moi ilusión atopar en maquillaxe a Tamara Canosa, a quen había tempo que non vía en persoa, e coa que Carlos Amado e Laura Casares fixeron un interesante repaso da súa carreira:

¡Cómo medrou a moza de Fito! ;)

9 comentarios realizados

a gravatar

1. Nemigo escrito o 6 de Febreiro de 2010 ás 1:38

se coincidiches en maquillaxe… vendo á moza está claro que te tangaron ;-)

Xa vai anos que se pode conectar todo á tv ou pc. Pódese conectar o video porteiro, calquera cámara (a da habitación dos cativos por exemplo), etc

O que non teño visto (supoño que existe) son cámaras de tv no carro como medida de seguridade (polos afeccionados a raiar carros ou roubar antenas)

a gravatar

2. Marcus escrito o 6 de Febreiro de 2010 ás 2:22

Si, as cámaras para os coches existen. Veñen de serie nalgún modelo de alta gama, e en certas tendas chinesas en liña venden versións barateiras, aínda que teño entendido que a principal función das cámaras e ter probas ante o seguro no caso dun accidente (e para aparcar, claro).

a gravatar

3. Bit escrito o 6 de Febreiro de 2010 ás 15:03

Telebision e un XBMC modificado, a verdade e que esta moi ben a modificacion, a ver se sacan o hardware que teñen pensado sacar.

a gravatar

4. Marcus escrito o 6 de Febreiro de 2010 ás 23:40

Realmente non está modificado, senón preconfigurado, facilitando bastante o traballo de instalación (que é bastante complicado se queres ter activas todas as funcións). Con iniciativas así é doado facer que a xente opte por este tipo de aplicacións, pero sacalo con hardware dubido que teña éxito pois actualmente xa hai discos duros multimedia moi completos a bo prezo (coma o ZoltarTV), que teñen moitas vantaxes con respecto a un PC (principalmente no tocante a espazo, ruído e e consumo).

a gravatar

5. carlos escrito o 7 de Febreiro de 2010 ás 23:19

hola marcus! maravillosa tu explicación sobre los cables y el apunte que hiciste de la web “telebisión”. sugerencia: dedicar un día a explicar como convertir en wifi la conexión de internet por usb, como la de vodafone, para que se pueda usar en toda la casa. un abrazo!

a gravatar

6. Marcus escrito o 7 de Febreiro de 2010 ás 23:36

Carlos, supongo que de eso hablaremos alguna que otra vez, aunque ahora mismo ya no hace falta controlar mucho para ello, porque las operadoras ofrecen soluciones para hacer eso como el MiFi o la Fonera 2.0.
Yo lo hacía hace unos meses con un router Asus tuneado, y luego también hay gente que aprovecha un ordenador para hacer de punto de acceso… ¡o incluso un móvil! Es una pasada que un simple modem 3G pueda aprovecharse para dar accesos a varios equipos por Wi-Fi, pues así cuando alguien se va de finde puede conectar desde el portátil hasta la consola de videojuegos a Internet. El Internet everywhere cada día está más cerca.

a gravatar

7. Bit escrito o 8 de Febreiro de 2010 ás 14:37

Si, e cada dia mellor Marcus agora que ofrecen transferencia ILIMITADA os operadores (iso si, limitando o ancho de banda cando pasas de X cantidade de datos descargados non vaia ser que satures a rede …)

a gravatar

8. Sak escrito o 8 de Febreiro de 2010 ás 15:32

Ninguén vai dicir nada do riquiña que é Tamara Canosa (non no sentido gadis, obviamente)?

a gravatar

9. Marcus escrito o 8 de Febreiro de 2010 ás 17:41

Bit, no caso de Vodafone xa non poñen límite de velocidade ao pasar de certo volume de descarga (só aseguran que ao superalo non garanten a calidade do servizo).
Sak, fas ben en precisar o do sentido Gadis :D

Facer un comentario

Etiquetas (tags) permitidas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Observación: Os comentarios poderían non aparecer automaticamente, pois nalgunhas ocasións precisan de moderación por parte do administrador deste blogue.

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Alianzo Rank de GalegoAlianzo Rank de Galicia

Últimos comentarios