Venres, 12 de Febreiro de 2010

Bos Días ao Google Buzz

Esta mañá no Bos Días da TVG falei con Carlos Amado e Xesús Peleteiro da principal novidade tecnolóxica da semana, o Google Buzz, ese intruso que apareceu no Gmail que para algúns é un mundo novo de posibilidades e para outros unha dor de moas:

Dende Google recibiron moitas queixas polo xeito de meter con calzador o Buzz, e están a modificar o seu funcionamento para que sexa unha ameaza para a intimidade dos usuarios.
Cómpre lembrar que no pé de Gmail hai unha ligazón para desactivar o servizo, e no caso de que teñamos a bandexa de entrada chea de comentarios de Google Buzz, podemos definir un filtro para arquivar estes contidos de xeito automático.

2 comentarios realizados

a gravatar

1. El gato en la caja escrito o 15 de Febreiro de 2010 ás 13:03

Eu xa o desactivei o venres. Cando acaben de facelos axustes pertinentes, mirarei de activalo de novo.

Por certo, que recomendo a lectura deste post: http://blogs.elpais.com/estrategia-digital/2010/02/los-riesgos-de-google-buzz.html e do blog, claro.

a gravatar

2. Marcus escrito o 15 de Febreiro de 2010 ás 13:34

Esta mesma fin de semana dende Google xa avisaron que van volver a modificar a configuración de privacidade de Buzz. Agradécese que escoiten as críticas, pero hai que admitir que meteron a zoca ata o fondo no xeito de lanzar un servizo que actualmente xa ten máis usuarios activos que Twitter :o

Facer un comentario

Etiquetas (tags) permitidas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Observación: Os comentarios poderían non aparecer automaticamente, pois nalgunhas ocasións precisan de moderación por parte do administrador deste blogue.

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Últimos comentarios