Chega o apagamento analóxico á Coruña, ¿ou non?

Estou un tanto molesto ante o apagamento analóxico en A Coruña, pois aínda que as canles estatais e autonómicas xa amosan nas súas emisións unha mensaxe na que advirten que agora están dispoñibles a través da TDT, as televisións locais van por libre e pasaron olimpicamente do apagamento:

Non entendo ese paso, pois ninguén vai prender un televisor no que só poidan ver Localia, Popular TV e un par de canles de teletimos, de xeito que a partires de hoxe ninguén verá a televisión en analóxico na cidade e bisbarra.
Eu agardaba que Localia TV pasase xa á TDT, pois é a única canle que non podo recibir en dixital na casa (na Coruña, que dende Melide pillamos Localia Santiago sen problemas dende hai boa). De feito, ao pensar no tema pasoume pola cabeza unha idea: ¿por qué molestáronse en facer programación hoxe se ningúen a vai ver? E decateime de que os clientes de R continúan a recibir Localia sen problema, de xeito que temos un exemplo claro de que é posible ter unha canle de televisión sen contar cunha licenza de emisión, de xeito que grazas a plataformas coma R, Imagenio, Digital+ ou a propia Internet é posible ter canles de televisión independentes de concesións administrativas. ¿Ten entón sentido que o Estado continúe a ter un control férreo sobre as ondas?
Volvendo ao ámbito local, ¿cómo é posible que na Coruña concedesen canles dixitais de ámbito local a Localia, El Ideal Gallego e La Opinión e que aínda non estea emitindo ningunha das 3 pese a que están obrigadas a facelo dende o 1 de xaneiro de 2008? ¿Fixeron pechar a TeleCoruña para nada?
Supoño que Localia Coruña estará na TDT en poucos días (falaban de comezar hoxe) pero supoño que boa parte dos problemas veñen de que na cidade tiñan que compartir os gastos das emisións entre 3 canles, e finalmente parece que a El Ideal e La Opinión nin se lles espera. Nin sequera tiveron a decencia de devolver a licenza (PRISA e Vocento están a devolver as súas licenzas por toda España), que é o propio se non pensan emitir, pois así, de haber algunha outra compañía que queira entrar en xogo, tería amparo legal para facelo.
Unha mágoa que Localia Coruña non pasase á TDT con certa antelación, pois iso obrigaralles a facer unha intensa campaña de comunicación para informar á cidadanía de que teñen que resintonizar as canles de TDT para recibir a súa programación, ou sexa, para poder ver a Txury e Antón facendo o tolo no futuro magazine Turquía (¡xa me tarda velo!).
ACTUALIZACIÓN (2-2-2010): Durante a primeira hora do serán as emisións locais en analóxico de Localia e Popular TV cesaron en A Coruña, aínda que as de Localia volveron (supoño que decatáronse que ao pechar o analóxico desaparecían as súas emisións de R).




9 comentarios realizados
1. Nemigo escrito o 2 de Febreiro de 2010 ás 0:00
isto do apagamento da TDT ten algo de pasado. Lembra a ise feixe de tv locais que emitían nos tempos dos videos comunitarios. Podería ser a TDT unha boa ocasión pra ordear as telecomunicacións do país. Pero como pasa cas emisoras de radio que emiten sen licencia ou non teñen emisión fora das grandes vilas
2. Marcus escrito o 2 de Febreiro de 2010 ás 0:29
Está claro que en abril van pechar absolutamente todas as canles piratas de televisión que hai por aí, pois ninguén vai recibir o seu sinal e non tería sentido a súa existencia (emitir non é barato). Agora haberá que ver se alguén atrévese a repetir este tipo de prácticas coa TDT (polo momento aínda non sancionaron ás compañías que emiten as teletendas actuais, que son totalmente ilegais, pois non son servizos interactivos).
3. Brigantium escrito o 24 de Febreiro de 2010 ás 12:51
Ola! Onte escoitei -de casualidade - que hoxe encetaban as emisións de Localia Coruña (en Compostela xa encetaron antes) en TDT, aínda non fixen a proba porque nos máis dos TVs da miña casa sintonizamos por R…
De calquera xeito se non é hoxe xa non debería faltar moito porque agora que ando a recuperar o tempo perdido con Zapping, este pasado finde que empecei escoitar o derradeiro dos directos, Antón dixo que comezarían “Turquía” a primeiros de Marzo sempre e cando estivese arranxado a mudanza a dixital, claro.
Agora só me falta mercar algún trebello para poder gravar as novas andainas de Antón & Txury!
4. Brigantium escrito o 24 de Febreiro de 2010 ás 12:52
Ostras! A opción esta de editar con conta atrás é nova, non si?
5. Marcus escrito o 24 de Febreiro de 2010 ás 13:46
#3 A información vén dunha cuña radiofónica na que din que van a emitir un programa a partires de hoxe (o Date el bote de Carlos Sobera), engadindo que pode verse por TDT, aínda que polo momento eu non recibo a canle. Coido que a data oficial da estrea é o 1 de marzo.
Ah, e é posible que a propia Localia suba a YouTube a súa programación, o que estaría ben, porque para a audiencia sería bastante tedioso (os programas de Turquía van durar bastante, polo que un particular non podería subilo dunha peza a YouTube, algo que si pode facer a súa canle).
#4 Brigantium, a opción leva meses, e resulta moi práctica
6. Brigantium escrito o 24 de Febreiro de 2010 ás 16:51
XD Nótase que levaba tempo sen comentar por aquí.
O de que hoxe comezaban en TDT escoiteino no informativo local, pero acabo de probar sintonizar no TV que temos por antena exterior e ren de ren…
Sobre “Turquía” pareceume entender que sería un programa de media hora… iso serán moitos MBs???
7. Marcus escrito o 24 de Febreiro de 2010 ás 17:35
Brigantium, pecharon a emisión en analóxico esta mañá, e agora mesmo están a emitir na SER unha cuña dicindo que están na TDT, pero na miña casa non a pillo, polo que supoño que estarán a preparar o repetidor esta mesma tarde (e poñen o anuncio agardando que pola noite estea todo OK).
8. Brigantium escrito o 25 de Febreiro de 2010 ás 1:44
Pois xa somos 3 os que non pillamos Localia en tres sitios distintos: nin ti, nin eu, nin o sr.R, que tamén deixou de enviar o sinal de Localia XD
… bueno, falo de R polo menos en analóxico, non sei se en dixital acontece o mesmo, non probei…
9. Marcus escrito o 25 de Febreiro de 2010 ás 2:20
Sobre Localia en dixital a través de R coido que aínda non saben cómo vai quedar a cousa, pois parece ser que dende o operador de cable non queren emitir canles clónicas que apenas cambien entre si nun par de horas diarias. Falábase da posibilidade de que emitisen unha especie de Localia Galicia, pero descoñezo se avanzouse algo nesa dirección.