A tele que vén (¿a tele que ven?)
Nacho de la Fuente vén de publicar o seguinte vídeo no seu blog:
E eu, ao ver iso de NOVA só podo pensar en que La Voz de Galicia ten rexistrada a marca NOVA 9 dende hai pouco máis de 3 anos. Agora que chegou hoxe o apagamento analóxico a media Galicia, ¿estamos máis preto do lanzamento oficial da canle autonómica de TDT de La Voz de Galicia?
Na web de Zinquin Audiovisual (autores do vídeo) din que o cliente é Medios Dixitais
, o que entendo que é para non dar pistas. Supoño que en poucas horas falarase máis do tema, pois entendo que buscan é dar que falar antes da campaña promocional tradicional.
ACTUALIZACIÓN (2-2-2010): Bit confirma que estamos ante a promo da canle de TDT de La Voz, coma podemos ver no blog de vTelevision, no que Fernanda Tabarés, subdirectora do proxecto televisivo, explica o seguinte:
Primera conexión con el ciberespacio
En sentido estricto, ésta es la primera conexión de Vtelevisión con el mundo. Asomamos hoy la patita de un nuevo proyecto de comunicación impulsado por la Corporación Voz. La galaxia McLuhan resuena en nuestras cabezas con toda su artillería!!! Resulta difícil no dejarse intimidar. Pero, ante todo, mucha calma. Somos gallegos, somos jóvenes (en realidad estamos en pleno chute de oxitocina, si esto fuera un parto), somos modestos, somos independientes, pretendemos ser modernos y fabulamos con la convicción de que otra televisión es posible. Porque, sí, estamos hablando de televisión… para entendernos, porque, ¿tiene algo que ver esto de la TDT con aquellas primeras imágenes que el 28 de octubre de 1956 llegaban a los 600 televisores (ni uno más) que entonces había en España (todos en Madrid, por cierto) y que pasan por ser la primera retransmisión televisiva de la historia? Va a ser que no. Por el camino, el ser humano inventó Internet, una avalancha de proporciones cósmicas que, para irritar a los apocalípticos, no ha hecho más que enriquecernos. Comunidad, red, interacción, participación… todo estos conceptos nos los ha regalado la aldea global y con ellos queremos jugar esta apasionante partida de póker que hoy iniciamos y en la que iremos soltando cartas para conseguir el mejor juego. Al otro lado del tapete, queremos que estéis vosotros. Para que quede clara nuestra vocación, arrancamos en el ciberespacio. Nos gusta Internet, nos gusta la tecnología y nos gusta lo que siempre ha hecho la Corporación Voz, buscar historias y contarlas.
Vaia, que dá a impresión de que queren levar o espírito da Web 2.0 á TDT. Se finalmente o nome é vTelevisión, aínda que arriscado, é mellor que Nova 9 (pois xa existe Antena.Nova) e que TeleVoz (que sona a carta de axuste na televisión analóxica local). Estaremos atentos.
ACTUALIZACIÓN (2-2-2010): Con data do vindeiro xoves (¿?) está rexistrado na OEPM o que podería ser o logotipo de vTelevisión:

¿Demasiado semellante ao de Cuatro? (dígoo polo circuliño vermello)
ACTUALIZACIÓN (3-2-2010): vTelevisión vén de estrear páxina en Facebook e conta de Twitter. ¡Van coma motos!




10 comentarios realizados
1. Bit escrito o 2 de Febreiro de 2010 ás 1:01
marcus, confirmado que e de Lavoz: http://www.vtelevision.es/ esa web e deles e teñen ahi o video.
2. Hola Holita!!!1 escrito o 2 de Febreiro de 2010 ás 12:45
¿En que lingua emitirá? En galego, en castelán ou en inglés?
3. Marcus escrito o 2 de Febreiro de 2010 ás 13:45
Emitirá en español e en galego. De feito, están obrigados por lei a emitir un mínimo da metade da súa produción propia en galego, de xeito que, coma mínimo, o 30% das emisións deberían ser en galego.
De todos os xeitos, facer este tipo de cómputo é moi complicado, pois non teño claro de se a obriga está nas horas de emisión ou nas horas de produción orixinal (as redifusións teñen moito peso nas televisións cativas).
4. Nemigo escrito o 3 de Febreiro de 2010 ás 2:07
a ver se lles vai igual que coa radio
5. Marcus escrito o 3 de Febreiro de 2010 ás 10:03
Pois RadioVoz en A Coruña vai bastante ben. A súa programación local podería considerarse a de referencia, en boa medida pola personalidade do conductor de Voces de A Coruña. Por desgraza, non acontece o mesmo no resto de emisoras (era moi descarado cando botaban o programa Zapping, pois a audiencia era case toda de A Coruña e Vigo, mentres que do resto de cidades non chamaba nin diola).
6. Josean escrito o 3 de Febreiro de 2010 ás 20:35
Ya tienen un medio mas para manipular.
7. Marcus escrito o 3 de Febreiro de 2010 ás 20:51
Josean, non sexamos tan pesimistas, e pensemos en que imos ter máis opcións para informarnos en Galicia. Ten en conta que Popular TV Galicia pinta mal (a COPE quere vender a súa plataforma de televisión), de xeito que en Galicia estamos sen televisións autonómicas privadas, o que limita as nosas fontes informativas considerablemente (especialmente onde tampouco hai televisións locais), de aí que a entrada dun novo axente debemos vela como unha nova excelente.
8. XHaRoY escrito o 3 de Febreiro de 2010 ás 23:38
Sinceramente non me espero nada de galego en Vtelevision ou como lle vaian a chamar… digo isto máis por “impresión” que por datos contrastados… pero dame a “impresión” de que la voz non é pricisamente un defensor da lingua propia.
Xa digo, quizáis esteña equivocado… pero habitualmente leo varios xornais no seu formato dixital, un deles é la voz… e non sei… teño esa sensación.
9. Marcus escrito o 4 de Febreiro de 2010 ás 0:24
XHaRoY, están obrigados por lei a ter contidos en galego. Dálle un pouco de confianza á canle, ¡que o director é de Melide!
10. Nemigo escrito o 4 de Febreiro de 2010 ás 1:51
non penso que La Voz poda aportar nada á galiza. Está claro que eles teñen unha plataforma moi ben montada en sabón. Viven diso (cada vez peor) pero é cabalo ganador, burro canso
Radio voz fora das cidades non saben nin que existe e ata dubido que teñan cobertura. Raia moito que non falen galego. Queda moi casposo tentar falar da galiza en castellano mesetario que se ve non pega. Non ten senso falar en castellano do que acontece na cidade ou nas vilas