Goretoxo fala de dereitos de autor no Foro Aberto
Aínda que parecía que ían falar da polémica Lei de Economía Sustentable, finalmente a intervención de Pedro goretoxo Silva no programa Foro Aberto da TVG foi bastante xenérica, converténdose nunha defensa da reformulación do modelo de dereitos de autor para axustarse á realidade, onde a distribución de contidos en soporte físico está a perder forza, deixando obsoletas leis promulgadas no tempo tecnolóxico da imprenta
:
A intervención de Pedro pareceume moi atinada, pero o pouco tempo que deron ao tema no programa fixo imposible a existencia dun debate, quedando sen contrastar a meirande parte das afirmacións que facían tanto Silva coma Barreiro Rivas.
Posiblemente é imposible chegar a un consenso entre todas as partes (hai moitos axentes implicados), pero sobre o que non debería haber ningunha dúbida é de que a propiedade industrial e os dereitos de reprodución non deberían anteporse aos dereitos dos cidadáns, carecendo de sentido que a protección da propiedade intelectual teña prioridade en sede xudicial fronte a delitos de verdade


Esta tarde tivo lugar a última entrega do Zapping On Tour, o que finalmente será a morte da marca Zapping. Si, o derradeiro Zapping foi literal, pero iso non quere dicir que Txury e Antón vaian deixar de entreter e facer gozar á súa audiencia, xa que á morte de Zapping séguelle o nacemento de Turquía, que será o nome do programa de televisión que en poucas semanas poderemos ver en Localia.
Nos vindeiros días poderemos descargar a gravación deste impresionante directo para o recordo, coa intervención de moitos vellos amigos, e cun divertido sorteo dunha viaxe a San Francisco (que resultou non ser á cidade norteamericana).

