Martes, 19 de Xaneiro de 2010

Goretoxo fala de dereitos de autor no Foro Aberto

Aínda que parecía que ían falar da polémica Lei de Economía Sustentable, finalmente a intervención de Pedro goretoxo Silva no programa Foro Aberto da TVG foi bastante xenérica, converténdose nunha defensa da reformulación do modelo de dereitos de autor para axustarse á realidade, onde a distribución de contidos en soporte físico está a perder forza, deixando obsoletas leis promulgadas no tempo tecnolóxico da imprenta:

A intervención de Pedro pareceume moi atinada, pero o pouco tempo que deron ao tema no programa fixo imposible a existencia dun debate, quedando sen contrastar a meirande parte das afirmacións que facían tanto Silva coma Barreiro Rivas.
Posiblemente é imposible chegar a un consenso entre todas as partes (hai moitos axentes implicados), pero sobre o que non debería haber ningunha dúbida é de que a propiedade industrial e os dereitos de reprodución non deberían anteporse aos dereitos dos cidadáns, carecendo de sentido que a protección da propiedade intelectual teña prioridade en sede xudicial fronte a delitos de verdade

9 comentarios realizados

a gravatar

1. “debate” no Foro Aberto | de mares, portos e portas escrito o 19 de Xaneiro de 2010 ás 11:31

[...] intrépido Marcus fixo o traballo que eu pensaba facer esta mañá, e subiu ao Vimeo o corte da miña intervención [...]

a gravatar

2. Nemigo escrito o 19 de Xaneiro de 2010 ás 12:47

a fenda xeneracional é evidente…

Barreiro pensa que os nosos antergos facendo petroglifos nas rochas son o sumun da creación cultural. Xa sabedes: voltade ao porriño, mercade croios e rochas e na casa cincen e martelo. Unha nova era na cultura galega pode ser chegada!

a gravatar

3. Marcus escrito o 19 de Xaneiro de 2010 ás 13:34

Os argumentos de Barreiro tamén teñen certo peso: o traballo de certos creadores hai que pagalo dalgún xeito. Hai que ter en conta que hai moitos profesionais que só cobran polos seu traballo (e non ven un can de canons e cousas polo estilo) e tamén hai que buscar fórmulas para que a creación poida continuar, pero o que vexo claro é que hai moitas discriminacións, que no caso do cine son brutais (poucos son os que cobran pola explotación das películas).

a gravatar

4. Nemigo escrito o 19 de Xaneiro de 2010 ás 14:16

comezando polo final os actores NON viven do cine, de facer cine. Ises son catro. Os actores viven de facer obras de teatro, anuncios de publicidade, facer de modelos e promocións, ir a programas de tv, etc

Barreiro non ten razón no que di. Se pensa así: que os autores deben cobrar polo chollo que o fale antes. El pretende publicar un libro e cobrar. Non pode ser. Se pensa así antes de facer nada que negocie as condicións e se non lle conveñen que non faga nada. El sabe (todolos autores saben) que a maioría dos que fan obras de todo tipo non cobran un peso. Escriben libros pra poñelo no cv, escribir artigos, dar conferencias e clases, asesorar a empresas e administración, etc. De iso é do que viven ises autores. Barreiro está na tv por que é coñecido polo que di. Porque alguén o escoita. Aquí se temos que pagar por falar do que di Barreiro non diríamos nada. E nós non cobramos tampouco

a gravatar

5. Marcus escrito o 19 de Xaneiro de 2010 ás 14:29

Nemigo, co do cine non me refería a iso. Falo de que cando un grupo inmenso de xente fai unha película, só uns poucos cobran por algo máis que polas horas traballadas. En moitos casos nin os guionistas nin os actores ven un can da taquilla, as vendas en DVD e a explotación televisiva dun filme, senón que son as produtoras e distribuidoras as que quedan con ese negocio. Hai casos nos que un actor si colle tallada de todo iso (normalmente para compensar que acepta traballar por menos cartos do que cobra habitualmente), pero en poucos casos os guionistas e directores (dos técnicos, nin falemos) ven un can de todo ese negocio. ¿Por qué hai distintas normas segundo o tipo de produto cultural producido? ¿Ten máis dereitos un compositor musical que un guionista?

a gravatar

6. Nemigo escrito o 19 de Xaneiro de 2010 ás 16:19

é que indo por aí… cantos futbolistas viven de iso?
Tamén lembrar que os autores dos libros di barreiro que deben cobrar… e os que traballan nas imprentas? O que deseña a portada do libro tampouco ten dereito a parte da tallada? A compañía eléctrica non ten tamén dereito a parte dos cartos… sen eles as máquinas non van. E claro os deseñadores de isas máquinas (e os fabricantes) tamén terían dereito a tallada
Habería que preguntarse se non habería que pagar tamén dereitos de autor aos que traballan en tv, aos técnicos. Son eles, o seu bo facer, os que permiten que berreiro fale das súas obras
Diríamos máis, agora mesmo debería a $GAE poñernos en nómina: estamos a promocionar a producción cultural

Estou ao 100% con ista reivindicación -> http://fotosiqui.wordpress.com/2010/01/17/manifiesto-de-apoyo-de-los-fotografos-a-la-sgae/

Que se prohiba o uso de photoshop a persoas non cualificadas. Voltemos ás cavernas. A grupos elitistas nos que estaba o coñecemento. Ata vai ben poucos séculos só as elites sabían escribir. Con ista democratización da cultura ven a piratería

a gravatar

7. Gabriel escrito o 19 de Xaneiro de 2010 ás 16:50

O que pasa é que a xente non se percatou da revolución que trouxo Internet. O mundo cambiou radicalmente, antes viviamos na época do papel e agora na dos bits. Pretender manter o modelo económico pre-internet nesta época é como saír a horta pola mañá, ver que no lugar da horta hay unha albufera e insistir en plantar patacas nela.
Eu tamén teño dereito a vender as miñas ideas da forma que eu queira, pero se escollo a forma equivocada, o mercado dame nos dentes. Esto pasou toda a vida, o que pasa é que agora pásalle ás grandes distribuidoras. Xa está ben de pensar que os que descargan archivos de Internet son uns caraduras que queren todo gratis.

a gravatar

8. Pedro Silva falou na TVG sobre os dereitos de autor | O levantador de minas escrito o 19 de Xaneiro de 2010 ás 17:23

[...] Vía Marcus. [...]

a gravatar

9. Nemigo escrito o 20 de Xaneiro de 2010 ás 1:26

o exemplo da horta é bo. Imaxinar a ise labrego na feira tentando vender patacas a 3 euros o kilo e como non vende: é culpa dos que non mercan, di

A día de hoxe pode que sexa imposible achegar posturas. Lembremos que as discograficas pechan. Prefiren pechar antes que trocar o negocio! Pasa como os constructores especuladores que prefiren deixar as casas embargadas polos bancos antes que baixalas de prezo

A mentalidade é isa

Facer un comentario

Etiquetas (tags) permitidas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Observación: Os comentarios poderían non aparecer automaticamente, pois nalgunhas ocasións precisan de moderación por parte do administrador deste blogue.

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Últimos comentarios