Debate político-melidense en Dez TV
A política melidense está moi animada estes días, e así esta fin de semana puiden ver polas rúas da vila un cartel co seguinte texto:
OS MELIDENSES CAEULLES O GORDO CON SOCORRO CEA E MANOLO PRADO.
MANOLO PRADO PERMITIUSE UN GRAN AGASALLO NESTE 2010 E ATOPOU UN POSTO DE TRABALLO PARA A SÚA MULLER COMO ENCARGADA DO PUNTO LIMPO ,( XESTIONADO POR CELTA PRIX A TRAVÉS DO CONCELLO), SOCORRO CEA COMO ALCALDESA E MÁXIMA RESPONSABLE CONSENTIUNO.
!!!! HAI QUE TER POUCA VERGOÑA ALCALDESA!!!
MELIDE CONTA CON 571 DESEMPREGADOS, BATENDO TÓDOLOS RECORDS DA HISTORIA, E O ÚNICO POSTO DE TRABALLO CREADO RECAEU NA MULLER DO TENENTE DA ALCALDESA.
¡!! ESTO SI QUE É TOCARLLES A UN O GORDO!!!
O BNG- PSOE, OU O QUE É O MESMO SOCORRO CEA E MANOLO PRADO PERDERON A POUCA DIGNIDADE QUE TIÑAN COMO POLÍTICOS E DENDE O PP PEDÍMOSLLES QUE OS RECIBO DO LIXO QUE TEREMOS QUE PAGAR POR DUPLICADO NO 2010 OS PAGUEN ELES DO SEU BOLSILLO, XA QUE POLA CONTRA TÓDOLOS MELIDENSES LLE IMOS PAGAR O SOLDO A MULLER DO TENENTE ALCALDE.
¿ALCALDESA, CANTAS INMORALIDADES MAIS VAS CONSENTIR DE AQUÍ Ó FINAL DA LEXISLATURA? ¿ SE PERMITES ESTO, A DONDE VAS SER CAPAZ DE CHEGAR? ¿QUE HAI DETRÁS DESTE PACTO DE SILENCIO?
E a cousa parece que vai ir a máis porque esta noite ás 22:00 horas en Dez TV (na canle 55 da TDT) vai ter lugar un programa especial de A Peneira no que falarán a xeito de debate da Problemática laboral no Concello de Melide e contarán cos seguintes convidados:
- Socorro Cea, alcaldesa de Melide
- Ánxeles Vázquez, voceira do PP
- David Barrio, sindicalista de UGT
- Fernanda da Tahona, ex traballadora de Radio Melide
Aínda que non estou certo de que a alcaldesa vaia asistir.
Por desgraza, non ando por Melide para gravar o programa e poder publicar na web algún corte en vídeo do mesmo, pero agradeceríase que o fixese algunha alma caritativa (ou que avisen se saben se o programa vai repetirse durante a fin de semana).
ACTUALIZACIÓN: Dende Dez TV avisáronme de que Soqui Cea non confirmou a súa presenza no debate que terá lugar pola noite en directo. Tamén comentaron que a pasada noite estiveron a empapelar Melide con carteis informando da emisión do programa de televisión, e alguén arrincou os carteis
ACTUALIZACIÓN (12-1-2009): O PP de Melide publicou no seu blog un comunicado sobre este tema:
O PP DE MELIDE LAMENTA A AUSENCIA DE SOCORRO CEA NO PROGRAMA-DEBATE A PENEIRA DE DEZ TV SOBRE A PROBLEMÁTICA LABORAL DO CONCELLO DE MELIDE
* O Grupo popular está convencido de que a Alcaldesa non tiña argumentos, feito polo que non se presentou ó programa
* A voceira popular valora positivamente este tipo de debates donde tódalas partes implicadas poidan dar a súa opinión contrastada , libre e democraticamente sobre feitos cualificados de graves
O PP de Melide lamenta a ausencia da alcaldesa ou en último caso de algún representante do Concello no debate xerado en Dez T.V a raíz da problemática laboral xurdida no Concello a raíz de entrar no goberno melidense o bipartito PSOE-BNG. A voceira do PP di estar convencida de que a non presencia de ninguén do Concello é froito da falta de argumentos para rebater tanto ó Grupo Popular como a sindicalistas e traballadores. O Grupo Popular cualificou a actitude de Socorro Cea e Manolo Prado de única, incrible e penosa ó entender que non pode haber políticos que se dediquen a facer continuos despidos improcedentes polos que o Concello foi condenado en 6 ocasións acarreándolle gastos que superan con creces os 60.000 € e ós que hai que engadir os derivados dos custos do proceso. Ánxeles Vázquez criticou que os melidenses teñan que pagar do seu bolsillo estas condenas que os xuíces impuxeron ó concello cando hai unha morea de obras que se podían acometer. A voceira do PP aclarou que estes despidos non son para rebaixar o número de traballadores, senón todo o contrario debido a que no capítulo de persoal se gastan 300.000 € mais ó ano que cando gobernaba o PP e instou a que se hai traballadores que non cumpren se lles abra un expediente cousa que ata o de agora non aconteceu polo que se entende que todos son verdadeiros profesionais polo que lles pide á alcaldesa que ó resto se lles deixe traballar. Ánxeles Vázquez cualificou ademais de inmoral certas actitudes por parte do goberno das cales son cómplices Socorro Cea e Manolo Prado e agarda que recapaciten.
ACTUALIZACIÓN (17-1-2010): Esta fin de semana vin en Melide un cartel do PSdeG no que deféndense do anterior cartel do PP, considerando que foi bastante inxusto, pois a mencionada contratación da muller do tenente de alcaldesa para o punto limpo foi un asunto puntual de 5 días a través da empresa concesionaria do servizo, ou sexa, unha actuación allea ao Concello, e algo bastante diferente a un posto de traballo
.
ACTUALIZACIÓN (10-2-2010): David Barrio comunicoume o seguinte por correo electrónico:
A federacion de servicios da UGT vai a manter unha nova xuntanza coas limpadoras do Concello.
Ditas traballadoras a pesares de pertencer a unha empresa privada (xa que o Concello ten subcontratado dito servizo) están en moitos casos traballando con xornadas ridículas (menos de 8 mensuais) e outra serie de imcumprementos en materia legal.
Dende a UGT imos defender un traballo xusto e en condicións e non descartamos actuacións contundentes se isto non se cumpre. ESIXiMOS un cambio de conduta neste sentido




48 comentarios realizados
1. uffff escrito o 11 de Xaneiro de 2010 ás 13:11
No tengo palabras.
2. lauren escrito o 11 de Xaneiro de 2010 ás 15:32
eu acabo de ver un cartel no cruce,.Tampouco ando por Melide…
3. os teus ollos escrito o 11 de Xaneiro de 2010 ás 15:59
Marcus,o primeiro cartel es do pp( o do gordo),o segundo do psdeg(o do debate).
4. uffff escrito o 11 de Xaneiro de 2010 ás 17:23
non. o segundo e da ugt non do psdg.
5. mijoni69 escrito o 11 de Xaneiro de 2010 ás 19:38
y a alguien sorprende que los arranquen? si lo hacen siempre.
6. Marcus escrito o 11 de Xaneiro de 2010 ás 19:41
Home, que arrinquen uns carteis avisando da emisión dun programa de televisión non parece moi normal (pois están destinados a informar só durante un día).
7. mijoni69 escrito o 11 de Xaneiro de 2010 ás 23:15
IMPRESIONANTE LA ENTREVISTA. OIR A UN SINDICALISTA DECIR LAS COSAS QUE DIJO DEL BIPARTITO PONE LA PIEL DE GALLINA.
VAYA GOBERNANTES TEMOS EN MELIDE. QUE PENA.
8. Josiño escrito o 12 de Xaneiro de 2010 ás 10:00
Pola razón que fose,onte só escoitamos unha versión(ou dúas)do caso , cousa que non me agradou nada.E non porque se repita unha cousa máis que outra vai ter máis verdade.
Por certo Marcus,estaría ben un linquiño para poder revisionar o “debate” este.Confiamos en que en breve o colgarás.
9. Tonecho escrito o 12 de Xaneiro de 2010 ás 10:35
Hola Marcus.
Onte foime imposible ver o debate. Se sabes dalgunha forma na que se poda ver, ou algun sitio donde alguen o colgue agradeceriache que o comentaras no blog.
Non sei o que se falou pero son temas que me tocan directamente e non me gusta depender de visions parciais da xente.
Graciñas pola axuda.
10. uffff escrito o 12 de Xaneiro de 2010 ás 10:36
Vamos a ver entiendo que si Soki y manolo no fueron es porque no podían rebatir nada, digo yo, la lógica manda. Y si los que estaban allí tenían documentación firme de sentencias…. Sea lo que fuere este gobierno se está luciendo.
11. Marcus escrito o 12 de Xaneiro de 2010 ás 11:27
#8 #9 Josiño e Tonecho, coido que esta semana a xente do PP de Melide vai subir o vídeo á Internet, así que darei conta do mesmo no seu momento.
#10 Posiblemente fose así. Normalmente os políticos buscan baterse en condicións controladas e poñen bastantes condicións na realización de debates. De todos os xeitos, agardo que antes das eleccións municipais poidamos ver algún debate de verdade (pedir unha tertulia xa sería moito).
12. os teus ollos escrito o 12 de Xaneiro de 2010 ás 11:37
Manolo Prado é Concelleiro de Traballo de Melide…sic
13. Aninovo escrito o 12 de Xaneiro de 2010 ás 13:22
…ya ruedan cabezas….
14. tito escrito o 12 de Xaneiro de 2010 ás 18:11
Q pensabades q o d Manolo era gratis?, por outro lado,esta señora pensa q pode facer e desfacer o seu antoxo. É UNHA DICTADORA E ADEMAIS UNHOS SECTARIOS
15. Aninovo escrito o 12 de Xaneiro de 2010 ás 18:19
Tito:gratis? qué va!Manolo ya venía con descuento por promoción desde el principio,tras pasar las rebajas de verano, ahora le llegó la liquidación…¿por cierre?
16. Oquenonsabenada escrito o 12 de Xaneiro de 2010 ás 21:03
Pero non vos dades conta de que esto cada vez será peor.
So lles quedan 18 meses e teñen que empezar a recoller o fruto do seu traballo.
Traballadores despedidos sen sentido=familias cabreadas, RPT destrozada=traballadores cabreados, mala xestion=veciños cabreados.
Cada un recolle do que sementa.
A miña familia e eu mesmo, o unico que desexamos e que recollan en votos xusto o que sembraron, os de catro amigos e algun primo.
Eso si, eu saco a Manolo dese saco, el non ten culpa nin dos despidos, nin dos traballadores enfadados, nin dos veciños cabreados, el solo ten a culpa de deixar facer e mirar para outro lado (que non e pouco).
Por certo Josiño, se unicamente se escoitou unha version (ou duas) foi por non querer ir a expoñer a sua, xa que invitados estaban.
Porque crees que sería?Axenda?Familia?Traballo?Non ter que dicir?, ti que crees? (pero sendo sincero e non partidista).
17. XHaRoY escrito o 13 de Xaneiro de 2010 ás 9:07
Se non mal recordo.. nas últimas eleccións autonómicas feijoo non quixo asistir a debate ningún… por esa regra de 3.. cales foron os motivos? que non tiña ningún argumento que amosar… que tiña medo de touriño? medo de quintana?
É curioso que un diga que un político non asiste a un debate por non ter argumentos para defenderse… cando os outros fan o mesmo.
En resume… se feijoo non quixo ir no seu día a debate ningún co psg e co bng… soqui tampouco ten porque ir a debate ningún co pp… ollo por ollo :).
En canto ao problema en cuestión… se é verdade o de que a muller do tenente-alcalde foi colocada como encargada do punto limpo sen xustificación razonable… ben feito non está… iso é evidente… pero en fin… tristemente iso ocorre en todos lados só hai que ver a sucesión dinástica que preparan en Ourense…
Mentres que os galegos é en xeral os españois.. non desprecemos en conxunto determinados actos dalgúns políticos (corrupción, regalos, colocación de amigos-familiares, etc) mal vamos… noutros paises sucesos de ese tipo supoñen o fin da carreira política do implicado… aquí non pasa nada… empezase a criticar a policía e aos xuíces e xa está…
En fin.. hai moito que mellorar xente… TODOS.
18. Josiño escrito o 13 de Xaneiro de 2010 ás 10:09
Oquenonsabenada,de partidista nada.Se les o meu comentario simplemente digo que é unha mágoa(por iso o de que “non me agradou nada”) non escoitar versións alternativas dun caso en contreto,xa que se supón que é máis sano.E repito ( se as asistencias ó programa foran ó contrario) non por dicir unha cousa moito a convirte en verdade,independentemente das razóns polas que non se non se dé outra versión.
E como dí XHaRoY , miremos cara Ourense . Porque se falamos de corrupción política…se hai algún partido que nos últimos anos se relaciona con ésta,todos sabemos cal é.
Outra cousa,o “debate” trataba do despido improdecente e masivo de traballadores do concello,non? …e falouse nalgún momento de cando outros governaban do exceso de contratacións no concello.Porque se non lembro mal sempre se falou de que era excesivo o número de traballadores que había.
Un último apuntamento,se estamos en crise estamos todos,e culpar do paro ó governante de turno é inxusto.Por exemplo ,en Lalín foise moita xente ó paro,e nunca escoitei que fora pola xestión de governo.Sexamos coherentes.
Non sei…TODOS teñen moito que rañar
19. Marcus escrito o 13 de Xaneiro de 2010 ás 11:08
Josiño, non estou certo de que a sobrecontratación de persoal anterior sexa a causante dos despedimentos improcedentes actuais, pois teño escoitado por aí que actualmente hai máis traballadores no Concello que antes (dato que non puiden corroborar).
20. josiño escrito o 13 de Xaneiro de 2010 ás 11:47
Eu tampouco,Marcus.O que pasa é sempre falan do que pasa agora(que me parece lóxico) esquecendo o que está tempo atrás (que tamén conta ,e moito).
Estaría ben saber o nº de traballadores no concello hoxe e fai 3 anos.Está claro que con datos concretos fánse mellores valoracións.
Veña meu.
21. Marcus escrito o 13 de Xaneiro de 2010 ás 13:19
Josiño, acabo de ver o novo cadro de persoal do Concello no BOP e estaría composto por 29 funcionarios, 19 contratados fixos, 56 contratados temporais e 1 contrato eventual de gabinete, o que sumarían 105 traballadores mentres que os datos de 2006 cifraban tal candidade en 97, polo que estarían a incrementar a carga laboral do Concello, o que parece contradicir o discurso da última campaña electoral local.
Mirando o cadro de persoal de xeito rápido deume a impresión de que o incremento laboral vén provocado pola incorporación de auxiliares a domicilio, o que non sei se antes existía dependendo directamente da Xunta ou é unha figura nova.
22. Oquenonsabenada escrito o 13 de Xaneiro de 2010 ás 13:26
XHaRoY, non sabia que Feijoo, fose a presentarse as eleccions en Melide, nin que Baltar fose familiar de algun de Meldie. Penso que a culpa de que ninguen do goberno Melidense foes o debate, foi dun romano que se enfadou cun Ibero e non lle dirixiu a palabra nunha charla de tasta celta.
Non dixen en ningum momento que fose Soqui, so dixen que non foi ninguen.
Eu non teño nada que decir, falando de algo municipal, sobre as eleccions autonomicas, nacionais, nin moito menos sobre Ourense.
Falo de que CREO (apreciacion persoal) que non teñen nada que decir para rebatir o exposto, entre outras cousas porque existen sentencias firmes o respecto.
Josiño, en ningun momento dixen que foses partidista, a pesar de que se poidera entender asi, o que queria decir e que se o pensas friamente e non estas politicamente implicado de ningun lado, non e loxico que ninguen do goberno dera algun tipo de aclaracion, o cal para min (apreciacion persoal) e porque non poden e teñen que calar.
Sobre o que comentas de excesos de contratacions e os despidos dos ultimos anos, podoche aclarar (sen numeros exactos pero si xenericamente) que o comentario de que no concello existian moitas contratacions era a epoca da Escola taller que figuraban como empregados do concello. O resto do tempo o numero sempre estivo moi aproximado, agora existe algun posto mais, pero eso para min non e o malo.
O preocupante foi a morea de despidos improcedentes (con sentencia favorable os traballadores) e os que non foron a xuizo.
Se sumas, as de axuda a domicilio, a radio, o de deportes, os musicos, as da limpeza, foron casi (se non pasan) 20 persoas, nun concello de 90, o porcentaxe e bestial.
O realmente importante non e se contrataron a muller de Manolo (que moralmente esta mal, pero e legal) o importante e que 2 de cada dez empregados municipais pasou ou pasa problemas con este goberno.
Se a vos non vos parece exaserado, a min si, e o peor e que o xuiz (os que foron o xulgado) tamen lle pareceu o mesmo.
23. un escrito o 13 de Xaneiro de 2010 ás 13:34
Pois eu penso que a incorporación de persoal de axuda a domicilio fala ben da xestión do goberno. ¿Ou como pensan dar máis servizos sociais sen meter xente? Para min é un adianto. E se os gobernos de atrás non foran encadeando contratos un tras outro sin convocar nunca plazas limpamente, non habería xuízos por xente que colleu dereitos por ser amigos daquel goberno.
24. uffff escrito o 13 de Xaneiro de 2010 ás 13:56
no hay más ciego que el que no quiere ver. Xharoy si quieres llamamos a Adán y Eva …. para que hagan un debate. Yo me parto de risa. Hay sentencias firmes que más quieres. Y no me vale lo de “lo de antes tb lo hicieron” … Están cometiendo tantos errores que todo se verá en las próximas. El pueblo decide.
25. Oquenonsabenada escrito o 13 de Xaneiro de 2010 ás 14:12
Un, para decir eso tes que telo moi claro xa que estas decindo que existia un delito.
Di (se es capaz) de decir unha soa persoa que entrese no concello sen aprobar a sua praza.
Por esa norma que ti aplicas, xente como Raquel (radio), Maria (radio), Rosalia (cultura), etc se lles amplian os contratos outro ano mais, e porque son amigos, non por ser bos profesionais??? Eres capaz de afirmar iso??
Afirmar que as prazas de antes eran por amiguismo e as de agora non, e ser totalmente partidista, e se das nomes (cousa que non creo) é denunciable xa que estas acusando directamente dun delito.
Sobre o de ampliar as de axuda a domicilio, opino que non e malo, penso que se un concello quere dar servicios de calidade, ten que ter persoal e non contratar todo.
Por certo, falando de contratos sen praza, creo recordar a responsable do gabinete de comunicacion (que e legal, pero sen praza publica) e algo lin nalgun sitio dunha factura dun asesor musical, e tamen existe un asesor xurido. Esto antes estaba mal e agora ben???
Estas si foron sen praza, ti coñeces algunha mais??? Pero por favor da nomes.
26. XHaRoY escrito o 15 de Xaneiro de 2010 ás 12:32
Claro si… agora o único que importa é Melide… da igual o que faga o presidente da Xunta ou o que ocorra en Ourense… total Melide é autosuficiente e construise as súas propias infraestructuras… como a autovía… quen decide que a autovía pase por melide? a alcaldesa?
En fin.. isto vai bastante máis lonxe do propio concello… a limpeza da clase política é bastante cuestionable e niso creo que só hai que ver un anaco as noticias para saber quen ten maioría absoluta… pero reitero o mesmo que é o que importa: actualmente non se castiga ese tipo de política por non decir de corrupción… é moi triste que hoxe en día suceda iso.. e falo en xeral… nisto non hai cor nin ideoloxía… xogar ou malgastar o diñeiro público debería ser duramente castigado electoralmente.. por desgraza non é así.
Como dixo josiño (creo) o presente é o importante pero sempre hai que valorar o presente comparando co pasado… e ben… preguntome… despois de 3 anos de cambio na alcaldía… que se fixo? comparemos entón cos 16? cantos foron? anos anteriores… está mellor ou peor o pobo? servizos? mellorouse ou foron a peor? beirarrúas? agora son “decentes”… eran antes mellores?
E xa en fin… tendo en conta a importancia da autovía para a xente… así o demostraron os conciudadáns… cal foi o motivo de que o trazado non fose dende o comenzo o actual? se alguén o quere explicar… que o faga.
En resumo… deixando a un lado o tema dos empleados ou desempleados do concello, que é algo que puido ser realizado de mellor forma… ao igual que moitas outras cousas… pois creo que as cousas nos últimos 3 anos foron a mellor en comparación aos anteriores… ningún goberno é perfecto, agora ben todo o que sexa mellorar é de agradecer; sinceramente é o meu punto de vista intentando ser o máis imparcial posible… últimamente ando bastante lonxe de Melide e cada vez que vou encontrome algunha mellora que nunca con anterioridade houbo.
En fin para gustos cores… pero creo que se podería facer un cadro comparativo ao respecto xD.
27. Oquenonsabenada escrito o 15 de Xaneiro de 2010 ás 13:20
Podemos facelo cando queiras XHaRoY.
O actual goberno realizou as melloras loxicas dun concello que ten do seu lado a Deputacion e a Xunta, agora que lle quedan poucos amigos veremos que se fai.
De todos xeitos falar desto e apartar o tema do que se trata esta entrada.
Esta entrada fala dos problemas nos despidos improcedentes, e a falta de respeto os traballadores.
Insisto en decirche que o trato de cara os traballadores en moitos casos foi bergoñento, para que duas traballadoras con contrato en vigor saian en directo a decir que e certo (sabendo que peligran os seus postos de traballo) e moi impactante para os que o vemos dende fora.
Gustariame que alguen cercano o goberno fora capaz de dar unha explicacion ou xustificacion dos casos ocurridos, simplemente saber se e por non ser bos traballadores, por ter relacion politica ca oposicion, porque???
O malo, e que presoalmente estou convencido de que non existe nada mais que lles tocou a eses e punto.
28. papel escrito o 15 de Xaneiro de 2010 ás 17:28
Hola Marcus. ¿Me podrías indicar cual es tu correo electrónico al que poder enviarte alguna cosa relativa a temas que aparecen en tu blog?. Muchas gracias
29. Oquenonsabenada escrito o 15 de Xaneiro de 2010 ás 18:29
Segun o blog do PP, outra demanda mais no xulgado.
De ser certo esta a gañarlle a calquera concello. Non teño datos como e evidente, pero dudo moito que existan concellos con este nivel de demandas (perdidas) por parte do equipo de goberno.
Noutros concellos unha soa demanda gañada por un empregado, fai temblar o Alcalde ou Alcaldesa. Aqui van 6 gañadas polos empregados e nin Soqui, nin Manolo teñen nada que dicir.
Vos que opinades XHaRoY e Josiño??
Por certo Josiño, Marcus deu os datos oficiais do numero de empregados, que che pareceron??
30. Marcus escrito o 16 de Xaneiro de 2010 ás 1:29
#28 Papel, coido que o meu enderezo está claro no lateral do blogue:

Vaia, que sempre estou aberto a suxestións.
Ah, e se todo vai ben, o domingo pola noite estará na Rede o programa de Dez TV
31. Josiño escrito o 17 de Xaneiro de 2010 ás 14:08
Supoño que te refires á mensaxe 21 .Ten en conta as contratacións de auxiliares a domicilio , que tamén as menciona.
Marcus,gracias por anticipado polo programa.Sei que moita xente cho vai a gradecer xa que hai moitos sitios que ,incluso coa sinal dixital non recibe moi ben DezTv.
32. marcus.es » Programa especial de A Peneira dedicado a Melide escrito o 18 de Xaneiro de 2010 ás 2:04
[...] A semana pasada tivo lugar no programa A Peneira de Dez TV un especial dedicado á problemática laboral no seo do Concello de Melide, que pretendía ser un debate, pero ao que só asistiron representantes dunha parte, pois o Concello rexeitou a invitación da canle de televisión local de Lalín, de aí que o resultado fose un tanto decepcionante. Coma non todos poden recibir Dez TV nos seus fogares (á miña casa chega de chiripa), velaquí poño a gravación íntegra do programa: Sen a presenza de Soqui Cea a cousa quedou bastante rara, pois converteuse nunha enumeración de casos puntuais e anécdotas, das que non podemos contrastar puntos de vista, algo que agardo que corrixan no futuro, organizando un debate máis xeral sobre a situación de Melide (sen limitarse á casuística dos conflitos laborais) que conte coa presenza das distintas formacións políticas. [...]
33. Aninovo escrito o 18 de Xaneiro de 2010 ás 7:35
O cartel do Psdeg é cousa de Manolo,NON cousa do Psdeg…¿quedou clariño?
34. XHaRoY escrito o 18 de Xaneiro de 2010 ás 17:01
Marcus agradecería que valorases crear un novo artigo sobre o debate que se está a crear sobre o fúturo decreto “decretazo” lingüistico.
Sinceramente, a min polo menos preocupame e digo de corazón… bastante máis iso que que moitas cousas… incluído quen sexa a alcaldesa de Melide… é algo que considero de vital importancia e en resumo, gustaríame que valorases a posibilidade de crear un artigo sobre ese decreto así como linkear as opinións dos diferentes organismos (sen ir máis lonxe a RAG).
Gracias e disculpa polo “cambio de temática”.
pd. oquenonsabenada sinceramente parece evidente que ti tes claro a túa elección en canto a voto se refire.. eu tamén… e non cambiarei de idea… xa se verá que ocorre.. eu teño claro como estaba o pobo ata fai 2 anos… e como está agora.. pouco a pouco a melloria é clara. O pp estivo no estado, na xunta e no pobo e nunca vin nada semellante (con isto respondoche ao que dixeches de que se fixeron cousas porque a xunta bipartita se portou ben con Melide).
En resumo que me da o mesmo, o pobo manda e decidirá quen é a nova alcaldesa ou alcalde dentro dun tempo… dende logo co Galego si que se están lucindo :). Non quero o mesmo en Melide
35. Oquenonsabenada escrito o 18 de Xaneiro de 2010 ás 17:06
Escapamos que queima XHaRoY??
Non discuto que o tema da lingua e importante, pero crees que mais que xogar co futuro de persoas que traballan para o actual goberno municipal??
Preguntalles a eles e vemos que opinan.
36. Marcus escrito o 18 de Xaneiro de 2010 ás 19:15
#34 XHaRoY, este espazo non parece o máis axeitado para falar do decretazo do galego, tema do que imos ter dabondo en todos os medios de comunicación durante meses (lembremos que aínda está en fase de borrador, e a súa formulación pode mudar moito nas vindeiras semanas).
37. XHaRoY escrito o 20 de Xaneiro de 2010 ás 9:51
Escapar? mira por si non te das conta… traballar para o concello en Melide é case para sentirse privilexiado, o é agora, fai 4 anos e fai 10.
Cantos veciños e veciñas do pobo marchan a traballar fóra? cantos opositan para converterse en diferentes tipos de funcionario ou funcionaria?
En resumo.. canta xente nova e non tan nova marcha do pobo cada ano? O que non esteña contento no concello, que colla a porta e lle deixe o seu lugar a outro ou outra… que candidatos fixo que non faltan.
Para min é máis importante que a función que realice o governo dun concello sexa correcta e beneficie ao pobo, e volvo ao que xa dixen antes… como estaba melide fai 3 anos… como está agora… polo menos agora hai algunha que outra beirarrúa “decente” entre outras cousas.
E en conclusión o máis importante, para min é moito máis importante a defensa do idioma propio e oficial xunto co castelán que o posto de traballo de determinadas persoas, as cales xa digo son ou foron unhas privilexiadas en comparación coa xente que cada ano marcha do pobo a buscarse a vida.
Pero en fin… isto creo que o sabes perfectamente, xa é cousa de cada un do lado que se queira poñer… agora o debate está na rúa e xa se verá que ocorre :).
p.d: Marcus razón non che falta, vai a ser un tema que vai a estar durante meses na rúa… supoño que é precipitado comezar agora a darlle “candela”, xa que se corre o risco.. seguramente suceda… de que unha amplía % da poboación se farte de escoitar sempre o mesmo.
Saúdos
38. Aninovo escrito o 20 de Xaneiro de 2010 ás 15:36
“…asunto puntual de 5 dias…” porque al 5º día ante la que se avecinaba …
39. Marcus escrito o 20 de Xaneiro de 2010 ás 18:07
Aninovo, polo que teño entendido, o dos 5 días xa era o pactado dende o primeiro momento, e tamén está o detalle de que os feitos remataron antes da pegada de carteis, o que resulta un tanto rechamante.
40. Aninovo escrito o 22 de Xaneiro de 2010 ás 7:11
Marcus,si en vez de poner 5 hubiera puesto 9 ¿me dirías que los 9 días ya estaban pactados desde el primer momento?
41. Marcus escrito o 22 de Xaneiro de 2010 ás 7:55
Aninovo, eu só falo de oidas e leidas. Supoño que o contrato laboral en cuestión indicaría a priori o seu tempo de vixencia, de xeito que sería demostrable o que din (non cómpre á miña persoa facer unha investigación laboral).
42. Aninovo escrito o 22 de Xaneiro de 2010 ás 8:08
Marcus,o sea, que el contrato no saldrá a la luz,no creo que les interese…
Otra cosa:que quieres decir con eso de “os feitos remataron antes da pegada de carteis”?
43. Marcus escrito o 22 de Xaneiro de 2010 ás 14:00
Aninovo, entendín que cando os carteis denunciaban o contrato, este xa finalizara, ¿non?
De todos os xeitos, non estou a tomar parte no asunto, pois só comento a impresión que saquei de todo este rebumbio: que déuselle moita importancia a unha anécdota. Pero paréceme ben que aproveiten ese tipo de cousas para animar o debate da problemática laboral no Concello.
Agardo que de cara ás vindeiras eleccións municipais (que están máis preto do que parece) todas as partes argumenten de xeito contrastable todas as polémica que xurdiron neste tempo, e que iso concrétese nun debate en Dez TV (ou onde consideren oportuno). Os cidadáns temos dereito a coñecer os argumentos de todas as partes antes de decidir a dirección dos nosos votos.
44. Oquenonsabenada escrito o 22 de Xaneiro de 2010 ás 21:03
Marcus, eu entendo que sexa malo de entender, se non se coñece algun caso, pero o que esta claro e que TODOS os que foron o xulgado gañaron.
A maioria das de axuda a domicilio non foron o xulgado (pero as compañeiras que foron gañaron), o mesmo o animador, e a da radio.
Riki non foi porque non quixo, Fernanda porque a enganaron tanto que non puido nin recurrir, os musicos porque non ratificaron a denuncia (supoño que por medo e evitar problemas) as de limpeza, xa se sabe o que intentaron e non conseguiron (polo momento).
Esto guste ou non guste, son DATOS, non parolas de bar, se algun cercano o goberno e capaz de desmentir algo, que o faga.
Pero xa che aseguro eu que non poden.
Tes razon en decir que temos dereito a ter argumentos para decidir o noso voto, pero se non se teñen argumentos e se opta por calar, non quere decir que teña razon.
XHaRoY, non entendo a tua ultima entrada, que ten que ver que ti (apreciacion tua) penses que e un luxo traballar no concello de Melide, con que os que mandan non respeten os empregrados???
Se o xefe e un impresentable e o xuiz di que e un impresentable, o empleado e o que ten a culpa por queixarse do xefe e non marchar??
Non entendo este argumento.
Eso quere decir que si ti no teu traballo te sintes maltratado polo teu xefe, o que farias seria escapar cara outro sitio?? Cos fillos, muller, home, netos, etc as costas???
Pois eu penso que e moito mais serio, prantar cara e protestar, e se para colmo o xuiz lles da a razon, nin che conto.
Eu tamen espero un debate, con todos os politicos, cada un que de a sua version, pero que tamen participen os empregados, e todos con datos.
Sabedes cal e o problema?? Que moitos empregados que agora teñen problemas, teñen medo xa que viron o que pasou cos anteriores.
Tamen penso, que se encargará David Barrio de seguir sacando o tema o aire durante algun tempo.
Xa sei que moitos diran que o fai por un tema persoal, pero e tan licito como facelo por mirar polo ben comun.
Cuidarse todos, e espero respostas, gustariame animar esto un pouco xa que pasou uns dias un pouco parado.
45. Marcus escrito o 22 de Xaneiro de 2010 ás 22:00
Sobre os despedimentos e non renovacións de contrato supoño que habería un pouco de todo (algo inxusto non sempre é improcedente), pero polo momento si parece que o Concello está a facer as cousas mal. Eu co de contrastar referíame a que gustaría que o Concello dese a súa versión (pero está claro que a culpa da súa incomparecencia no programa de Dez TV non é do PP). Posiblemente nalgún caso de non renovación de contrato ten razóns obxectivas, e estaría ben coñecelas, pero se dan a calada por resposta…
É normal que os comentarios estean bastante parados, pois xa pasaron varios días dende o debate e ao non ter varias versións que contrastar, pouco podemos discutir. Supoño que o tema volverá á actualidade cando reapareza na prensa ou celébrense outros debates públicos.
46. Haití escrito o 26 de Xaneiro de 2010 ás 12:25
Leo esto na prensa: http://www.lavozdegalicia.es/santiago/2010/01/26/0003_8252450.htm
Qué complicada é a vida dun político, para facer unha donación de 60 € ten que pedirlle permiso á alcaldesa, publicalo na prensa…
Eu vin vellas no banco que si tiñan problemas para donar, xuntar os cartiños, que o banco lles tangue as comisións, decidir a qué ong donan (cando non saben nin o que é unha ong)… pero estas señoras donan, e non fan ruido ningún, nin se sinten orgullosas, nin lle piden permiso a ninguén, nin o andan publicando na prensa. Simplemente DONAN.
Cada día odio máis e máis ós políticos.
Agora díganme vostedes que o publican na prensa para exemplarizar e animar ó pobo a donar…
Perdoa marcus polo off-topic
47. Oquenonsabenada escrito o 26 de Xaneiro de 2010 ás 12:32
Estas equivocado, non fixo isto para decir que ela doa, faino para obrigar os gobernantes municipais a que o Concello faga unha doacion, xa que nunca saldria deles se non e empuxandoos.
A doacion dela e particular, igual ca tua ou a miña, pero a dos cargos publicas, si teria que ser publica (especialmente os que mandan) precisamente para, como ti mesmo dis, exemplarizar.
Un saudo.
48. Haití escrito o 26 de Xaneiro de 2010 ás 16:51
Eu véxoo doutro xeito, se queres doar 60 € vas a un banco en ingrésalos e listo.
Si o que fas é presentar un escrito no concello, e posteriormente chamar á prensa para declarar “só falta o visto e parece da alcaldesa” o que tes é ganas de enredar.
Se ves a unha persoa con fame diante da túa casa daslle de comer, non colles o coche, pides un día libre no traballo, e vas ó mellor restaurante de Madrid a buscarlle un prato suculento para darllo mentres che sacan unha foto para colgala no teu facebook…
Imaxínate que tódolos concelleiros de españa emitiran unha nota de prensa coa súa donación e se publicara… as edicións dos periódicos ían ser interminables.