Bos Días á gravación televisiva
Hoxe no Bos Días da TVG falei con Xesús Peleteiro e Carlos Amado das distintas opcións que temos para gravar da televisión agora que chega o apagamento analóxico:
Está claro que o VHS está morto, pero as opcións de gravación son tantas que a cousa mete medo. Aínda que o ordenador sexa unha das mellores opcións para gravar da tele, os receptores de TDT con USB son cada vez máis atractivos, e incluso hai os típicos combos DVD+TDT que tamén gozan de tal función, aínda que de cara ao futuro moitos usuarios preferirán tirar de discos duros multimedia con opcións de gravación, de xeito que dirían adeus definitivamente aos soportes físicos.
Persoalmente creo que as canles de televisión van ter que reaccionar agresivamente, ofrecendo os seus contidos na Rede para que os usuarios non teñen que facer uso da gravación, o que permítelles explotar publicitariamente cada reproducións dos seus contidos.




13 comentarios realizados
1. Nemigo escrito o 22 de Xaneiro de 2010 ás 21:02
desco TDT con disco duro e wifi… o ceo existe?
Televes acorda de nós!
2. Marcus escrito o 22 de Xaneiro de 2010 ás 21:54
¡Que non te escoiten os de Blusens! Que de seguro que non queren que Televés lance un trebello que compita co seu Blubrain.
3. Nemigo escrito o 23 de Xaneiro de 2010 ás 1:15
non hai perigo. Dende que en blusens teñen a idea ata que chega ao mercado… para entón xa estaremos ca HD
4. Lu escrito o 23 de Xaneiro de 2010 ás 21:31
ale a esmerarse q alguen tera q grabar Turquía para os q non somos turcos jajaja
5. Marcus escrito o 23 de Xaneiro de 2010 ás 23:34
Lu, intentaremos convencer aos de Localia para que publiquen eles os vídeos na Internet. Aínda que tamén haberá que dar conta dos grighits de cando en vez.
6. David Pombar escrito o 26 de Xaneiro de 2010 ás 14:53
Como non lles falaches do Blue:Brain?
7. Marcus escrito o 26 de Xaneiro de 2010 ás 15:06
David, non comentei nada do Blu:brain porque non está á venda, e incluso teño as miñas dúbidas da súa comercialización. Coido que dende Blusens van a centrar os seus esforzos en integrar a tecnoloxía do Blu:brain directamente nos televisores, para marcar algunha diferenza cos competidores, pois non ten sentido vender un dispositivo máis tarde, con menos capacidade e máis caro que o resto.
8. Nemigo escrito o 27 de Xaneiro de 2010 ás 1:13
non penso que as tv de blusens sexan competitivas en ningún entorno. Tampouco penso que alguén merque tv nova porque teña grabación integrada que por outra banda quedará obsoleta en pouco tempo
Quen mercará novas tv cando os portátiles integren TDT como xa traen wifi?
9. Marcus escrito o 27 de Xaneiro de 2010 ás 1:32
¿TDT nos portátiles? Coido que iso sempre vai ser unha opción, pois Intel xa intentou integrar sintonizadora de serie nos seus chipsets, e ao final non calou o asunto. A xente quere prezos competitivos, e a meirande parte dos usuarios non teñen ningún interese por ver a tele no PC (as sintonizadoras USB xa están baratísimas hoxe, e se non as meten é simplemente para reducir o custe ao mínimo).
A min os televisores de Blusens tampouco parécenme competitivos, pero seica é un dos seu segmentos de maior crecemento, de aí que todo o que poidan engadirlles que resulte rechamante e que poidan vender na tenda coma revolucionario pode marcar a diferenza entre o éxito e o fracaso.
10. Nemigo escrito o 27 de Xaneiro de 2010 ás 2:19
canto pode custar meter TDT nun portátil 5, 10 euros? Pode ser que os móbiles teñan tdt e os portátiles non?
Supoño que as tv de blusens serán “competitivas” porque as venden grupos grandes como alcampo… e xa se sabe: ises venden calquera cousa
11. Marcus escrito o 27 de Xaneiro de 2010 ás 2:45
É que os móbiles non están a ter TDT de xeito xeral, Nemigo. Intentouse, pero a televisión por UMTS foi un fracaso tan grande que polo momento non saben o que vai pasar coa televisión por DVB-H (da que aínda non se sabe quen será o responsable deste tipo de emisións, pois tanto canles de televisión coma operadoras de telefonía loitan por facerse con este mercado).
Sobre o prezo de meter TDT nun portátil, dado que hai sintonizadores por USB a 12 euros en tendas españolas, podemos entender que o prezo dunha sintonizadora integrada en placa sería ridículo (¿2 euros?) pero hai moitos usuarios que nunca usarían tal prestación por non conectar o equipo á antena no seu edificio, porque están nun contorno corporativo ou porque non lles interesa, de aí que un fabricante non vaia incluír de serie algo que carece de demanda. Tampouco hai que esquecer que en moitos países a TDT non é o xeito máis habitual de ver a televisión.
Sobre a competitividade de Blusens, entendo que un usuario pode optar por tal marca se está a dubidar entre Supratech e Best Buy, non cando as súa alternativas son Samsung, LG ou Sony.
12. lauren escrito o 31 de Xaneiro de 2010 ás 17:03
Vin fai pouco unha oferta dun dvd que permite grabar nun disco duro externo a tdt,pero xa non me acordo a tenda nin o modelo.
Para min sería perfecto, posto qeu teño un hh multimedia Lacie que non graba, pero ten hdmi.O Dvd grabador sen hh interno costaba uns 50 euros.
¿Coñeces algun?
Saudos.
13. Marcus escrito o 31 de Xaneiro de 2010 ás 19:55
Si, sen ir máis lonxe, no Miró teñen ás veces un a 49 euros (marca I-Joy), e durante uns días incluso tiveran un modelo a 39 euros, pero aviso de que para gravar por USB o disco duro ten que estar en FAT 32 cunha partición de tamaño reducido (polo que resulta máis práctico enchufarlle unha memoria USB tocha). Logo tamén está o detalle en que moitos gravadores non teñen potencia para alimentar un disco duro de 2,5 polgadas (polo que habería que utilizar un de 3,5 con transformador de corrente, o que resulta bastante incómodo).
Non acabo de pillar por qué nos trebellos con USB non engaden o soporte de NTFS, pois non é algo complexo (nos reprodutores multimedia con USB pouco a pouco foron incorporando novos sistemas de ficheiros e agora incluso pillan o formato de Mac).