Luns, 18 de Xaneiro de 2010

Programa especial de A Peneira dedicado a Melide

A semana pasada tivo lugar no programa A Peneira de Dez TV un especial dedicado á problemática laboral no seo do Concello de Melide, que pretendía ser un debate, pero ao que só asistiron representantes dunha parte, pois o Concello rexeitou a invitación da canle de televisión local de Lalín, de aí que o resultado fose un tanto decepcionante.
Coma non todos poden recibir Dez TV nos seus fogares (á miña casa chega de chiripa), velaquí poño a gravación íntegra do programa:

Sen a presenza de Soqui Cea a cousa quedou bastante rara, pois converteuse nunha enumeración de casos puntuais e anécdotas, das que non podemos contrastar puntos de vista, algo que agardo que corrixan no futuro, organizando un debate máis xeral sobre a situación de Melide (sen limitarse á casuística dos conflitos laborais) que conte coa presenza das distintas formacións políticas.

Tamén quero aproveitar a ocasión para desexar moita sorte a Rodrígo Vázquez nesta nova andaina en A Peneira, pois entendo que aparte de ter que coller o pulso ao programa, tamén debe facer fronte a moitas limitacións técnicas (impresión que levei ao ver unha realización do programa lamentable, cunha mala planificación dos tiros de cámara e con moitas incidencias na mestura). Supoño que en Dez TV estarán a vivir unha especie de renacer, co salto á TDT, de aí que certos erros sexan máis que xustificables, mentres que o feito de que dediquen un pouco de atención a Melide resulta moi de agradecer.

ACTUALIZACIÓN (2-2-2010): A Federación de Servizos Públicos de UGT convoca en Melide unha asemblea informativa:
Asemblea Informativa de UGT

7 comentarios realizados

a gravatar

1. Oquenonsabenada escrito o 18 de Xaneiro de 2010 ás 19:45

Non poidera ver o programa.
Despois de visto, reafirmome no que pensaba.
Unha falta total de respeto os traballadores, algo que antes das eleccions se consou de decir Soqui, que nunca se meteria cos traballadores.
Xa se viu, e mentras non saia alguen “con datos” ou sentencias para desmentir o dito penso que Soqui mentiu nas eleccions os veciños de Melide e especialmente os traballadores do Concello.
So espero, como xa dixen noutra entrada, que recolla en votos o que sembrou, os de catro amigos (que se poden contar) e algun primo.
Tamen quero felicitar a Mª Carmen e as de limpeza que sairon a dar a cara, non pode ser moi facil sair o publico a denunciar o que vos estan a facer dende dentro.

a gravatar

2. Rodrigo Vázquez escrito o 20 de Xaneiro de 2010 ás 11:52

Hola:

Ante todo moitas gracias Marcus polos comentarios hacia DEZTV. Nestes tempos difíciles é moi complicado sacar unha televisión local adiante.

Respecto ao programa, non foi doada a súa emisión polo tema do que trataba, pero unha vez mais viuse que nesta televisión local hay liberdade para decir o que se queira sempre e cando se aporten datos e se cumpran as normas básicas de educación, cortesía, e respeto.

Indudablemente dende a Peneira se prefería que estivese a Alcaldesa de Melide como xefa de persoal do Concello para poder ter un auténtico debate, pero non poido ser. Na súa carta ao director do programa, Socorro Cea decía “considero-e así tamén o cree todo o equipo de goberno- que existen outor foros, que respectan máis a privacidade dos traballadores e traballadoras, nos que tratar estes asuntos”.

Socorro Cea ten abertas as portas de DEZTV para expor a súa opinión neste ou calquera outro tema que estime convinte.

Os medios de comunicación en Democracia están para comunicar todos aqueles asuntos que interesen a cidadanía tratando os temas de un xeito libe e democrático sen atender a presións.

Dende DEZTV faremos un esforzo para que a Terra de Melide e Arzúa poida estar máis presente e ter máis peso nesta canle.

Aproveito a ocasión para lembrar que DEZTV sintonízase na canle 55 da tdt. Para poder sintonizala pódese acceder directante a dita canle 55 ou ben voltar a sintonizar todas as canles nunha búsqueda automática. Si aínda así non se pode sintonizar habería que dirixir a antena hacia o Carrio que é o emisor situado en Lalín e que conta con todas as canles dixitais, incluida DEZTV.

Saúdos:
Rodrigo Vázquez

a gravatar

3. Marcus escrito o 20 de Xaneiro de 2010 ás 12:30

Rodrigo, grazas polo teu comentario.
Sobre a sintonización de Dez TV dende Melide, quixera comentar que cando comezáchedes as emisións non recibía o sinal na miña casa, pero actualmente recíboas en boa medida porque emprego sintonizadores de máis sensibilidade, de xeito que na casa podemos ver Correo TV, Localia e Dez TV, de xeito que en Melide temos moita información de proximidade, algo que boto en falta en Coruña, onde hoxe aínda no podemos ver nin sequera Localia a través da TDT (e das outras 2 canles locais con concesión non sabemos nada).

a gravatar

4. uf escrito o 20 de Xaneiro de 2010 ás 12:34

Comentario enviado hoy al Correo Gallego en respuesta a un titula sobre la depuradora de Melide. Me llamó tanto la atención, menos mal que todo queda grabado y que hay gente que lo recuerda:
pero …. ¿la depuradora no era una deuda del PP melidense?

PETOTRASEA 20.01.2010 10.03

Leo la noticia y no dejo de sorprenderme dado que la depuradora del polígono de Melide tiene como fecha de nacimiento en septiembre de 2008.

Cuando el PSOE-BNG iniciaron su andadura en el gobierno municipal de Melide, sus cabezas visibles (Socorro Cea y Manuel Prado) realizaron una reunión pública en el hotel Carlos´96 (septiembre 2007) para explicar a la población la situación económica del ayuntamiento.

Manifestaron, ambos, que la deuda se elevaba a tres millones de euros y dentro de esa cantidad se incluída la cantidad de más de 300.000 € correspondientes a la depuradora del polígono, incluso esos datos fueron “colgados” en la web municipal.

Han sido necesarios más de dos años para que la verdad sea conocida por los melidenses: Resulta que en el año 2007 no existía esa deuda pues el convenio de la depuradora se firmó en septiembre de 2008, es decir, al cabo de un año gobernando el bipartito melidense y autonómico.

Esta es una de las constantes en el gobierno PSOE-BNG de Melide. Su absoluta inoperancia se intenta trasladar a los políticos contrarios, a las asociaciones no afines o a los propios vecinos.

Poco a poco vamos descubirendo que la mentira es la base fundamentental del gobierno que rige los destinos de Melide.

A supervia sumpsit omnis perditis (De la soberbia toma inicio toda perdición)

a gravatar

5. davidbarrio escrito o 26 de Xaneiro de 2010 ás 17:45

Todos os datos que espuxen no programa da tvdez ” apeneira ” podense constatar sin ningun problema, e certo que por prudencia non se poden dar nomes de traballadores/as,
pero tamen no e menos certo que hay casos ainda mais sangrantes que veran a luz publica en proximas datas, A miña obriga como sindicalista e a denuncia dos incomplementos cos traballadores/as e a miña independencia politica a hora de exercer dita defensa, Cousa que hsata agora creo que coseguin. Ahi estan as hemereotecas,para comprobalo. David Barrio sindicalsta de UGT

a gravatar

6. davidbarrio escrito o 26 de Xaneiro de 2010 ás 17:51

O PROXINO 3 DE FEBREIRO AS 8 DO SERAN NO MULTIUSOS DE MELIDE ASABLEA DE TRABALLADORES DO CONCELLO
CONVOCA UGT
STOP OS DESPIDOS
PAREMOS ESTA DESCABECHINA

XUNTOS VENCEREMOS

a gravatar

7. mijoni69 escrito o 26 de Xaneiro de 2010 ás 22:34

Yo ví A peneira y me pareció impresionante todo. Nunca dudé de que no fuera cierto, son cosas muy graves para hacer guasa de ellas.

Esta web apoia á iniciativa de petición
da volta do Xabarín Club á TVG

Facer un comentario

Etiquetas (tags) permitidas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Observación: Os comentarios poderían non aparecer automaticamente, pois nalgunhas ocasións precisan de moderación por parte do administrador deste blogue.

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Novas de Código Cero